Miguel Ángel Revilla, aquí con vaca, ex-presidente de Cantabria, como se fose unha estrela mediática anda agora polos platós de diversas cadeas de televisión. Algo hai neste contínuo ir e vir máis alá da promoción do seu libro "La jungla de los listos" (no que se enumeran os vicios da política española), como se o home estivese a prepara-la súa candidatura prás europeas. Á parte de que parece que vende máis libros que Belén Esteban o home ten gancho pra un colectivo cidadán millonario que, anoxado da casta política en xeral, quere ver no home ó futuro presidente do Goberno español.
Entrada n. 1730 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.
Miguel Ángel Revilla, en
alza,
por Xesús López
Fernández
O expresidente cántabro é ademáis profesor de
Economía e autor de dous libros, algo que parece estar de moda antr´os
políticos españoles, pero seguramente a súa obra “La jungla de los listos”,
pola que tenta denunciare ós causantes da situación caótica que vive o país
(que vai ademáis pola segunda edición), foi a máis vendida antr´as publicadas
polas xentes da casta política. Parece que na presentación de “La jungla….” en
Madrid estivo sinando exemplares por máis de dúas horas. Todo un fenómeno
social, as xentes formaban unha cola máis longa que as das oficinas do INEM,
desexosos de te-lo libro na man, pero sobre todo de falare co home, no que
algús ben un posible remedio prá situación extrema do país, ata o punto de que,
na loa da súa figura, algús afirmaban del que “é o único político honrado, que
dí as cousas como son. Eu pídolle que se presente como candidato á presidencia
da nación”, algo no que el non pensa porque co sistema electoral vixente non é
viable.
Acúsano algús de ser populista, demagogo ou de que,
como profesor de economía que é, acaba de convertire algún plató de televisión
na tribuna dende a que imparte clases maxistrales a todo o país. Parece como se
incluso parecese unha burla que se dirixa en taxi á Moncloa ou que dende
Santander ó seu pobo, Astillero, viaxe no seu coche particular, cuestión que
vale pra descrédito dos que non se baixan do coche oficial. Pero Revilla parece
un home con encaixe prás críticas que lle dirixan e que, gracias ó seu sentido do
humor e forma directa de face-lo seu discurso, devolve a pelota con gracia
certa e que de cada volta ten maior número de seguidores, polo menos de
simpatizantes, como se evidencia na súa páxina oficial de Facebook, con máis de
365.000 seguidores. En twitter, máis de 412.000. Participación viva, o home denuncia
cando outros calan. E sintoniza cunha sociedade farta cando denuncia como
principales causas da situación de regresión do país cuestiós como:
A xente que vive da política e a corrompe; os que non
pagan impostos; a evasión a paraísos fiscales… E o bo é que todo, según el
afirma, dío coa conciencia tranquila, como cando clama por unha Xusticia
independente, algo que tiña prometido o PP, pero que finalmente, coa formación
do Consello Xeral do Poder Xudicial, quedou todo en reparto de cromos, nun par
de xornadas. No seu ronsel de denuncias está tamén a das “elecciós por medio
das inicuas listas cerradas”. Tamén cuestiona o home a existencia do Senado,
que califica como inútil, clamando pola súa supresión. Son as verdades do
barqueiro e invita ós cidadáns, cos que sintoniza, a acrece-la presión social,
a denuncia-las inxusticias existentes. E a non calar.
Xa pra rematare citemos outras das afirmaciós do
home, que afirma que sóo como persoa está incómodo, que lle gusta falare coa
xente. Insiste na importancia de votare ós candidatos e non ós partidos, porque
en definitiva somos un país de partidos i estamos a votare por unha gaivota ou
polo puño e mai-la rosa, e así nos vai, como que en cinco anos pasamos de ricos
a pobres. E algo vai mal a nivel mundial cando o 30 por cen da riqueza mundial
está colocada en cincuenta lugares sen rostro. O home é, certamente, portador
dunha mensaxe rexeneracionista cando afirma “eu non meto a man, antes córtoma", ou cando proclama que a muller é o eixo da familia. A estafa das peferentes
(prá que pide unha intervención do Fiscal Xeral determinante, unha solución
final), a connivencia antre a política e as grandes empresas (as chamadas
portas xiratorias), a corrupción ou a fiscalidade “desigual” son algunhas das
preocupaciós cidadás de Revilla, algo que el aborda neste libro coa súa
particular forma de contar, que engancha, daí que o teñan definido como unha
máquina de contar. Lembremos que a súa primeira obra “Nadie es más que nadie” vai
pola edición 27. Por certo que nunha das súas últimas intervenciós en twitter
asegura que non cobra por acodire á “tele”, pero parece non ter pretensiós de
ser presidente da nación. Si acaso, de Cantabria.
4 comentarios:
El Sr. Revilla es un Sr. arto elocuente, lo estaba viendo en un programa de la Campos, y me daba rabia porqué ella no lo dejaba hablar, la verdad no tiene pelos en la lengüa, no importandole de quien se trate él personaje, sea la monarquía o sea ó sea de politica, en su tierra parece qué lo quieren mucho.
Yó solo lo conozco de verlo en tv.recuerdo una vez que salio quejandose, de qué el "hombre" del tiempo, decia qué llovía en cantabria en aquellos días, y parece qué no llovía tanto como decían.
Entonces les aconsejaba que dijesen la verdad porque parecía que querían espantarles los turistas, y que eso les perjudicaba.
Me quede con eso porqué ví como defendía su tierra y los productos de su tierra, que tambíen llevó álgunos haciendoles propaganda.
Biquiños.
Hola,Trillian:
El hombre puede parecer un poco Quijote; algunos le llaman manipulador, pero son muchos los que ven en él a un político a ras de tierra, que le llama al pan pan y al vino vino.
Pero no podrá hacer nada, salvo que se integre como abanderado en un partido maior.
Biquiños.
Este tipo lleva años con su figura por los medios y pregonando las excelencias de las anchoas cántabras así como de la calidad del agua embotellada de su tierra. Pero es porque le encanta salir en la TV.
Por verse ante una cámara es capaz de hacer streeptis en plena calle.
Lo siento, no habrá robado como los otros políticos pero ni éste ni la Rosa Diez son nada FIABLES para cuestiones políticas.
Es capaz de aliarse con comunistas y con ultra nazis a la vez con tal de ser el director del coro.
No me negarás, Javier,que como purgante para los otros sí funciona. Y como lanzadera lo están utilizando en T5 y en la puñetera Sexta.
No le he visto promocionar el agua de Solares, que no compro desde que un farmacéutico pontevedrés la puso en evidencia, por contaminada.
Pero dejémosle que promocione las anchoas cántabras, procuremos incluso que vende más libros que Belén Esteban, aunque ésta tenga el mérito añadido de que la prologue Boris Izaguirre, al que tampoco leo.
Evidentemente que al hombre lo calientan para que siga diciendo cosas, con su humor ácido. Juegan con él. Pero no parece el cordero lechal que algunos quisieran en su juego mediático.
Un cordial saludo.
Publicar un comentario