domingo, 20 de julio de 2014

A Igrexa non é o nemigo

Carlos Herrera é un periodista que non se corta a lingua, que sabe cómo meter en cintura ás xentes da seudoprogresía. Non está sóo, certamente, e poderiamos tirar non poucos testimonios, pero hoxe é oportuno apoiarnos nel cando acaba de denuncia-lo ataque que o PSOE parece renovare contra a Igrexa católica, que xa o seu fundador tentara eliminar. A actitude dese partido raia coa obscenidade, tanto que parece xa totalmente privado de ideas e, pra demostrare que están vivos, nada, arremeten contra a Igrexa. Esquecen, sí, os seus pecados e corrupciós.

Pontevedra, 21.07.2014
Entrada n. 1768 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra

A Igrexa non é o nemigo,
por Xesús López Fernández

            O PSOE parece xa ten un relevista de ZP, o iluminado, aquel home que, instalado nun relativismo zafio comezou a impartire clases  de educación prá cidadanía, de memoria histórica, alianza de civilizaciós, mesmo a impoñere unha certa perversión dos valores que tradicionalmente, dende séculos, tivo a sociedade como referentes.  Conseguiría con eso, ó mellor, distraere ó persoal da ruína na que, en pouco tempo, chegou sometere ó país, cun record de parados cada novo día sobardado. E así, fracasada a súa política económica, fracasada tamén a súa política social, uns seis millós de cidadáns tiveron que procuraren subsistencia nos comedores da Igrexa, que ve así acrecido o seu prestixio por riba do dos partidos políticos que parecen xa incapaces de devolverlle a calma e a prosperidade á nación, alagados ademáis nun mar de corrupción ó estaren privados da conciencia de pecado.

            Proba de que as xentes do país non creen na casta política son os resultados recéns das elecciós europeas nas que os partidos ata o dagora relevistas na gobernación, PP e PSOE, perderon millós de votos, algo que os vai obrigare a cambia-la súa forma de gobernar, se despertan, pero non se telumbra un esforzo real en plan rexeneracionista, non existe unha oferta real de doutar ó poder xudicial dunha independencia real pra sanea-lo país a marchas forzadas. Así as cousas, o novo líder do PSOE, Pedro Sánchez, parece xa ten un punch prá súa dialéctica douda: a Igrexa, como xa anunciaba na súa campaña ó decir que ía traballar por un Estado laico e por deroga-lo Concordato coa Santa Sede e revisare, a fondo, tódo-los privilexios fiscales que agora mesmo ten a Igrexa. O tal Sánchez, en declaraciós recollidas pola Axencia Efe chegou afirmare que a Igrexa “non pode seguir sendo fedatario público” e, como se o Cristianismo non fose peza fundamental na construcción de Europa, fala de limita-lo feito relixioso ó ambito privado das persoas.

            Ven se-lo que dí Carlos Herrera, que cando ó PSOE non lle quedan ideas pon en marcha unha campaña contra a Igrexa e analiza as contradicciós da súa próxima consigna de ordeare a tódo-los concellos que cobren o IBI á Igrexa polas propiedades non destinadas a culto. Seguindo a Herrera, “é unha loita do partido socialista que encabeza a cruzada contra a Igrexa católica”, “que o IBI é un imposto exento prá Igrexa católica en función da lei de mecenazgo e dacordo coa Santa Sede, pero tamén está exento pra tóda-las sociedades sen ánimo de lucro e se a Igrexa ten un parquin en Guadalajara, a Igrexa págao, e se o crego ten unha vivenda paga o IBI pola súa vivenda privada. O IBI non-o pagan nen a SGAE, nen as federaciós de fútbol, nen os partidos políticos, así que tóda-las campañas de demagoxia ou de oportunismo xangal ten o sentido que ten, i é que cando ó PSOE se lle acaban as ideas pon en marcha algo contra a Igrexa”, xoga con ese combustible e co sentimento de moitos.
           
            Se cambian a lei de mecenazgo, o PSOE vai ter que paga-lo IBI pola sede de Ferraz, que de momento non pagan. E propón Herrera “botar un vistazo sobre o que fai a Igrexa que dende logo non fai o PSOE que non dá de comer a nadie. Cáritas, Manos Unidas, asilos e de todo o aforro que ofrece ó Estado polo seu labor asistencial”. Está visto que a Igrexa administra ben o que recibe dos contribuíntes da Renta ou o monto das esmolas depositadas nas diversas diócesis. Eso e mai-la colaboración desinteresada de moitos laicos fan posible que gran parte dos seis millós de españoles aparcados na pobreza pola gobernación do país sigan con vida, e voten libremente. Aí conviría algo máis de picardía, de mala idea, que pode ser boa cando está ó servicio dunha boa causa, porque a Igrexa, sigue decindo Carlos Herrera, “é un bombeiro…., que onde hai lume bota auga….., que consigue traballando moito, e con ela apaga moita traxedia, moito drama, moita fame. Eso non hai quen o reconoza” antre as chamadas “xentes de progreso”, adiantadas pola Igrexa, máis progresista. 

2 comentarios:

Tellagorri dijo...

De acuerdo con el contenido del post.

Saludos

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Javier:

A estos les inoculó la rabia ya Paulino de la Iglesia (Pablo Iglesias) que tuvo siempre como norte la destrucción de la Iglesia, acabar con ella.

Un cordial saludo