-
Pontevedra, 16.09.2010
-
Entrada n. 1294 do blog
-
OKUPAS DE DÍA, OKUPAS DE NOITE,
por Xesús López Fernández
-
So pretexto dun falso modelo de cidade que incluso lles premian, o certo é que a zona vella está totalmente arruinada, no que respecta ó comercio tradicional ou como espacio residencial. Non souberon revitaliza-la zona, estableceren criterios ouxetivos pra mante-la calidade de vida dos residentes. Nesta escalada de despropósitos e pola atafegante peatonalización imposta, parece que tamén estiña, morre, o Mercado d´Abastos.
-
Os residente que puideron abandonaron a zona ante a presión do "modelo de cidade" dos estalinistas, da privatización prá chusma dos espacios públicos, da reconversión en circos das prazas típicas. Por medio de malabares, de frautistas ou de megavatios, atraen, digo, á chusma á que nada lle importa o descanso dos residentes, algo que ás autoridades non lles preocupa. Según parece, a Policía ten instrucciós de non actuar, de consenti-lo achanzamento de morada, por fume ou por ruídos, que se dá en non poucos lugares. Ou a normativa de veladores, decote quebrantada polos okupas de día, moitos deles tamén okupas de noite. Cando se retiran nen o silencio nos devolven, porque a praza ven funcionando como espacio do botellón legalizado. Non dubido en pensar que no estrés orixinado pola presión que esto representa prós residentes, pode estar aí a causa da morte de dous veciños e amigos.
E outra morte máis pódeselle imputare ó feito de non poder presta-la ambulancia do 061 un servicio cabal. (Houbo que sacar a unha señora da súa casa, sentada nunha cadeira e trasladala ata a ambulancia uns cincuenta metros, antre os veladores, demorando así a prestación de asistencia. A muller morreu en chegando a Montecelo. A familia non quixo denunciar). A carroceta da recollida dos cascos de botellas toma o relevo e organiza o tronicio tipo "cataratas Iguazú", que no momento de retocare este post, 2AM do 19.09.2010, volve sonar sobre o balbordo da praza.

As fotos son dabondo ilustrativas. Cando o considere oportuno irei incluíndo outras.
3 comentarios:
buenas fotos, Xesús. Hablan por sí solas !!!!!
E as que teño..! Pero non-as dou procesado.
Tería que recuperare i escanear fotos da vella praza da Verdura, coas catalpas en flor, as catalpas que foron asesinadas polo comisario Mosquera.
Eles querían unha praza sen árbores, ademáis, e reconverti-la balconada da mal chamada Casa da Luz en púlpito pró soviet bloqueiro, escenario soñado por Luis Bará.
Nun artículo meu, daquela, deixeino dito así. Pero a Vieiros non lle agradaban as críticas ó Bloque.
Confiemos en que, desaparecidos coido que catro medios nazionalitaristas unha vez privados de subvenciós, o Bloque leve o mesmo camiño.
Quero decir que: "desaparecidos coido que catro medios nazionalitaristas, antre eles o propio Vieiros, o Bloque vai quedando privado de soporte mediático, salvo o idioma envenenado, o galego da non-patria que usan incluso os do PP por non estaren embarcados nunha verdadeira política de salvación".
Publicar un comentario