jueves, 2 de septiembre de 2010

"A NOSA TERRA" BOTA O PECHE

"O caos normativo", icono fractal que veño usando nos comentarios que xa están neste blog e que se refiren ó esmorecemento do galego, ó devalo do noso idioma, no que se ven de dar outro paso, ¿involucionista ou reactivo?.
-
Pontevedra, 2.09.2010
-
Entrada n. 1284 do blog
-
"A NOSA TERRA" BOTA O PECHE,
por Xesús López Fernández
-
Os primeiros galeguistas crearan, no 1907, unha revista, "A Nosa Terra", da que poseo, en edición facsimilar, a colección completa, incluído-los números editados no exilio.
-
Coesa mesma cabeceira veuse editando un semanario que acaba de desaparecer, polo menos momentaneamente, e que vai intentar seguí-la súa aventura como periódico dixital. E van catro medios nazionalitaristas desaparecidos en pouco tempo: Vieiros, Chuza, A Peneira (a edición dixital, según Público) e agora A Nosa Terra, que intentaba desenvolver unha aventura editorial de máis calado que a simple publicación do semanario.
-
Teño sido colaborador de Vieiros, xa o contei nalgunha parte, coa condición de que respetaran sempre a miña ortografía. Pero o veneno da ideoloxía do BNG estaba neles e, cando viron qu´os meus traballos eran críticos, acabouse a relación.
-
Os medios que dan agora a noticia da morte de "A Nosa Terra" non entran no cerne do drama, que é o do propio idioma galego, porque tódo-los desaparecidos recurrían ó galego normativo, ó chamado galegués, parasitado polo VOLGA con moitísimas palabras espúreas, convertido, polo tanto, nunha xerga que nada ten que ver co idioma creado pola nosa sociedade.
-
Novoneyra chamaballe a ese "idioma" de síntesis o galego da "non-patria", traicionada a fala incluso por non poucos escritores que non quixeron facer de relevistas do galego falado nas aldeas. E no colectivo dos culpables incluía o autor caurelao (ó que o BNG lle fai desta volta o vacío) á propia RAG, ó ILG, á AS-PG, e ós reintegracionistas, os grandes nemigos da fala.
-
Como Novoneyra, somos moitos os galegos que no-nos identificamos co malparto normativo e, no fondo, ésa pode se-la razón principal do fracaso dos medios nazionalitaristas. Non hai lectores e ademais faltan as subvenciós. E resulta fácil bota-la lingua a pastar e culpar ó antigaleguismo de Feijóo das mortes enumeradas. Non é así, porque o PP, como o PSOE, falan galegués, a lingua da non-patria, que tamén asumiron como propia, e nela constrúen discursos de opereta, que non chegan. O galegués é un arma letal, e o noso idioma real xa non vive nada máis que na transmisión oral, sen que a Universidade ou a Igrexa (que tamén falan galegués) funcionen como instrumentos de salvación.
-
Siguen dous enlaces que evitan comentarios:
-

2 comentarios:

Natalia Pastor dijo...

Lo hemos comentado más de una vez, querido Xwsús : todo es una pura falacia, una utilización de la lengua como aram política, como medio de división y no de entendimiento.
Que muera esa revista es en el fondo, una demostración más de que a a los políticos de uno y otro signo, todo ésto les trae al pairo.

xesús lópez fernández dijo...

Tristemente, no se produce una reacción social que pueda incidir en la salvación del idioma.
No se ha comprendido que es el pueblo el que genera el idioma, el que, con el paso del tiempo va asumiendo o creando nuevas palabras; pero nunca un laboratorio puede desautorizar a la sociedad creadora.
Son ya demasiados años humillando a nuestro idioma en una especie de ingeniería, estalinista, que busca un nacionalismo nuevo para este país.
Sé que los partidos no van a hacer nada y mejor será que no lo intenten. La descomposición está demasiado avanzada.