jueves, 13 de diciembre de 2012

A travesía co naseiro (1)

"Acabáronse as  mareas",  icono fractal propio.Maxinádevos o vello Lourizán, antes de teren arribado aquí os asesinos da ría, antes de teren ocupado de xeito deshonesto máis de 600000 mt2 do noso litoral os nemigos da natureza, ¿criminales?.. Sí, coido que criminales, pero coa Xusticia corta que temos van seguir aínda con máis disparates, como a última actuación de Ana Pastor en relación coa autovía a Marín, asunto denunciado nun traballo titulado Milonga litoral, aínda recén neste blog, asunto de presunta corrupción fina.

 A este artículo dagora han seguir outros seis, que corresponden a un cambio no paso a paso da morte da ría, construíndo un emisario pra disimulare a carga contaminante, pra metela no fondo das augas, por certo que sen concesión. E coesa carga de contaminación, coesa enxurrada,  ían mercurio, dioxinas, bifenilos policlorados, endrín, causas seguramente de non poucos dos males existentes na poboació. O artículo recolle a descripción dos traballos de filmación dun equipo de televisión, pra deixare constancia de cómo os políticos i Ence destrozaron aquí o entorno litoral, que mesmo poden ser culpables de se ter determinado o protagonismo de Pontevedra no ranking de paralíticos cerebrales, categoría na que, por inoperatividade, habería que inserir a moitas das xentes da casta política, dos que teñen ou tiveron mandiño nesta praza.  

Vai, como novelada, a historia da presencia dos notarios videográficos da TV. Pra deixare constancia da nova agresión.

Pontevedra, 13.12.2012
Entrada n. 1585 do blog
  
.he   xornal diario - cartas ecolóxicas (14)     21.o2.92

                   A TRAVESIA CO NASEIRO (l)

     Partimos coa marea baixa,  o ceo aínda entoldado pola  néboa daquela mañá fría, intermisturada co "foggy" de orixe industrial, un auténtico telón no fondo da ría. Tras de nós quedaba o absurdo recheo de Estribela que parece quere devora-lo mar. O naseiro maniobrou con pericia pra,  en pouco tempo e con escasa visibilidade,  achegarnos á boia indicadora da fín do tubo emisario do complexo de Lourizán,  onde as bateas de Raxó.  Testigos calados naquela  mañá fría,  ó pé do faro de Tambo quedaban unha colonia de gaivotas, outra de canilongas ou cormoráns e unha parella de insólitas grullas. 

     -"¡Ten habilidade o naseiro! Debe conoce-la ría como a palma da  man",  comentou un dos que facían a travesía na  compaña  dun equipo de televisión.

     -"Naseiro, naseiro....¿E non había un tal Naseiro no Partido Popular,  secretario de finanzas por máis señas?",  perguntou  un dos cámaras do equipo ó tempo que se preparaba pra face-las  primeiras tomas.

     -"De certo que sí.  Pero hai "Naseiros" e "naseiros". Este é dos segundos,  dos que poden conta-la súa vida por mareas, traballando en condiciós cada vez máis difíciles. Dentro de pouco nen peirao lles van deixaren pra que poidan amarra-los seus barcos. ¿Non reparástedes  no recheo que se está a facer na zona de onde  saímos?", foi a resposta aclaratoria.

     -"Sí que reparéi no recheo, que supoño pode correspondere a algún plan  especial,  elaborado con estudio i evaluación de impacto ambiental", dixo o operador de televisión.

     -"¡Ah!  ¡Pero dáse a circunstancia de que non hai plan,  nen licencia municipal,  nen estudio de impacto, e que non están a intervir nen Costas nen a COTOP, pero sí hai unha maqueta, con galpós miniaturizados e todo!  Eso indica, de certo que sí, un plan de  previsiós.  ¡Quén sabe se cunha lupa non se podería  sabe-lo nome dalgún posible adxudicatario!",  foi a nova resposta dun dos cicerós naquela mañá fría.

     -"Pero,  ¿qué clase de autoridades tendes? ¿Cómo non protestades? Esto pode ser un claro delito ecolóxico e alá, na nosa terra, pode que xa algún fiscal lle tivera entrado ó asunto", afirmóu o cámara con vagar,  a atención posta no "travelling" que estaba  a filmar ó tempo que a motora araba o mar por antre  aquela riqueza de bateas en peligro de extinción.

     -"Sí, pero esto é Galicia, "sitio distinto", como dí Reixa", foi a nova aclaración. E así nos vai.

Nota.Van seguir outros seis artículos, no seu día incluídos na serie de cartas ecoloxistas do desaparecido Xornal Diario, de Pontevedra.
    

                        

4 comentarios:

Unknown dijo...

Es curioso cómo los Seres Humanos nos hemos convertido en los mayores depredadores de nosotros mismos, dando prioridad al sinsentido de nuestra vida por encima del Medio Ambiente que nos sostiene. Me ha gustado el texto, aunque mi gallego es muy malo, Galicia es para mi el paraiso en la tierra.

Un saludazo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, amigo:
Este es un viejo artículo, el primero de una serie de siete. Es una crónica que fuí estirando hasta que tuve noticia de que el trabajo videográfico iban a pasarlo por TVE.
Pero en mi blog hay muchos artículos sobre ecología, sobre el daño que aquí nos han hecho los políticos,la casta, con su abandono de los deberes.
Un abrazo

José Luis Valladares Fernández dijo...

Los políticos, ya se sabe, siempre están a sacar beneficios particulares hasta debajo de las piedras. El paisaje, el medio-ambiente, todo lo demás es circunstancial. Además no se conforman con poco, como dice una canción de mi tiempo "todos queremos más".
Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, José Luís:
No les preocupa el medio ambiente ni la aplicación de las leyes existentes para su defensa.
Miran hacia otro lado, se convierten en estatuas de sal los cabrones.
Éste es el primero de una serie de siete artículos escritos en el 1992

Un abrazo