domingo, 9 de diciembre de 2012

O Lérez, entubado

Ésta ven se-la actuación bestial de Fomento, na punta de Mollavao. Nova agresión, intento de consolidación da ocupación das marismas de Lourizán, que están definidas como dominio público marítimo terrestre, inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación, pero que nengún partido tenta non xa recuperare, senón que, desalmados, poseídos por Satán, queren convertir en zona industrial. Desacreditado o Concello no tema mediambiental, desacreditados igualmente o PP e mái-lo PSOE, o arraso final da Terra defínese aquí localmente, desta volta da man de Ana Pastor, casada co presidente da Autoridade Portuaria de Marín, sobre a que penden diversas sentencias firmes. Ana Pastor, coesta obra e as acometidas na autovía de Marín, diríase que está a apostare pola corrupción que comezou coa construcción da fábrica de celulosas, corrupción que se transfireu á Política, ás instituciós, hoxe menos demócratas que o réxime de Franco no 1973.

Pontevedra, 9.12.2012
Entrada n. 1581 do blog
Artículo semanal


O Lérez, entubado,
por Xesús López Fernández

            Tomo o título dunhas declaraciós que César Portela Fernández-Jardón acaba de facer [Faro deVigo,8.12.2012] en relación co arraso litoral, que nalgún momento da entrevista aterriza no aquí mal feito, de cómo se ten acabado co barrio da Moureira e co propio río (e ría), materialmente entubado polas sucesivas agresiós i estreitamentos, limitación do seu cauce. Á pergunta primeira que lle fai Susana Regueira sobre se a crisis do formigón vai representa-la fin da loucura de sepultar aínda máis a costa, o home coida que non, que a crisis non vai arranxare nada como non se opere un cambio de mentalidade das persoas, que éso é o que sí resolvería algunhas situaciós. Pero non se está a dar ese cambio, senón que vemos cómo algús dos nosos políticos [Xunta, Concello, Fomento], con algunhas das súas últimas actuaciós, tentan chegare a un consenso prá perda definitiva das marismas de Lourizán. Dedúcese das reiteradas declaraciós dos seus portavoces.

            A conversa prosigue en relación coa perda d´A Moureira porque Pontevedra non foi capaz de ter conciencia de que aí estaba un dos valores máis importantes da cidade i en xeral o contorno do Lérez. I éso perdeuno Pontevedra por non ter sabido valora-la Moureira, barrio mariñeiro e patria de navegantes; que Pontevedra foi o porto máis importante de Galicia antes de que fosen tomando puxanza A Coruña, Vigo ou Marín. O barrio e As Corbaceiras eran o entronque da cidade co fondo da ría, e todo éso foi arrasado. A cidade ten hoxe ante sí unha pantalla de edificios que viñeron delimitar unha cidade de secano. A alameda, diríamos, é como un gran patio de luces.  Insiste o home na falta de sentido do que é unha cidade e falta de conciencia cultural. E a cidade perdeu a conexión co río e coa mar de hai 50 anos. Moitos aínda lembramos un río Lérez impoluto e somos testigos da derrota a que foi sometido, como tamén a ría toda.

            Un lembra  Lourizán como praia de Pontevedra e a ocupación do espacio pola fábrica de celulosas, unha empresa de vertedeiro, cunha concesión do 1958 que D. Antonio Rodríguez Tourón definía como nula ab-initio por non teren comprido coas condiciós da mesma. Nen o Goberno franquista accedeu a calificare o espacio como zona industrial e puntualmente afirmaban no 1973, en contra da pretensión do Concello, que ter montado aí esas industrias [Ence, Elnosa] fora un erro do que soamente se ían derivar problemas prá saúde e convivencia humás, como así foi e temos lembrado máis  dunha vez. Tamén insistía en que o Concello debería procurar do MOPU outro trazado prá autopista; evitare a construcción da Ponte da Puntada polo brutal impacto paisaxístico que a mesma representaría. ¡E qué razón tiñan! Río perdido á par que entubado que, desecada-las xunqueiras de mala forma [as dúas grandes depuradoras biolóxicas con que contabamos], o Lérez parece hoxe máis un esgoto d´augas negras que un río vivo. 
           
            Non se ve unha intención rexeneracionista e sí discursos coincidentes, intentos de non recupera-lo capital natural. Fomento e o Concello, da man no asunto do paseo por terreo demanial, esquecen que a ribeira está delimitada pola parte baixa da vella estrada a Marín. Parece estamos ante un novo caso de abuso de poder, como tantos outros se levan contabilizado [ferrocarril a Marín pol-Os Praceres, recheos portuarios, rotonda da punta de Mollavao, a edar d´Os Praceres, etc.], tendentes a acabaren co dominio público marítimo terrestre, a encorsetaren máis a ría e o río, a entubalo aínda máis, ó que tamén contribueu a nova ponte d´As Correntes, como outrora a demencial dos Tirantes. Como aquí se perdeu o norte e non houbo intento rexeneracionista, faría falta un gran esforzo e decisiós costosísimas pra levantaren non poucas das infraestructuras realizadas. Lembremos que o turismo de excelencia gusta máis dunha  sustentabilidade que aquí non se dá, que mesmo o Lérez, entubado, case non é río.


Parece que todos están a contaren mentiras cando realmente están dacordo en acabar co planeta, aquí localmente. La Voz de Galicia, 9.12.2012: O Conselleiro de Infraestructuras critica o "escapismo" do Concello en relación co PXOM. 
Nota.- Como no artículo vai mención a un posible desastre si se produce unha enchente, lembremos que hoxe, precisamente, na Sala Sargadelos e ás 20.30 horas, a Asociación Cedofeita presenta un número da súa revista, no que se fai relato da "tormenta perfecta", de cándo o río Lérez, hai oitenta anos, no 1932, asolagou toda a parte baixa da cidade.
Enlace básico deste blog pra mellor conocere a forza da corrupción na degradación desta ría, o abuso de poder, etc. :MILONGA LITORAL.

4 comentarios:

José Luis Valladares Fernández dijo...

Es que nuestros políticos son como los perros Rottweiler que cuando muerden su presa, ya no la sueltan. Y es lo que hacen los políticos cuando ven algún beneficio particular en sus decisiones, aunque vean que son una catástrofe para el medio ambiente.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, José Luís:
Y también que no somos un Estado de derecho.
Lo curioso es que todos parecen estar encontrados, pero practican un discurso único: el de la corrupción.

Un abrazo

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

Por todo lo que voy conociendo, amigo Xesús, a través de tus artículos, de ese crimen medioambiental cometido contra la ría pontevedresa, tengo un gran interés en ser testigo de semejante destrozo. Espero que podré reservar unos días, de mis vacaciones del próximo verano, para acercarme por ahí.
Un cordial abrazo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Chinto:
Son tan inmorales Xunta, Fomento y Concello, que nadie habla de la Agenda1Local, documento democrático en cuya redacción deberían intervenir todos los ciudadanos, consultados puerta a puerta, para recoger ideas en orden a la recuperación ambiental.
Pero los peludos estalinistas del Concello han colgado en la web del Concello una "Axenda21Local" que no es tal, porque no hubo consulta ciudadana.
Cuando vengas por aquí creo que quedrás asombrado, asustado.
Un abrazo.