domingo, 28 de julio de 2013

SANTIAGO, DÍAS DE DOLOR

A seguridade do tren Alvia, en entredito. Deben xustificar, ademáis, por qué foi inaugurado en precario, aínda que agora digan que levaban un ano ensaiando a imprantación do sistema de seguridade ERTMS. 

Pontevedra, 29.07.2013
Entrada n. 1690 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra dos luns.

Santiago, días de dolor,
por Xesús López Fernández

            En relación co accidente ferroviario de Santiago recibín, o 24 de Xullo, un correo electrónico do padre Paco Castro, a súa primeira meditación sobre o drama acontecido, que decía (a traducción é miña): “Hoxe a miña cidade da alma chora có corazón ferido, como unha nai sen acougo, e os pasos dos peregrinos da terra van ser un canto de esperanza en comunión cos novos peregrinos da Eternidade.  Dende San Francisco, no corazón de Compostela, hoxe sentimos como nosos os sofrimentos das víctimas desta catástrofe e dos seus familiares e amigos. Temos levado mantas prós familiares das víctimas; tamén ofrecín o meu sangue. Ogallá poideramos ter feito máis, moito máis. I en breves horas vou celebra-la Eucaristía no día de Santiago e pedir ó Resucitado que acolla no seu fogar ós que deste xeito, tristemente, amanecen á luz da Eternidade.”

            Coido que no dito polo padre Paco está resumida tamén a afoutada entrega das xentes de Angrois dende os primeiros momentos da catástrofe que, na medida do posible, contribuíron a darlle os primeiros auxilios ás víctimas do desastre, mesmo a rescatar vidas cando éso foi posible. A cifra de mortos foise disparando ata os 78, xa identificados nun tempo record, mentres algo máis de 70 accidentados permanecen feridos, algús críticos, en diversos centros hospitalarios. O día 25 recibía unha chamada telefónica dunha rapaza amiga. Estaban preocupados na casa porque non sabían do seu tío, vicario na parroquia de Santa Teresa, en Colmenar Viejo, home querido e sacrificado, unha verdadeira institución. E mandeille un correo ó meu amigo frai Paco Castro, por si el podía ter acceso a unha información veraz. O sacerdote, José María (Chema) Romeral Escribano, resultou ser conocido seu, e contestoume:

            “Paz e Ben, Xesús: Acabo de enterarme, e parece ser que está entre os falecidos. Coñecíao, coincidimos hai anos en Colmenar Viejo cando ía predicar alí a Novena da Virxe, en agosto. Parece ser que viña estar cun amigo xesuíta. Síntoo, de corazón. ¡Qué tristura! Acollámonos á fe e que Chema pregue por nós cara ó Pai do Ceo. [….]”. Efectivamente, a morte de Chema confirmariase. E cando xa todo é dolor, cando se contan case oitenta mortos, parece anecdótico cargarlle as culpas ó maquinista, ó que os seus compañeiros definen como prudente. O tema foi comentado en diversos medios nos que, precisamente, censuraban a precipitación coa que o home foi acusado; se antes non habería que entrare a considerar outros aspectos: a traza desa curva maldita, con radio  de 500 metros, a circunstancia de que o tren viaxaba sen o sistema de control ERTMS activado, que tería evitado, posiblemente, o accidente. E a verdade é que non está axeitadamente aclarada a cuestión do control que debería levare este tren. Confiemos en que a Xusticia esclareza o asunto. Todo.

            O padre Paco Castro volve sobre o drama, á par que comunica sigue co seu labor cotián de atención fraterna ós peregrinos: “Paz e Ben: [….] Non somos alleos a cánto sofrimento se ten ido acumulando ó longo das últimas horas na nosa cidade e, como onda expansiva, a moitos lugares do mundo”. (Tamén ó Brasil onde, no marco das Xornadas Mundiales da Xuventude, o papa Francisco dedicou unha oración ás víctimas da traxedia de Santiago). E sigue o padre Paco Castro: “Na  Meditación pola Paz que celebramos cada noite cos peregrinos/as, tivemos moi en conta esta realidade tan tráxica. Sentíndonos parte da gran familia da Humanidade, temos acendido un cirio que simbolizaba a luz dos que xa son peregrinos na Eternidade. Antre os asistentes estaba un peregrino que acababa de perdere á súa nai no tráxico acontecemento. Quixemos manifestarlle o noso agarimo por medio dunha sentida aperta que sempre compartimos antre todos, que nesta ocasión contiña unha mensaxe especialmente entrañable coa que queriamos manifestarlle a el, á súa familia, o noso agarimo nestos momentos de escuridade e tristura. [….] Ultreia et Suseia, máis alá e cara ó alto…[…….] Seguimos camiñando, os daquí, en comunión cos dalá, porque o amor é máis forte que o sofrimento”.  As víctimas de Santiago son xa as nosas adiantadas. Aquí nadie queda. 

6 comentarios:

trillian dijo...

Xesus com puedes imaginar el comentario que deje corresponde a este articulo.

Bicos.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Trillian:
Pero ha debido de haber algún error, porque no recibí ese comentario al que aludes.
De todas formas, todo terrible. Y algunas cosas, sobre posibles culpas, se van aclarando.
Bicos.

José Luis Valladares Fernández dijo...

Un suceso francamente dantesco, que los españoles de buen corazón tardarán años en olvidar. No se si fallaron los medios de protección o el maquinista, pero en todo caso el hecho no puede ser más lamentable.

Saludos

trillian dijo...

Efectivamente Xesus hay qué ponerse en lugar de las familias, y como no de las victimas, qué se han ido sin motivo por un despiste como dice el maquinista y lo qué es peor por no llevar un sistema de frenado automatico que ya tienen en el resto de España.
LLama la atención sobre todo la rapidez en culpar al maquinista que por otrolado van otros maquinistas con él ¿tampoco se dieron cuenta? no entiendo nada, aqui hay álgo mas, y él tiempo lo dirá.
Es muy triste todo.

Unha forte aperta.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola,José Luís:
Parece que, efectivamente, hay más cosas, que el propio maquinista había denunciado que no se podía circular por tramo tan complicado, sin protocolo.
La desgracia es que, por las prisas políticas en la inauguración de un trayecto mal diseñadom ha habido 79 muertos, a los que no se les devuelve la vida por el hecho de acudir tanto personaje de negro a su entierro.

Un abrazo, José Luís.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Trillian:

Ya ves que el propio maquinista reconoce que ha habido otros fallos, además de los suyos propios.
Se sabía que ese tramo era defectuoso por no haber gastado más en expropioacions. Que se lo cuenten así a los familiares en vez de acudir de negro al funeral, que eso nada resuelve.
Los fallecidos hasta pueden ser mártires del poder.

Bicos