lunes, 12 de agosto de 2013

RAJOY BREY & SUÁREZ COSTA

Rajoy comeza o seu tempo de solaz. Esta foto e algunhas variantes da escea apareceron en diversos medios. Arranca a acampada do Salnés. Callos, chocos, calamares na súa tinta. Pero o 11.08, suponse que á par que facía sendeirismo con José Benito Suárez Costa, o presidente da Autoridade Portuaria de Marín (ademáis de home de Ana Pastor), coa música de fondo dos acontecementos de Xibraltar, terá falado de ecoloxismo, sobre o que non se pintan ben as cousas.

Pontevedra, 13.08.2013
Entrada n. 1697 do blog


RAJOY BREY & SUÁREZ COSTA,
por Xesús López Fernández

Aínda tendo afirmado o presidente do Goberno que a actuación do goberno da colonia británica é claramente antiambientalista, de certo que sabe Rajoy que non-o é tanto como a dos recheos que se levan feito no porto de Marín ou nas marismas de Lourizán. E como presidente do Goberno non  pode ter un Evanxelio ecoloxista prá bahía de Alxeciras mentres na ría de Pontevedra  consinte unha actuación aínda máis brutal e da que ten habido non poucos e conocidos responsables e beneficiarios. E desta volta é o marido da ministra de Fomento o gran celador daquel solar ilegal, 300000 metros cuadrados roubados ó mar, recheos que se deben retirare según sentencia firme do TS, da que parecen estar a se burlaren este José Benito e a propia Ana Pastor.

É certo que Rajoy e José Benito Suárez Costa levan semblante serio. E aínda que vaian vestidos de uniforme prá foto, algo terán falado do gran problema da ría de Pontevedra, das traiciós consentidas e do que non se pode eludir por máis tempo; que ademáis non ten comparanza co acontecido en Xibraltar. Se en relación coa situación alí creada Rajoy case se abre as veas, ¿qué non terá que facer en relación coa burla permanente que aquí se leva feito da Lei de Costas do 1988? ¡Se ata parece que pra xustificaren o  mal feito foi dictada a nova i estúpida Lei de Arias Cañete, pra desnaturaliza-la vella lei, cando non pra seguire consentindo actuaciós contaminantes e invasoras, ou roturar novos solares pró ladrillismo! En definitiva, pra lle dare visos de legalidade á sistemática e criminal traición promovida, nesta ría, polas autoridades. 

En fin. Se Rajoy non vai restablece-lo Estado de dereito en Pontevedra vai ser preferible que non faga promesas de nengún tipo de ecoloxismo, que ó mellor aínda perde o favor dos clústers que presuntamente financian as campañas electorales.  Vergonza de país.  

http://xesuslopez.blogspot.com.es/2012/07/milonga-litoral.html

No hay comentarios: