Montoro, en La Razón. A senrazón de Xibraltar pode mesmo estar censada en Sotogrande. Non sería mala cousa depositar bloques con "agullas" na entrada dalgunhas das residencias. Digamos aquí tamén que, mentres Rajoy acababa co seu tempo de vacaciós facendo un paseo-marcha con cen dos seus polas sendas de Ponte Arnelas, cada cinco minutos dese tempo entraba en Xibraltar un camión con rocalla camuflada, pra agrandaren a superficie da colonia. Cando se goberna non hai tempo pra pasear. E lembremos o caso máis grave dos recheos da ría de Pontevedra, un recordatorio constante neste blog.
Pontevedra, 26.08.2013
Entrada n. 1703
Artículo semanal, no Diario de Pontevedra
Xibraltar, tema
encanallado,
por Xesús López
Fernández
Dende que o señor Picardo, que ven sendo o alcalde e
non outra cousa da colonia de Xibraltar, tivo a idea de depositar setenta
bloques de formigón, con agullas, nas augas da bahía de Alxeciras, o home
consigueu diversas cousas, fundamentalmente compromete-la economía das xentes
que viven da pesca, profesión esforzada, naquelas augas sobre as que Xibraltar non ten
xurisdicción. Pero a colonia inglesa vive depredadoramente a costa de España,
como se o noso país fose realmente a colonia. Resultado, que os residentes na
Rocha son, no gran mundo, os terceiros individuos en renta per cápita, anque
moitos deles vivan en Sotogrande, onde teño visto amarrados moitísimos iates,
todos con folio xibraltareño. ¿Qué
significa éso? Ademáis da deslocalización fiscal que eso poida conlevar, pode
que sexa tamén nese enclave de luxo onde disfruten dos peixes e moluscos que os
pescadores obteñen na bahía alxecireña.
Contra a recomendación da ONU Xibraltar sigue sendo colonia
e non se aduviña o momento no que España poida recupera-la soberanía daquela
praza prá que o señor Picardo parece ter un plan de crecemento, expansionista
cara o Levante. Daí os recheos que, con area do sistema dunar tarifeño, e con
rocalla, estea a ocupar, polo este, un mar que non lle pertence. ¿Pero pra ónde
estaba mirando o Goberno español? Interquinencias prás xentes, inspecciós, na
fronteira coa colonia inglesa. ¿Pero cómo se explica que cada cinco minutos
estivera entrando un camión de gran porte pra acrecenta-los recheos, alonga-los
espigós nos que están a delimitare o que xa lle chaman “Eastern Bay” ou
“Catalan Bay”, tamén “Sandy Bay”, espacio de gran valor ecolóxico?
Dentro das vergonzas que van aflorando, como que a
denuncia do tránsito de area e pedras dend´o concello de Tarifa foi obra dunha
agrupación ecoloxista, Verdemar-Ecoloxistas en Acción, asunto no que vai
entrare o Fiscal Xeral do Estado; que un ministro do actual Goberno está
presente no accionariado dunha das empresas de “bunkering”, das gasolineiras
flotantes, un peligro, que surten ós barcos en ruta; que o Goberno non
interrumpeu o tránsito de area e pedras ata o 24.08; antr´esas vergonzas, digo,
sí hai reacciós positivas por parte da sociedade española: a movilización da flota
alxecireña; a actuación de dous buceadores profesionales, Álvaro Cuadras e
Vicente Javier Jiménez, que se solagaron acompañados dun equipo de televisión
pra fotografiaren e filma-los famosos bloques, onde deixaron unha bandeira
española, símbolo da súa “conquista”. Chamoume a atención ver cómo un deles
afundía a man na area do fondo e sacaba nela, pareceume, abundancia de coquinas
e ameixas, seguramente as que máis tarde degustan os ricos de
Sotogrande/Xibraltar.
Hai unha certa preocupación antr´os mariñeiros
alxecireños, mermada a súa pesca nun 70%. Pero non están sóos. Os mariñeiros
d´A Coruña xa contactaron coeles e brindáronlle a posibilidade de presentárense
no mar de Alxeciras con 400 barcos. Ése é o tipo de reacción que se está a
producire contra as actuaciós piratas de Xibraltar. Unha reacción da marca
España que reside nos cidadáns antes que no propio Goberno ó que lle levan
colado non poucos goles dende que Moratinos, o que fora ministro “excelso” de Exteriores
con ZP, se fotografiou en Xibraltar. Un dos “éxitos” da súa diplomacia foi o de
establecer unha mesa a tres –España, Gran Bretaña e Xibraltar— pra tratare os
asuntos da colonia. Unha vergonza, algo que debe ser tratado exclusivamente
antre os dous países soberáns. E a soberanía española, cando Xibraltar xa non
ten valor como base, é algo que España debe reclamar insistentemente, ó mellor
intermediada por don Juan Carlos coa súa parente a reina de Inglaterra. Picardo
debe retira-los bloques e os recheos. E o Goberno español actuar e que se vexa,
que neste como noutros asuntos parece leva tempo ausente.
4 comentarios:
Tenía que ir toda la flota pesquera española. El infierno lo congelaba la cara de Picardó en ese mismo momento momento.
Tienes razón. Creo que le iba a "apurar" el vientre. Y también a las gentes de Rajoy.
Un saludo
No hay nadie que pueda con Gibraltar ni con Inglaterra. Lo que tenía que hacer el Gobierno nuestro es clausurar la verja y cerrar también el espacio aéreo. Que tengan que entrar en la roca con aviones que aterriocen y despeguen verticalmente
Hola, José Luís:
Con políticos y políticas cobardes no se resuelven los problemas; España no camina.
El tema de Gibraltar requiere que se investigue a tope el por qué de la colaboración de ciudadanitos españoles en el acarreo de arena y piedra.
Y ahora que Arias Cañete vocea en relación con el tema de los bunkkering, ¿por qué no lo hace en relación con esa actividad, que están desplazando, parece, a la ría de Ferrol?
Volviendo a Gibraltar, el Gobierno no tendría que hacer otra cosa que aprovechar las ideas que brindas en tu comentario.
Un abrazo.
Publicar un comentario