miércoles, 14 de agosto de 2013

A ASUNCIÓN DE MARÍA, ¿EN ÉFESO?

 Anna Catherine Emmerich, monxa agostiña alemá, estigmatizada coas feridas da Pasión, foi beneficiada cunha serie de visiós e revelaciós hoxe editadas en versión castelá, en cinco tomos. Sitúa a morte e Asunción de María en Éfeso, na  Turquía asiática. Certo que do esplendor do gran Éfeso, o gran centro cultural e comercial, onde se conservan os restos de dúas basílicas cristiás, pouco queda. Sí algunha pequena aldea árabe que soubo mante-la tradición da presencia de María nunha pequena casa do arrabal, nas ruínas que quedaban e denominaban como a Porta de María.. 
 O 7.10.2011, con motivo dunha peregrinación a Turquía, tra-las pegadas de San Pablo, alí acodimos. A foto recolle o momento da preparación prá santa misa.
 Outra vista da casa reconstruída mercede ó tesón de dúas monxas hospitalarias de Esmirna que, convencidas dos relatos da monxa alemá, demandaran do arzobispo unha investigación que o home encomendaría a dous sacerdotes que, despois de investigare a fondo deron coas ruínas da casa hoxe reconstruída e convertida en pequeno templo. As xentes do lugar lembraban, ademáis, que os seus ancestros tiñan por costume reunirse alí o 15.08 prá celebración da Asunción de María.  
 Según Anna Catherine Emmerich, a casa de María tería pola parte traseira un vía crucis de doce estaciós, a última reservada pró seu enterramento. Mentres María viveu na casa con san Xohán, alí acodirían os apóstolos, especialmente cando se achegou a fin. Faltou Tomás, afaenado como estaba coa evanxelización por terras de Asia.  
 O padre Paco Castro, franciscán que foi o noso guía en diversas peregrinaciós, nun momento da misa oficiada ese 7.10.2011. 
 Outro enfoque da casa da Virxe.  
O muro das peticiós, peticiós que formulan tamén as mulleres musulmás, según parece con gran devoción a María.

Pontevedra,15.08.2013
Entrada n. 1698 do blog


A ASUNCIÓN DE MARÍA, ¿EN ÉFESO?
por Xesús López Fernández

En Xerusalén existe unha basílica da Dormición de María, que se di que morreu docemente, como quedándose dormida. Pero Anna Catherine Emmerich di que a dormición de María produceuse en Éfeso; que soterrada nun simple ataúde, xa na noite produceuse un gran resplandor.... e alí achegádo-los presentes comprobaron que María xa non estaba. Éfeso, según Leonardo Castellani, enciclopedista arxentino, xesuíta como o papa Francisco, Éfeso, repito, dí que significa "ímpetu" e que define a primeira edade da Igrexa apostólica, a que vai ata Nerón. Dito moi en breve.

Como di o padre Marko I.Rupnik, SJ, en María tense realizado o primeiro éxodo da creación cara ó Creador.

En xaneiro do 2012 fixen outro traballo máis documentado sobre o mesmo tema, do que vai enlace a seguido: 
A casa da Virxe, en Éfeso.

2 comentarios:

José Luis Valladares Fernández dijo...

Esos lugares, tan ligados a la vida de la Iglesia, no pierden su actualidad, aunque hayan ya pasado 2.000 años.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

La verdad, José Luís, tengo ganas de volver allá. Repetiría el viaje, como los de Tierra Santa o Grecia; o el del itineraría franciscano de Italia.

Un abrazo.