jueves, 4 de septiembre de 2008

DE VIOLENCIA, IMPOTENCIA E DESMEMORIA

ABC, portada do 3.09.2008. Eugenio de Azárraga mostra a súa fotografía de alférez provisional na guerra civil española. O home dí: "Se Garzón quer saber qué fago enterrado no Val dos Caídos, que me chame". "Antes de la Guerra, mi ideología eran las chicas y la natación. Nunca fuí franquista, aunque teóricamente soy un caído por Dios y por España. Pero entre Franco y el comunismo opté por el primero, por eliminación, así que me pasé de Valencia, capital de la República, al bando nacional."
A fosa de Alcalá. [Leede o traballo deste mesmo nome]. ¿Investigará Garzón este asunto?


Pontevedra, 4.09.2008

Entrada n. 590 do blog

DE VIOLENCIA, IMPOTENCIA E DESMEMORIA,
por Xesús López Fernández

Non dispoño de tempo material pra me ocupar de cousas que están a acontecer estos días e que afectan tanto á prostitución da política local como á da política estatal. Polo tanto e a modo de breves, vou citar algús temas cos que a política do país se está a enlarafuzar máis e máis. Quero decir tamén que os interesados poden atopar no lateral deste blog información diversa algunhas veces exposta por medio de videos.

O PSOE pode estar a sentir un certo escalofrío no seu espiñazo, ver cómo vai perdendo popularidade. Esa pode sé-la razón principal pola que está a activar certos resortes, pra desacreditare a un PP que tampouco lle toma o pulso á situación, carente de ideas, talvez tamén de honradez. Citemos:

1.- O caso Garzón de querer censar ás víctimas da guerra civil, ós caídos despóis do 17.07.1936, cando se poderían investigar tamén outras cousas, porque a guerra comezou realmente o 14.04.1931. Lembremos que foi inmediato o comezo da queima de igrexas. Lembremos tamén o intento de Largo Caballero de promocionar coa revolución de Asturias, no 1934, o comunismo soviético, e a voladura da Cámara Santa da catedral de Oviedo. Lembremos tamén que Garzón non quixo investiga-lo caso de Paracuellos de Jarama, vivindo como vive o que foi comisario político dos horrores alí levados a cabo. Garzón, daquela, enfadouse incluso coa simple idea de investigar alí, porque todo estaba prescripto coa lei de amnistía do 1977. Así e todo, puntualmente e por medio do ABC, o señor Azcárraga, que aparentemente repousa no Val dos Caídos, resulta que está vivo, mostra unha fotografía súa, de alférez provisional e, categórico, afirma: "Si Garzón quiere saber por qué estoy oficialmente muerto, que me llame". Bo e puntual servicio o do ABC coesta noticia dada o mesmo día no que trascendeu a nova "cruzada" de Garzón. Azcárraga define a actuación de Garzón como "patochada", ó tempo que di que o maxistrado só busca notoriedade. "Como son o único vivo oficialmente enterrado no Val dos Caídos, son o único que pode falar.". Argumento demoledor dende a altura dos seus 92 anos.

1.1. A fosa de Alcalá. Neste blog pode o curioso atopar unha entrada así titulada, unha fosa republicáa, asunto que tampouco foi comenentemente investigado, pra mantere a realidade estordegada e pra que non interferise na campaña electoral. ¿Pra ónde mirou Garzón? "¡Miralá, miralá! / ¡La fosa de Alcalá, / ahí está, / ahí está!", según modificación feita por algún medio da letra da canción que canta Ana Belén, "La Puerta de Alcalá".

2. O "lobby da morte". Din que existe un clamor social pra desa forma promulgar unha lei do aborto, pra que as abortistas poidan interrumpi-lo embarazo, matar ós nasciturus cando lles pete. Sábese que algunhas clínicas abortistas están actuando con total impunidade, cobrando en negro sen que se produzan sanciós, sen que Facenda investigue, sen que o señor Garzón faga desto unha causa digna talvez de mellor defensor. Dun defensor da vida. Por certo, prós nascituros asesinados non queda nen o consolo dunha fosa común. Asignatura difícil pra unha Xusticia rexenerada.

3. Dentro da propia Maxistratura téñense producido declaraciós en contra da idea de Garzón de pescuda-lo nome dos mortos habidos en España dende o 17.07.1936. A Rubalcaba parécelle unha decisión sensata a do maxistrado mentres que Rodríguez Ibarra está en contra. E coido que a maioría da sociedade, a non se-los que viven da política socialista, [como o pai da ministra Aído, a promotora da Lei do Aborto, que acaba de se sobi-los seus ingresos como asesor da Diputación de Cádiz 3000€ ó mes] que ven cómo son de cada volta máis contestados.

4. A Lei de Costas. Mencionaba La Razón de hai tres ou catro días que 200000 familias poden quedarse sen casa no caso de se aplica-la Lei, mentres, en contra precisamente da dita Lei, Pepiño Blanco está a construire un residencial na Illa d´Arousa. Sobre esto poden os interesados atopar información cabal no blog de César Abal, ó que poden acceder por medio do enlace incluído á dereita deste blog.

5. Plan de Acuicultura. Si era inmoral o plan do PP éste d´agora é prácticamente o mesmo. Aquí existe tamén un lobby, o Clúster Internacional da Acuicultura, do que López Veiga foi unha especie de estandarte, e do que Carmen Gallego parece un simple refén. O Plan sigue nas mesmas mans aínda que se queiran aparentar outras formas. Son impotentes pra resolve-los problemas de contaminación que hoxe impiden o marisqueo de a pe ou dende gamela; son impotentes pró cumprimento dos postulados da Carta de Lisboa sobre a defensa do capital natural. Ai, e o Bloque, namorado das prebendas, sumouse ó proiecto. Xa non pode, nunca poido presumir de ecoloxista nada máis que antes os imbéciles e escuros da súa corte.

6. Desemprego. Cada hora que pasa aumenta o número de parados do país en 110. Onte reconocía o ministro Corbacho en El Gato al Agua, programa de debate de Intereconomía, que o servicio de prestaciós de Desemprego pode entrar en déficit.

7. Crisis. A crisis é evidente como queda dito cos apuntes anteriores, pero non se adoutan medias drásticas. Non se trata xa de conxela-la soldada dos altos cargos. É que habería que reduci-los ingresos desos caraduras. E prescindir dalgús ministerios e direcciós xerales, completamente innecesarios. A Política non pode ser unha oficina de colocación de mediocres; á Política teñen que ir os mellores. Malo cando non hai ideas pra sair do caos ou, pra apantalla-la actuación xangal dos parvaxolos que nos gobernan, levanta-la veda do crime dos nasciturus ou ver de nos contar, coa colaboración de Garzón, a guerra doutro xeito, cando aínda estamos pendentes de oir pedir perdón ós causantes do deterioro da vida social na República, do vandalismo rampante, que non esperaban a reacción do 1936 e confiaban que todo podería seguir coa práctica do tiro ó branco, co asesinato de sacerdotes e monxas, coa queima de igrexas, etc. Pero, como ten dito Ricardo la Cierva, media España non se deixou matar pola outra media.

No hay comentarios: