A seguridade do tren Alvia, en entredito. Deben xustificar, ademáis, por qué foi inaugurado en precario, aínda que agora digan que levaban un ano ensaiando a imprantación do sistema de seguridade ERTMS.
Entrada n. 1690 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra dos luns.
Santiago, días de
dolor,
por Xesús López
Fernández
En relación co accidente ferroviario de Santiago
recibín, o 24 de Xullo, un correo electrónico do padre Paco Castro, a súa
primeira meditación sobre o drama acontecido, que decía (a traducción é miña):
“Hoxe a miña cidade da alma chora có corazón ferido, como unha nai sen acougo,
e os pasos dos peregrinos da terra van ser un canto de esperanza en comunión
cos novos peregrinos da Eternidade.
Dende San Francisco, no corazón de Compostela, hoxe sentimos como nosos
os sofrimentos das víctimas desta catástrofe e dos seus familiares e amigos.
Temos levado mantas prós familiares das víctimas; tamén ofrecín o meu sangue.
Ogallá poideramos ter feito máis, moito máis. I en breves horas vou celebra-la
Eucaristía no día de Santiago e pedir ó Resucitado que acolla no seu fogar ós
que deste xeito, tristemente, amanecen á luz da Eternidade.”
Coido que
no dito polo padre Paco está resumida tamén a afoutada entrega das xentes de
Angrois dende os primeiros momentos da catástrofe que, na medida do posible,
contribuíron a darlle os primeiros auxilios ás víctimas do desastre, mesmo a
rescatar vidas cando éso foi posible. A cifra de mortos foise disparando ata os
78, xa identificados nun tempo record, mentres algo máis de 70 accidentados
permanecen feridos, algús críticos, en diversos centros hospitalarios. O día 25
recibía unha chamada telefónica dunha rapaza amiga. Estaban preocupados na casa
porque non sabían do seu tío, vicario na parroquia de Santa Teresa, en Colmenar
Viejo, home querido e sacrificado, unha verdadeira institución. E mandeille un
correo ó meu amigo frai Paco Castro, por si el podía ter acceso a unha
información veraz. O sacerdote, José María (Chema) Romeral Escribano, resultou
ser conocido seu, e contestoume:
“Paz e Ben,
Xesús: Acabo de enterarme, e parece ser que está entre os falecidos. Coñecíao,
coincidimos hai anos en Colmenar Viejo cando ía predicar alí a Novena da Virxe,
en agosto. Parece ser que viña estar cun amigo xesuíta. Síntoo, de corazón.
¡Qué tristura! Acollámonos á fe e que Chema pregue por nós cara ó Pai do Ceo. [….]”.
Efectivamente, a morte de Chema confirmariase. E cando xa todo é dolor, cando
se contan case oitenta mortos, parece anecdótico cargarlle as culpas ó
maquinista, ó que os seus compañeiros definen como prudente. O tema foi
comentado en diversos medios nos que, precisamente, censuraban a precipitación
coa que o home foi acusado; se antes non habería que entrare a considerar
outros aspectos: a traza desa curva maldita, con radio de 500 metros , a circunstancia de que o tren
viaxaba sen o sistema de control ERTMS activado, que tería evitado,
posiblemente, o accidente. E a verdade é que non está axeitadamente aclarada a
cuestión do control que debería levare este tren. Confiemos en que a Xusticia
esclareza o asunto. Todo.
O padre
Paco Castro volve sobre o drama, á par que comunica sigue co seu labor cotián
de atención fraterna ós peregrinos: “Paz e Ben: [….] Non somos alleos a cánto
sofrimento se ten ido acumulando ó longo das últimas horas na nosa cidade e,
como onda expansiva, a moitos lugares do mundo”. (Tamén ó Brasil onde, no marco
das Xornadas Mundiales da Xuventude, o papa Francisco dedicou unha oración ás
víctimas da traxedia de Santiago). E sigue o padre Paco Castro: “Na Meditación pola Paz que celebramos cada noite
cos peregrinos/as, tivemos moi en conta esta realidade tan tráxica. Sentíndonos
parte da gran familia da Humanidade, temos acendido un cirio que simbolizaba a
luz dos que xa son peregrinos na Eternidade. Antre os asistentes estaba un
peregrino que acababa de perdere á súa nai no tráxico acontecemento. Quixemos
manifestarlle o noso agarimo por
medio dunha sentida aperta que sempre compartimos antre todos, que nesta
ocasión contiña unha mensaxe especialmente entrañable coa que queriamos
manifestarlle a el, á súa familia, o noso agarimo nestos momentos de escuridade
e tristura. [….] Ultreia et Suseia, máis alá e cara ó alto…[…….] Seguimos
camiñando, os daquí, en comunión cos dalá, porque o amor é máis forte que o
sofrimento”. As víctimas de Santiago son
xa as nosas adiantadas. Aquí nadie queda.
6 comentarios:
Xesus com puedes imaginar el comentario que deje corresponde a este articulo.
Bicos.
Hola, Trillian:
Pero ha debido de haber algún error, porque no recibí ese comentario al que aludes.
De todas formas, todo terrible. Y algunas cosas, sobre posibles culpas, se van aclarando.
Bicos.
Un suceso francamente dantesco, que los españoles de buen corazón tardarán años en olvidar. No se si fallaron los medios de protección o el maquinista, pero en todo caso el hecho no puede ser más lamentable.
Saludos
Efectivamente Xesus hay qué ponerse en lugar de las familias, y como no de las victimas, qué se han ido sin motivo por un despiste como dice el maquinista y lo qué es peor por no llevar un sistema de frenado automatico que ya tienen en el resto de España.
LLama la atención sobre todo la rapidez en culpar al maquinista que por otrolado van otros maquinistas con él ¿tampoco se dieron cuenta? no entiendo nada, aqui hay álgo mas, y él tiempo lo dirá.
Es muy triste todo.
Unha forte aperta.
Hola,José Luís:
Parece que, efectivamente, hay más cosas, que el propio maquinista había denunciado que no se podía circular por tramo tan complicado, sin protocolo.
La desgracia es que, por las prisas políticas en la inauguración de un trayecto mal diseñadom ha habido 79 muertos, a los que no se les devuelve la vida por el hecho de acudir tanto personaje de negro a su entierro.
Un abrazo, José Luís.
Hola, Trillian:
Ya ves que el propio maquinista reconoce que ha habido otros fallos, además de los suyos propios.
Se sabía que ese tramo era defectuoso por no haber gastado más en expropioacions. Que se lo cuenten así a los familiares en vez de acudir de negro al funeral, que eso nada resuelve.
Los fallecidos hasta pueden ser mártires del poder.
Bicos
Publicar un comentario