
Marina Silva pertence á etnia zambo e foi cofundadora con Chico Mendes do Sindicato Único prá defensa dos intereses dos seringueiros e do desenvolvento sustentable da Amazonía. Escoller ese modo de vida significa, ás veces, estar no corredor da morte.


Pontevedra, 30.05.2011
Artículo semanal.
Entrada n. 1434 do blog
Ser conservacionista, no Brasil,
por Xesús López Fernández
Chégannos dúas noticias do Brasil, sobre ecoloxismo. A primeira delas fala do asesinato a tiros dun activista defensor da Amazonía, José Claudio Ribeiro da Silva e da súa dona María do Espírito Santo da Silva, na reserva ambiental de Pará, onde vivían dende facía vintecatro anos. Realmente trátase dunha morte anunciada, que se produceu meses despois de que o home fora ameazado polos madeireiros que querían invadire a reserva, na que vivía o matrimonio, pra talare variedades de alto valor comercial como a caoba. O matrimonio tiña como actividade principal a recollida artesanal de castañas. Xa no mes de novembro o home anunciaba nun foro celebrado en Manaus: “Hoxe estou a falare con vostedes pero nun mes poderían ter noticias da miña morte”. “Hei defende-lo bosco coste o que coste. E por eso podo recibire unha bala, na frente, en calquer momento, polas miñas denuncias contra os madeireiros”. O home, que tiña medo e non recibía protección oficial, decía que “mentres teña forzas pra camiñare, hei denunciar ós que destrúan o bosco”.
Conocida a súa morte, a presidenta Dilma Roussef ordeou ó ministro de Xusticia a inmediata investigación do asesinato da parella. Ribeiro da Silva e a súa muller eran dirixentes do Consello Nacional de Poboaciós Extractivas de Pará, unha organización non gubernamental fundada por Francisco “Chico” Mendes, o seringueiro e lider ecoloxista asesinado por gandeiros no 1988, como tamén a misioneira norteamericá Dorothy Stang, no ano 2005, en Pará, por defendere ós campesiños sen terra. Aquelas mortes, como as agora producidas deixan en evidencia que o futuro da Amazonía, cunha deforestación que se multiplicou por seis dende o pasado ano, está claramente comprometido ó non existir outra política gubernamental que a dun certo arraso, posible coa aprobación estos días dun proiecto de lei que acrecentaría as terras cultivables e que a presidenta do Brasil di vai vetar no caso de pasa-la votación do Senado. A reserva na que se produciron as novas mortes é de cerca de 22000 has., e dela viven 500 familias que queren salva-la Amazonía.
A segunda nova refírese a Marina Silva (María Osmarina Marina Silva Vaz de Lima), cuia vida vai ser levada ó cine. Ambientalista comprometida, a ela témonos referido nalgunha ocasión. É da escola de Chico Mendes, activista con el e Leonardo Boff. Nacida nunha aldea de seringueiros, Breu Velho, o 8.02.1958, é hoxe considerada por Times unha das cen mulleres máis influíntes do milenio. Na súa infancia traballou no campo xunto coas súas irmás, facéndoo despois como seringueira. Cazaba, pescaba, e axudou ó seu pai a cancela-las débedas co dono do cultivo do caucho. Ós 14 anos aprendeu o máis básico das matemáticas. Despois de ser alfabetizada, no 1981 matriculouse na universidade. Licenciouse en Historia. A súa carreira política comeza como concellala no municipio de Río Branco, en Acre, no 1988, onde a súa honradez valeulle de credencial popular. No 1990 sería elexida diputada estatal; no 1994 senadora. Foi ministra de Medio Ambiente con Lula da Silva, dimitindo no 2008 pra se integrare no Partido Verde, a terceira forza política do Brasil.