miércoles, 12 de diciembre de 2012

Turismo con alcatreo


Aínda que o dibuxo é do 1999, o artículo que incluímos a seguido é do 9.12.1991, a segunda das cartas publicadas no Xornal Diario pontevedrés, xa desaparecido. Este artículo forma parte dun cóctel, si é que os conservo de 53 cartas ecolóxicas, ou mellor dito "cartas dun ecoloxista", algunha delas xa inserida no blog.



Pontevedra, 12.12.2012

Entrada n. 1584 do blog

Cartas ecolóxicas n. 2 no desaparecido Xornal Diario, de Pontevedra.


_TURISMO CON ALCATREO_

Na sesión extraordinaria do 11 de Agosto do 1965, o Axuntamento pontevedrés tomaba o acordo de lle dar luz verde á presencia en Lourizán da factoría da Empresa Nacional de Celulosas de Ponteve­dra, S.A., ata aquel momento sen licencia municipal. A empresa, definida naquel pleno como molesta e nociva, disporíadun prazo de oito meses pra cumprir coas condiciós impostas na concesión en precario que polo MOPU lle fora outorgada no ano 1958 pra ocu­paren 612.000 metros cuadrados na zona de Lourizán, condiciós que aínda hoxe siguen incumpridas sen que a cousa preocupe, ó pa­recer, ós que dín estaren polo respeto da lexislación vixente. Antre as diversas alegaciós presentadas en contra da consolida­ción da factoría, por razós obvias, figuran relacionadas na ac­ta da devandita sesión unha do Sindicato Provincial de Hostelería de Pontevedra, outra do Grupo Sindical de Marín i, entregadas previamente no Goberno Civil, relaciónanse igualmente as formula­das pola Subsecretaría de Turismo, Dirección Xeral de Sanidade, etc., por citar aquí, a título testimonial, algunhas das que po­den ter relación co sector do turismo, estos días a debate en dous foros.


En Poio falóuse do turismo rural, algo que pode ser de interese certo cara ó futuro, cara un público desexoso de entrar no estudio demorado dunha aldea ou bisbarra, do seu entorno e historia, ou simplemente arelante da calma que perderon as cidades.

En Pontevedra, a Cámara de Comercio organizóu unhas "xornadas tu­rísticas" dirixidas ós hoteleiros e hosteleiros,pra lles suxerir ideas e normas pra así melloraren a calidade do servicio en cada caso ofrecido. Pero ese servicio está, en todo caso, comprometido pola presencia do complexo de Lourizán.


Os grupos ecoloxistas, coa súa denuncia permanente da agresión medioambiental, non están a cuestiona-lo turismo. Están, simple­mente, a uni-la súa protesta á de cada profesional dese sector deprimido, cuias alegaciós quedan xa citadas. Pero non se enten­de qué ideas poden recoller dunha Cámara que se acaba de manifes­tar, por medio dalgún dos seus directivos, como oposta ós inte­reses defendidos por ese sector naquel 11 de Agosto do 1965.

¿Qué se pode agardar da relación Cámara-Sector Turístico? ¡Quén sabe! Ó mellor, na teima de reconciliar "basura" e "calidade de vida", poden promocionar un novo poster. Tal vez unha vista da ría. Sobre do poster, en letras grandes, poderíase leer "VEN A PONTEVEDRA. TURISMO CON (MAL) OLOR". Turismo con alcatreo e orga­noclorados. Pra que veñan os pánfilos


Asdo. Xesús López Fernández, 9.12.1991

2 comentarios:

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

¡Qué bien haces, amigo Xesús, en refrescar la memoria a quienes vivisteis, en 1991, los hechos a que te refieres en este artículo! Y en ponerlo en conocimiento de los que, como yo, vivían entonces ajenos a ese problema.
Un cordial abrazo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Chinto:
Gracias. E vou ver se repesco, algo ensarillados en vellos arquivos do PC, algús daqueles traballos.
Polo demáis, as cousas non melloran, sometido o PP á mesa folla de ruta que ZP tanto no tema do terrorismo como no desta outra forma de terrorismo que vivimos na ría de Pontevedra.
¡E o papón de Gallardón a decire que as tasas foron pensadas pra que a xente non enrede con pleitos, cando a propia Xusticia, presuntamente corrompida, descafeina a súa actuación con moras e demoras, pra que os políticos poidan mante-lo seu papel de traidores á natureza, do que saben moitos algunhas xentes próximas a Rajoy!
Unha aperta