jueves, 23 de septiembre de 2010

A DENUNCIA CONTRA O NUDO DE MOLLAVAO

A variante de Marín vai a toda marcha. É a colaboración das administraciós antiambientalistas (Concello, Xunta, Fomento) pra se carga-lo litoral e consolidaren a avenida de Marín e a perda definitiva das marismas de Lourizán en favor de Ence ou dos posibles solares. (Foto de La Voz de Galicia)

A fotografía aérea mostra o lugar, máis ben Cocheras que Mollavao, onde queren construiren, os tres partidos políticos depredadores do litoral, o nudo de 200 metros de diámetro.
-
Pontevedra, 22.09.2010
-
Entrada n. 1298 do blog
-
A DENUNCIA CONTRA O NUDO DE MOLLAVAO,
por Xesús López Fernández
-
Salvemos Pontevedra acaba de denunciare a planificada agresión das administraciós ó servicio de Ence, presuntamente tamén dos lobbies do porto de Marín, que culminaría coa construcción do chamado nudo de Mollavao. (Incluirei neste post o texto da referida denuncia)
-
Téñase presente que a denuncia que fai o colectivo pontevedrés conta co apoio doutros grupos como: Plataforma d´Os Praceres, Vaipolorrío, Asociación de Veciños de San Roque, Verdegaia, Monteferro, Galicia non se Vende, citados na noticia que hoxe dá La Voz de Galicia, da que se inclúe enlace. Na medida do posible iranse citando outros medios. A denuncia anuncia posibles acciós de tipo legal, porque o Estado de Dereito non está a ser defendido dende as Administraciós presuntamente enzudradas pola corrupción, se ben debemos lembrare que a Dirección Xeral de Costas tamén alegou contra o nudo de Mollavao; se non se tratou dun simple brindis.
-
Enlace:
-
-

3 comentarios:

RAVACHOL dijo...

Lamentable; vanse facer algunha manifestación? ou coma sempre mexarán por riba de nós e diremos que chove.

xesús lópez fernández dijo...

De momento non está pensada a manifestación. Salvemos Pontevedra, de cuio labor se sabe pouco está levando non poucos temas pola vía xudicial.
Necesitaríamos apoios, claro, e máis xente, pero sempre mantendo a independencia do grupo. Xa ves como a APDR acabou sendo unha simple correa ou baraza de transmisión do Bloque. Nada máis.
Eles non están na defensa da recuperación do litoral, nen o Bloque tampouco.

xesús lópez fernández dijo...

I este tema acabará ane os tribunales. Pero o extraño é que aquí, un PP que se posicionou en contra desa obra non teña ido xa pola vía xudicial.
Decir que se opoñen, pero que como a obra é urxente que se faga, é algo que non se entende.