Imaxe dun porco celta, unha das riquezas emerxentes en Galicia, pero habería que mostra-las posibilidades que, de forma poliédrica ten o país. Fai falta unha gobernanza que deixe de esgaza-la riqueza do país, á marxe da política de portas xiratorias e da desfeita ecolóxica do país, sometido a unha colonización salvaxe.
Co clima de Galicia serían posibles outonos como o desta fotografía, pero xa só na Galicia interior podemos atopar un colorido ledo, algo que non dá o eucalipto, perennifolio e incendiario, omnipresente por non te-lo país unha política forestal certa, nen gandeira.
Pontevedra, 20.10.2014
Entrada n. 1783
Artículo semanal
Emigrar
ó campo, unha posibilidade,
por
Xesús López Fernádez
Dende
que comezou a crisis é moita a xente que tenta buscare no campo a
solución ós seus problemas. A terra brinda a posibilidade dunha
sustentabilidade certa, como se daba nas aldeas galegas mentres se
mantiñan como entes vivos. O home e a muller eran protagonistas,
pero a emigración e a mala gobernanza deron en acabar coa súa
presencia. Na distancia, xa Curros Enriquez, en “Un adiós a
Mariquiña”, denunciaba esa carencia cando mandaba recado pola
pombiña mensaxeira, Mariquiña Puga: “Fálalle ós emigrados da
patria súa,/ dilles, mimosa, que deles apartada Galicia chora./
Dilles que prós seus lares tornen axiña,/ que sen eles non queren
pinta-las viñas, rega-los regos,/ madura-las castañas nos
castiñeiros./ Dilles que as súas obrigas eiquí os esperan/ e si
onde elas non morren que se condenan...[...]”. A terra precisa da
presencia humá, de que esa xente se sinta parte do ecosistema, algo
que comeza a interesar e que pode ter unha demanda certa, ser
rentable en definitiva. Claro que fuxir da cidade pró campo sen ter
algunha finca en propiedade, e os aperos con que en tempos foi
traballada polos pais ou avós, o comezo dos novos labregos vai ser
difícil.
Afirman
algús que si esto empeora “nos marchamos ó campo, poñemos un
horto e de fame non morremos”. De vez en cando escóitase esa
cantinela porque a crisis e mai-lo paro fan difícil a subsistencia
nas cidades, especialmente nas que están en involución, perdído-los
fluxos dinámicos doutrora por mala gobernanza. De cada volta son
máis os que fantasean co retorno á vida campestre, que maxinan
barata e fácil. Mais a realidade é diversa, como decote aclaran os
promotores de “Abraza la Tierra”--unha entidade que asesora,
informa e incluso acompaña a novas xentes do rural--. Ós pobos, ás
aldeas, hai que acodir cun proiecto laboral, que tamén alí hai
recibos e facturas que pagar e que nadie, absolutamente nadie, regala
nada, advirte unha coordinadora, Eva González. En tres anos “Abraza
la Tierra” veu multiplicarse exponencialmente o número de peticiós
de axuda pra facerse con casa e traballo nalgún punto de España.
Dend´o 2008 ó 2011 foron máis de 7700 peticiós de axuda, un 50%
máis que no trienio anterior, e con mensaxes que son verdadeiros
S.O.S.
O
reclamo de noticias en televisión de pobos que ofertan casas gratis
a cambio de habitantes está a crea-la sensación de que hai futuro
nos pobos. Pero “Abraza la Tierra” avisa do espellismo: non se
regala nada porque as casas prometidas hai que reconstruílas dende a
cimentación, pró que se precisa dunha financiación á que estas
familias non teñen acceso. Créase a sensación de que nos pobos,
con que veña xente, témo-la obriga de lle dar todo gratis, como se
na cidade se regalara algo. Se quére-la túa propia casa, téla que
pagar; os alugueres tamén. En “Abraza la Tierra” afirman que no
campo non está a saída da crisis prás persoas sen recursos. “Antes
sí tiñamos unha boa bolsa de emprego. Agora non hai unha oferta de
traballo por conta allea”, pero anima ós que teñan posibilidades
pra invertiren no seu propio oficio ou traslada-la súa actividade a
un pobo, a que aposten por dinamiza-la vida rural.
En
varios países de Europa, como en España, estáse a intentar unha
nova ruralización, o regreso ó campo. En Galicia, onde a emigración
foi apagando aldeas ata mediados do pasado século, non se fai moi
evidente, pero algo se está a mover porque xentes que conservaban
propiedades, como acontece en Portugal, estannas a poñere en valor,
mesmo coa práctica dunha agricultura ecolóxica, cada vez con máis
mercado. A Xunta, con fondos europeos, tenta salvare algunhas aldeas;
pero o problema ten aquí raíces das que se fala pouco, como que os
periodos de maior emigración coincidiron coa repoboación forestal
practicada en forma colonialista, que aínda dura e que hoxe mostra
o litoral atlántico como unha masa contínua de eucaliptos: a nosa
natureza traicionada, e agora que comeza o outono vaise nota-la gran
ferida, a perda de cromatismo, de vexetación clímax. Outro dos
puntos onde fallou a política foi na cousa agrogandeira galega,
especialmente traicionado o país, outro fallo da gobernanza que en
parte se podería revertir dend´as asociaciós de montes de veciña,
presionar pra unha posta do monte en valor por medio de prantaciós
que restauren a paisaxe na que sí pode haber un auténtico
manantial de traballo pró que se precisaría xente. Outra Galicia é
posible, con moito menos paro. Pero con outra gobernanza redicalmente
distinta que faga posible ese retorno necesario, como apuntaba Curros
Enríquez. Aínda que os tempos sexan outros. Pra que as aldeas e
Galicia non morran.
2 comentarios:
Mal veo esa idea la ruralización de las gentes yéndose a vivir a las aldeas abandonadas. Por las razones que expones : que no hay la suficiente ayuda estatal para dejar todo en la ciudad y establecerse en el Campo, en donde la vida es más barata pero también mucho más dura.
Hola,, Javier:
Sin propiedades y sin una cultura familiar previa, esa ruralización va a ser dificilísima, con la particularidad de que antes, en las aldeas, muchas tareas se hacían en común. Y ahora el ensayo se hace en una cierta soledad.
Difícil por lo tanto, pero de todas formas la economía el futuro o será verde, o no será. Y eso requiere, en parte, ese difícil regreso a la tierra de los ancestros. ¡Ah, la ciudad también se hace dura!
Un cordial saludo.
Publicar un comentario