Mostrando entradas con la etiqueta relixión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta relixión. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de agosto de 2011

XMX, Testigos de esperanza

Un dos iconos da XMX, de Madrid, en marcha.
O mar de esperanza irase conformando ó longo da semana que comeza.

Pontevedra, 14.08.2011

Entrada n. 1460do blog

Artículo semanal

XMX, Testigos de esperanza,
por Xesús López Fernández

Realmente, a XMX leva tempo en marcha. Dende hai meses viñéronse formando ríos de fe e colaboración por diversos lugares de España e do ancho mundo, cun obxetivo común: o mar de esperanza ecuménica pensado prá Xornada Mundial da Xuventude de Madrid. Onte, domingo, comezaron os actos específicamente militares na Igrexa Catedral das Forzas Armadas, ás 12,30, cunha misa rociera, unha afirmación de fe vital, oficiada polo arzobispo castrense, don Juan del Río Martín, coa participación da “Hermandad Castrense de Nuestra Señora del Rocío”. Acoden ás xornadas incluso militares extranxeiros. En Burgos, 400 xóvenes normandos están xa na Abadía de Santo Domingo de Silos, lugar de acollida de peregrinos, agardándose a arribada doutros 250, dos Países Baixos, este luns. En moitas cidades nótase a presencia de miles de xóvenes, con celebración de diversos actos.

¿A quén pode molesta-la presencia da mocedade que participa nesta marea ecuménica de esperanza por un mundo mellor? Case o 22% vanse alonxare en polideportivos e dormir sobre o chan, en sacos; un 13% en distintas parroquias e outro 12% en casas de familias de acollida. Que dende os sindicatos UGT e CCOO pretendan unha folga de metro pra poñeren atrancos á visita papal; que o grupo de “indignados” apoie a decisión sindical, según o seu comunicado público, sitúaos a uns e ós outros no puro sectarismo. Son os novos Goliaths. E non se pode reconstruire a sociedade, en bancarrota, con esas actitudes, porque a situación que actualmente vivimos é consecuencia da institucionalización da corrupción, principalmente polos grupos antisistema, tanto os entobados na propia gobernación, como as forzas esóxenas ás que lles están a marcaren a folla de ruta, os Goliaths de arestora.

A celebración do encontro ecuménico é resultado dun gran e longo traballo de voluntarios. Un increíble labor de organización e previsión, posible dende a cultura do esforzo, e así, citados telegráficamente, diremos: a cruz das xornadas, que recorreu 20000 kilómetros por toda España, está de novo en Madrid; máis de cincuenta medios colaboran coa XMX; hai 24 pontes no recorrido que vai face-lo papa; sumádevos á gymkana da XMX; o 21.08, concerto de música clásica, Mozart, Bach, co Fondo de Solidaridade; celebrade o día da XMX na vosa parroquia; misa no parque de Aluche, participada por centos de familias e voluntarios o pasado 13 de xuño; punto de información na Feira do Libro; 60 voluntarios de unomasuno.org recolleron 25 toneladas de comida pró Banco de Alimentos; o 1 de xuño foran xa presentados a Orquesta Sinfónica e Coro da XMX… Sí citarémo-la edición dun catecismo “YouCat” (Youth Cathecism), que tódo-los peregrinos van atopar na sua mochila. Un libro dinámico, con constantes cuestiós e respostas. No prólogo é definido como fascinante porque fala do noso propio destino.

É posible que moitos dos xóvenes que van estare en Madrid vaian á procura da mesma fe que un grupo da tribu H´Mong, perto de Dien Bien Fu, no norte do Vietnam, que chegaran dende Lai-Chau a certa igrexa (según conta Nguyen van Thuan en Testigos de Esperanza) despois de seis días de camiñar. Querían ser bautizados axiña polo párroco ó que lle formularon a petición. Só dispoñían de dous días porque trouxeran arroz nada máis que pra 14 xornadas. O sacerdote replicou, porque, ¿qué formación tiñan? A recibida por medio dunha emisora de radio filipina, “Fonte de Vida”, protestante. ¿Protestante e querían facérense católicos? O sacerdote, conmovido, veu no acontecemento un novo Pentecostés. Total, que aquelas xentes foron bautizadas, confirmadas, asistiron por primeira vez a unha eucaristía e comulgaron. Regresaron á súa aldea, onde os domingos, ás 9,30, daban descanso ós búfalos e seguían a misa retransmitida por radio Veritas, filipina. Anos despois, no lugar había 5000 católicos. E vexo na XMX como unha gran converxencia de novos testigos nun mar de esperanza.

domingo, 7 de agosto de 2011

O Papa e a Xuventude

Confiemos nos efectos benéficos da edición española da Xornada Mundial da Xuventude, aínda que algús cretinos tenten dictarlle a Benedicto XVI un discurso no que non se fale da defensa da vida, nen da gracia ou do amor; que o Papa esqueza que está en terra de mártires, presentes xa no santoral non menos de 500 da colleita da Segunda República.
Pontevedra, 7.08.2011
Entrada n. 1458 do blog

Artículo semanal


O Papa e a Xuventude,
por Xesús López Fernández


Vaise celebra-la Xornada Mundial da Xuventude, en Madrid, antre os próximos 16 e 21 de agosto, o encontro de Benedicto XVI con xóvenes chegados de tódo-los continentes. 170 nacionalidades. Trátase dun encontro dende a libertade que moitos non entenden, pode que incluso por teren perdido a capacidade de ser libres, de respetare a condición cristiá dos que así se declaren. E diríase que lles molesta que veña o Papa ó noso país. Así, Ramón Jáuregui, ministro socialista ten recomendado que o Papa non fale de España ó longo da súa visita. O ministro reiterou o que xa sabemos, que España é aconfesional e que “leis como a do Aborto, Morte Digna, Igualdade de Trato, e calquera das que regule o Código Civil no marco das relaciós no que os españoles determinan a súa vida, fainas o Parlamento, non a Igrexa Católica. É incuestionable, dí o home, pense o que pense a Igrexa. Admitimos que a Igrexa poida dá-la súa opinión, pero quen decide é a soberanía popular”.

Talvez sexa a ocasión de traere aquí o tema da reconfiguración que da man de ZP estáse a producir no PSOE español como “socialismo antisistema”, que aquí non fixo a travesía do Bad Godesberg como o SPD alemán, que abandonou o marxismo e tomou como modelo inquebrantable o Estado de Dereito e renunciou a quebralo ou sobardalo en pos de calquer obxetivo utópico. O partido socialista español desarbolou practicamente o Estado e, prá súa salvación, busca a alianza con outras forzas antisistema, búrlase da soberanía popular. Pero Jáuregui afirma que hai que apoia-lo evento da XMX, importante prá Igrexa e pra España, que poden acodir a Madrid case dous millós de persoas, feito que vai colocar ó país no centro da noticia a nivel mundial. Non poucos analistas estiman que o acto vai resultar beneficioso fiscalmente, ademáis da proiección ó exterior da “marca” España, concitadas en Madrid máis de cen cadeas de televisión. ¡Xa pode brinda-lo Goberno a cobertura necesaria pra que o gran encontro de peregrinos de toda parte non resulte perturbado polos que preparan actuaciós contrarias ó seu discurso fraterno de vida, amor e gracia!.

O cardeal Rouco dixo que non toda a mocedade que está camiñando a Madrid é xente de fe enraigañada, algús talvez cun conocemento somero sobre as verdades da fe, da Igrexa e da súa historia, que incluso poden estar bombardeados con todo tipo de calumnias e medias verdades. Pero a “xornada” é a gran ocasión pra que moitos xóvenes escoiten de primeira man aquelo que a Igrexa ten que lles ofrecer. Son moitos os que viviron en xornadas anteriores, en Colonia ou Sydney, poño por caso, o encontro real coa gracia que cambiou as súas vidas de forma radical; que hoxe viven consagrados a Cristo, nalgunha das tenzas que a Igrexa coida, como sacerdotes ou na vida monacal. A XMX resultou pra eles unha viaxe á gracia, i éste parece se-lo desexo do cardeal Rouco. Pero, insistamos, parece que moitos queren cambia-lo discurso do Santo Padre, poñerlle cancelas. Molesta que miles e miles de mozos o reciban con ledicia.

Habería que decir moito máis, especialmente da historia das Xornadas, nas que todo o mundo pode ter cabida, en libertade, pero crúzase un tema: o dos indignados, ós que o Goberno ven manexando, tolerando ou conducindo cara unha radicalización antisistema da que parece pensan obter algús réditos. E así, mentres os botaban, os manifestantes preñaron as redes sociales con mensaxes contra Benedicto XVI, ó que culparon de ser obrigados a marcharen da Porta do Sol, que sí vai acoller algús actos da XMX. Se o Goberno non quixo comprire coa lei ó longo de tres meses e medio, a culpa é del e non da soberanía popular, anoxada. Os “indignados” do 15-M, según afirma o director executivo da Xornada, están invitados a se reunir con Benedicto XVI o próximo 18. Polo demáis, á organización da XMX non lle preocupan as protestas, pero sí a crispación en torno a un encontro de amigos autofinanciado.

sábado, 14 de mayo de 2011

O DISCURSO LUCIFERINO DE ZP

Esteban. As esperanzas do Goberno están postas, máis que na estanflación, no estancamento social do pesimismo.
Caín. O discurso da esquerda: O desmantelamento do Estado do Benestar pró despertare da loita de clases. Caín. O anticlericalismo é atávico porque ven do mono. A frase vale pró laicismo agresivo posto en marcha polo goberno de ZP.

Pontevedra, 14.05.2011

Entrada n. 1428 do blog
O DISCURSO LUCIFERINO DE ZP, por Xesús López Fernández

Minte como un bellaco o que teña dito que o PSOE ten feito recortes sociales. (O discurso luciferino de ZP, ou parecía. Enlace de La Razón, con vídeo. clicade)


Refírome ó discurso da referencia (Noticia de La Razón, que inclúe vídeo) no que nos chamou bellacos ós españoles todos que non estamos d´acordo coas súas políticas d´involución programada da perda de democracia, de libertade, dos dereitos humáns con recortes sociales que el nega, pero que son evidentes, como se non tivese na súa mente outro imaxinario qu´o de convertire España nunha nova gran Sodoma. Ou o de tornare á política anticlerical e anticristiáa da República do 1931./O réxime perdeu toda credibilidade e a regresión no Estado do Benestar ata o drama que nos asolaga nada ten que ver cos discursos luciferinos, falaces, que está a pronunciare o presidente do Goberno, alabarado na rabia... Pero, ¿por qué?. Estamos a vivi-la situación que el e mái-los seus foron creando, e aínda tenta colocarnos en canto discurso pronuncia a monserga de que foron os socialistas os forxadores de todo o que poidamos contabilizare como avances sociales, a saber: matrimonios gay; obviamente, a inmoral e asesina permisividade en materia de abortos; obviamente unha política fiscal desastrosa, cun horizonte de bancarrota total do país. /E agora crece a especie de que non desbotan a idea de suprimiren as pagas extraordinaria, etc. ¿Pero non vai haber nengunha persoa pía que poida frea-los seus discursos, exorcizándoo? ¡Probe piara de porcos, como en Cafarnaum, que foron os bacoriños todos a se precipitaren nas augas do lago Tiberiades!/A liturxia católica, na misa do 11.05.2011 incluía un relato dos Feitos dos Apóstolos, como sigue: "Aquel día, desatouse unha violenta persecución contra a Igrexa de Xerusalén; todos, menos os apóstolos, dispersáranse por Xudea e Samaria. Uns homes piadosos tiñan soterrado a Esteban (prefiro esta forma que non Estevo) e fixeron gran dóo por el. Saulo asañabase coa Igrexa; entraba nas casas e arrastraba ó cárcere a homes e mulleres. Ó ire dun lugar pra outro, os prófugos ían espallando o Evanxelio (Evanxeo non, porque decimos evanxelizar, evanxelistas, evanxelización; Evanxeo é galegués, non galego). Felipe baixou á cidade de Samaria e predicaba alí a Cristo. O xentío escoitaba asentidor o que decía Felipe, porque tiñan oído falare dos signos que facía, e os estaban vendo: de moitos posesos saían os espíritos inmundos bradando (o brado ven se-lo berro animal), e moitos paralíticos e lisiados quedaban curados. A cidade encheuse de ledicia."/¿E non haberá un novo Felipe antr´os cristiáns d´hoxe en día que poida, con dominio, desendiañar a tantísimo político poseso instalado no poder, como parece evidente? Eu rezo porque apareza un novo Felipe. ¿Felipe González? Non, por favor. Un San Felipe.

miércoles, 4 de mayo de 2011

DESIRÉ, O CURA NEGRO DE MAZARICOS

Un hórreo de Mazaricos, na Costa da Morte galega. Desiré, o cura negro de Mazaricos, como lle chaman, é conocido de todo o mundo do entorno. Atende cinco parroquias.

Desiré, oficiando a santa misa. Mazaricos síntese irmanada, en certo sentido, con Costa do Marfil, o país de procedencia do sacerdote.

Pontevedra, 4.05.2011
Entrada n. 1426 do blog


DESIRÉ, O CURA NEGRO DE MAZARICOS,


por Xesús López Fernández


Quero traer a este blog unha noticia que daba La Voz de Galicia do pasado Domingo: a de que na Costa da Morte vive un crego negro, de nome Desiré Kouakou Tanoh, de 38 anos, orixinario da Costa do Marfil. E dende que chegou invitado por un seu amigo, José Manuel Pensado, tamén crego, ambos conocidos da súa época común de universitarios en Madrid, a vida parece que cambiou nas cinco parroquias que atende; que o cristianismo tomou no lugar unha nova dimensión e que ás súas liturxias acode decote máis xente: xente nova e xente vella, que incluso, según comentan, os homes comulgan.


Dende que chegou, o home veu labrando amistades, facéndose amigo de tóda-las xentes, portador parece que dunha permanente sonrisa. E así, as portas das casas ábrense pra lle dare acollida. O home conta que en África a misa se vive doutro xeito que aquí, como unha festa, e con el as misas son agora máis participativas i enriquecedoras.


Xa lle propuxeron o traslado no ano 2007, pero as xentes clamaron pola súa permanencia, como os veciños de San Tirso de Muíño, que lle pediron ó señor arzobispo que desistira do seu traslado.


O home fala moito de Costa do Marfil e das necesidades e problemas alí existentes. E con vistas a remediar algunha cousa daquel país no que é analfabeta o 40% da poboación, de crear si é posible un centro formativo, ven laborando na Asociación de Cooperación Exterior Egueire, que mostra talvez o seu aspecto máis solidario. Nos veráns celébrase unha festa africáa. E polo que se ve as xentes das parroquias atendidas por este home querido colaboran na medida do posible. Pero mellor, vede as noticias dos enlaces nos que se fundamenta este post, de La Voz de Galicia.







viernes, 22 de abril de 2011

VÍA CRUCIS NO COLOSEO ROMÁN

Fotografía do Coloseo román, ano 2007. Neste esceario celebrouse hoxe un Vía Crucis multitudinario e podemos decir, tamén, que multiétnico. (Clicade sobre as fotos pra velas agrandadas).
O entorno do Coloseo e do Arco de Constantino estiveron concurridísimos, a xente apiñada durante a celebración do Vía Crucis este 22.04.2011.

Nova vista do Coloseo. Ó fondo, o arco de Constantino.

Outra vista do Coloseo.

Arco de Constantino. Coa conversión ó cristianismo deste emperador, o idioma da Igrexa, ata ese momento o grego, pasa a se-lo latín.

Vista dend´o camiño de sobida ás catacumbas que visitamos. Reparemos na conservación do capital natural, no respeto da natureza.


Mosaicos ante a entrada dunhas catacumbas que miden máis de vinte kilómetros por pasadizos soterrados, construídos en catro niveles. Non está permitido tirar fotos no circuíto habilitado prós visitantes, que sí poden, en pequenos grupos, celebrare misa nalgún dos espacios, pequenos altares, reservados.
Nesta outra fotografía aprécianse algunhas inscripciós en lingua grega. Xesús, que morreu un Venres, vai resucitare ó terceiro día e sucederanse unha serie de encontros cos seus discípulos. Dend´a súa Ascensión, os cristiáns agardan a Parusía, o seu retorno triunfante. Esa é unha verdade doctrinal, que está no Credo. Sobre da Parusía fala o Apokalypsis de San Xohán, que por algús non é considerado libro profético e sí como un libro de cartas en clave dirixidas ós cristiáns das catacumbas, tesis abonada por Stanislas Gyatt, distinta da de Leonardo Castellani ou do propio cardeal John Henry Newman, cuios libros non perderon frescura. Diremos, si acaso, que pra Stanislas Gyatt a Besta foi o Imperio Román, porque os valores alfanuméricos dos nomes dos emperadores suman, xustamente, 666. Pero, en fin, aínda así a Besta pode estar por chegare neste tempo de apostasía tan xeneralizada, e pode estar á vista, concretada no noso tempo.


Pontevedra, 22.04.2011


Entrada n. 1421 do blog


VÍA CRUCIS NO COLOSEO ROMÁN,

por Xesús López Fernández

Puiden ter traído aquí fotografías da Vía Dolorosa de Xerusalén, vía crucis que recorrín no ano 2009. Como a paisaxe cambiou radicalmente na cidade santa, moitos dos lugares que se describen nos Evanxelios están desta volta integrados no propio templo: o lugar da crucifixión, o sepulcro, etc. É máis: son cinco as estaciós que se sitúan no interior do propio templo.

A igrexa veu celebrando dend´os primeiros tempos a devoción do Vía Crucis, en Xerusalén, nos lugares nos que tiña acontecido. Pero é a partir do 313, coa libertade que prá Igrexa veu representa-la conversión de Constantino e despois dunha estancia de Elena, a nai de Constantino, nos Santos Lugares, cando se incrementou a devoción en torno á pasión e cruz do Señor. Moitos viaxeiros italiáns que tamén visitaran a Terra Santa intentaron imprantare esa devoción nos seus lugares de residencia.

É nos séculos XII e XIII cando San Bernardo, San Francisco e San Buenaventura fomentan a devoción afectuosa á humanidade de Cristo e ós misterios da súa vida. Esto veu preparando a configuración do Vía Crucis ata o século XV. Del iríanse derivando diversas devociós en séculos posteriores: "as caídas de Xesús", "os camiños dolorosos" de Cristo; a devoción ás "paradas de Xesús". En fin, que na evolución do Vía Crucis ata a forma na que hoxe o conocemos, como que en tempos contabase como primeira estación a despedida de Xesús da súa Nai; outras veces foi o Lavatorio dos pes dos discípulos, algo ocurrido na última cea; tamén a agonía en Getsemanía ou a condena a morte por Pilato.

O Vía Crucis tradicional, na forma na que chegou a nós, configuraríase no século XVII, en España, principalmente da man dos PP. Franciscáns. Pero o Vía Crucis bíblico, o que ten vido introducíndose dend´o último cuarto do século XX non tenta abolire o tradicional, senón arrequecelo, sustituíndo algunhas estaciós que non constaban nos evanxelios por outras que sí constan. Así suprímense as tres caídas do Señor, o encontro coa súa Nai e a escea da Verónica; insírense, en cambio, a agonía de Xesús no Horto dos Olivos, a traición de Xudas, a condena polo Sanedrín, a negación de Pedro, a flaxelación e coroación d´espiñas, a promesa do Reino ó bo ladrón, María e Xohán ó pe da cruz.

Na tradición do Vía Crucis do Coloseo, teñen participado diversos papas. E inserimos un enlace que fai referencia ós últimos celebrados paixos presidencia de Benedicto XVI e Xohán Paulo II. O enlace é dos Servicios Informáticos da Santa Sede.
-Enlace:

lunes, 11 de abril de 2011

Lázaro, sae fóra!

Ego sum resurrectio et vita. Detalle do interior da igrexa de Lázaro, Marta e María. Detalle interior da casa de Lázaro.

Pontevedra, 11.04.2011
Entrada n. 1418
Artículo semanal.

Lázaro, sae fóra!,
por Xesús López Fernández

A lectura dos Evanxelios vainos mostrando o camiño cara á morte e resurrección do Señor. O último Domingo foi o da narración da morte e resurrección de Lázaro, que vivía en Betania na compaña das súas irmás Marta e María, a que unxira cos seus cabelos os pes do Señor. Na súa casa moraba Xesús cando viña a Xerusalén, carecendo el de casa e propiedade algunha. Se algo caracterizaba os miragres de Xesús era a súa discreción á hora de sanar, porque xa estaban pensando en detelo pra lapidalo, pra lle dar morte. E así, arrédase co cego, como tamén fai cun malato (un gafo) ou cun xordo antes de curalos. Pero no caso de Lázaro, da súa resurrección, son numerosas as xentes testemuñas, notarios do miragre.

Cando Lázaro enferma as irmás temen o peor e mandan recado ó Señor. “Señor, o teu amigo está enfermo”. Pero Xesús afirma: “Esta enfermedade non vai acabar en morte, senón que vai servire prá gloria de Deus, pra que o Fillo de Deus sexa glorificado por ela”. E Xesús quedaríase aínda un par de días no lugar onde estaba cos seus discípulos. É daquela cando lles comenta: “Imos de novo a Xudea”, ó que os discípulos responden: “Mestre, hai pouco quixéronte apedreare os xudeos, ¿e vas volver alí?”. Porque Betania está perto de Xerusalén, como a tres kilómetros, e o peligro era real. “Lázaro, o noso amigo, está dormido; vouno despertare”, dixo Xesús. Aínda os discípulos comentaron: “Señor, se dorme, vaise salvar”, entendendo que falara de “soño natural”, polo que o Señor acláralles: “Lázaro está morto, e alégrome por vós de que non teñades estado alí, pra que creades. E agora imos á súa casa”.

Cando alí acodían, Lázaro levaba catro días soterrado. Marta, sabedora de que Xesús chegaba, saeulle ó encontro, mentres María quedaba na casa. “Señor, se tiveras estado aquí o meu irmán non tería morto, pero aínda agora sei que todo o que lle pidas a Deus, el hácho conceder”. “O teu irmán vai resucitar….Eu son a resurrección e a vida: o que crea en min, anque teña morto, vivirá; e o que estea vivo e crea en min, non vai morrer pra sempre. ¿Crees esto?”, dille o Señor. “Sí, Señor: eu creo que ti é-lo Mesías, o Fillo de Deus, o que tiña que vir ó mundo”. Foi avisar a María e díxolle: “O Mestre está a chegar, chámate”. Xesús aínda non entrara na aldea e María acodeu rápida ó lugar onde Marta o encontrara. Púxose ós pes do Señor, chorando, pra lle deci-lo mesmo que a súa irmá: “Señor, se tiveras estado aquí…..”. Xesús pergúntalle ónde está enterrado. E xa no lugar dí: “Quitade a lousa”. Todos están atentos. Xesús mira ó alto, dalle gracias ó Padre por télo escoitado. Diante da tumba aberta, fala con voz potente: “Lázaro, sae fóra”. E o morto sae, atados pes e mans con vendas, a cara envolta nun sudario. “Desatádeo e deixádeo camiñar”. E moitos creeron nel, notarios do poder de Xesús.

Os peligros ameazarían despois a Lázaro, porque predicaba a resurrección de Xesús. Por esa razón marchan os tres irmáns do país, a Chipre, onde a tradición ortodoxa nó-lo sitúa de bispo en Larnaka/Kition, nomeado directamente por San Pablo e San Bernabé. Foi venerado dende o século III. A monxa galega Egeria (c.390) describe impresionada a gran procesión que se facía o sábado anterior ó Domingo de Ramos ó “Lazarium”, o sitio no que Lázaro resucitara. “¡Lázaro, sae fóra!”. Neste mandato insiste San Gregorio Nacianceno, bispo de Constantinopla no século IV porque todos temos resucitado con Cristo. Recoméndanos mante-la pureza do bautismo. Unha práctica hoxe necesaria pra permanecer alertas na defensa da familia, da civilización cristiá, da vida mesma, contra os pecados do relativismo dogmático enrocado no poder. O de “¡Lázaro, sae fóra!” pode ser un bo lema prás sociedades claudicantes ou apagadas, precisadas de renova-las súas conciencias e de esforzárense por que non lles colen o pecado como norma, que se convirtan en celadoras da súa memoria e dignidade; en celadoras tamén dunha xusticia real.

viernes, 12 de febrero de 2010

XUBILEO DOS ENFERMOS

Máis de mil enfermos procedentes de toda Galicia participaron o 11.02 nunha eucaristía celebrada da catedral composteláa. Na foto de La Voz, algús dos participantes que recibirían en gran número a unción dos enfermos como signo de esperanza, dispóñense a entraren pola porta santa, na praza da Quintana.
Un momento da celebración, do xubileo dos enfermos, presidida polo noso arcebispo, Don Julián Barrio. Fotografía d´El Correo Gallego.
-
Pontevedra, 12.02.2010
-
Entrada n. 1161 do blog
-
XUBILEO DOS ENFERMOS,
por Xesús López Fernández
-
Resultou un acto entrañable, perfecto de organización, cunha primeira presentación, feita dend´o compromiso e a entrega cotiá ós enfermos, a cargo da delegada de Pastoral da Saúde, Dolores Platas, que na súa alocución manifestou estar alí pra lle pedir ó Apóstolo moita forza. Foi como unha especie de introito, preámbulo a unha celebración feita dende o amor e a esperanza.
-
Despois do Evanxelio, Pilar Farjas, conselleira de Sanidade, fixo unha alocución con palabras que parecen as xustas cando nacen da fe e do compromiso cristiáns, sendo ela unha muller claramente comprometida a prol dos enfermos, según me aseguraron algús amigos d´A Coruña, amigos dende unha peregrinaxe a Roma, cos que volvín coincidir na nosa catedral.
-
A continuación seguiría a homilía de don Julián, sempre claro, didáctico, próximo. Especialmente emotiva a unción dos enfermos por el anunciada: Moitos deles parapléxicos. A este respecto hai que ter en conta que, soamente do Asilo de Pontevedra, acodiron noventa enfermos, concitados alí con xentes chegadas d´A Coruña, o Ferrol, Mondoñedo, etc.
-
Tiven ocasión de saudar a don Julián, sempre tan cercano, que parece nunca ter presa. Pasaran xa algús meses dend´os nosos anteriores encontros, en Caná de Galilea, en Nazaret, Xericó, tamén en Xerusalén, con motivo dunha peregrinación a Terra Santa, o pasado mes de Xullo, á que lle dediquei diversas crónicas incluídas neste blog.
.
-