Mostrando entradas con la etiqueta Xibraltar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xibraltar. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de agosto de 2013

XIBRALTAR, TEMA ENCANALLADO

Montoro, en La Razón. A senrazón de Xibraltar pode mesmo estar censada en Sotogrande. Non sería mala cousa depositar bloques con "agullas" na entrada dalgunhas das residencias. Digamos aquí tamén que, mentres Rajoy acababa co seu tempo de vacaciós facendo un paseo-marcha con cen dos seus polas sendas de Ponte Arnelas, cada cinco minutos dese tempo entraba en Xibraltar un camión con rocalla camuflada, pra agrandaren a superficie da colonia. Cando se goberna non hai tempo pra pasear. E lembremos o caso máis grave dos recheos da ría de Pontevedra, un recordatorio constante neste blog.

Pontevedra, 26.08.2013
Entrada n. 1703
Artículo semanal, no Diario de Pontevedra 


Xibraltar, tema encanallado,
por Xesús López Fernández

            Dende que o señor Picardo, que ven sendo o alcalde e non outra cousa da colonia de Xibraltar, tivo a idea de depositar setenta bloques de formigón, con agullas, nas augas da bahía de Alxeciras, o home consigueu diversas cousas, fundamentalmente compromete-la economía das xentes que viven da pesca, profesión esforzada,  naquelas augas sobre as que Xibraltar non ten xurisdicción. Pero a colonia inglesa vive depredadoramente a costa de España, como se o noso país fose realmente a colonia. Resultado, que os residentes na Rocha son, no gran mundo, os terceiros individuos en renta per cápita, anque moitos deles vivan en Sotogrande, onde teño visto amarrados moitísimos iates, todos con folio xibraltareño.  ¿Qué significa éso? Ademáis da deslocalización fiscal que eso poida conlevar, pode que sexa tamén nese enclave de luxo onde disfruten dos peixes e moluscos que os pescadores obteñen na bahía alxecireña.

            Contra a recomendación da ONU Xibraltar sigue sendo colonia e non se aduviña o momento no que España poida recupera-la soberanía daquela praza prá que o señor Picardo parece ter un plan de crecemento, expansionista cara o Levante. Daí os recheos que, con area do sistema dunar tarifeño, e con rocalla, estea a ocupar, polo este, un mar que non lle pertence. ¿Pero pra ónde estaba mirando o Goberno español? Interquinencias prás xentes, inspecciós, na fronteira coa colonia inglesa. ¿Pero cómo se explica que cada cinco minutos estivera entrando un camión de gran porte pra acrecenta-los recheos, alonga-los espigós nos que están a delimitare o que xa lle chaman “Eastern Bay” ou “Catalan Bay”, tamén “Sandy Bay”, espacio de gran valor ecolóxico? 

            Dentro das vergonzas que van aflorando, como que a denuncia do tránsito de area e pedras dend´o concello de Tarifa foi obra dunha agrupación ecoloxista, Verdemar-Ecoloxistas en Acción, asunto no que vai entrare o Fiscal Xeral do Estado; que un ministro do actual Goberno está presente no accionariado dunha das empresas de “bunkering”, das gasolineiras flotantes, un peligro, que surten ós barcos en ruta; que o Goberno non interrumpeu o tránsito de area e pedras ata o 24.08; antr´esas vergonzas, digo, sí hai reacciós positivas por parte da sociedade española: a movilización da flota alxecireña; a actuación de dous buceadores profesionales, Álvaro Cuadras e Vicente Javier Jiménez, que se solagaron acompañados dun equipo de televisión pra fotografiaren e filma-los famosos bloques, onde deixaron unha bandeira española, símbolo da súa “conquista”. Chamoume a atención ver cómo un deles afundía a man na area do fondo e sacaba nela, pareceume, abundancia de coquinas e ameixas, seguramente as que máis tarde degustan os ricos de Sotogrande/Xibraltar.

            Hai unha certa preocupación antr´os mariñeiros alxecireños, mermada a súa pesca nun 70%. Pero non están sóos. Os mariñeiros d´A Coruña xa contactaron coeles e brindáronlle a posibilidade de presentárense no mar de Alxeciras con 400 barcos. Ése é o tipo de reacción que se está a producire contra as actuaciós piratas de Xibraltar. Unha reacción da marca España que reside nos cidadáns antes que no propio Goberno ó que lle levan colado non poucos goles dende que Moratinos, o que fora ministro “excelso” de Exteriores con ZP, se fotografiou en Xibraltar. Un dos “éxitos” da súa diplomacia foi o de establecer unha mesa a tres –España, Gran Bretaña e Xibraltar— pra tratare os asuntos da colonia. Unha vergonza, algo que debe ser tratado exclusivamente antre os dous países soberáns. E a soberanía española, cando Xibraltar xa non ten valor como base, é algo que España debe reclamar insistentemente, ó mellor intermediada por don Juan Carlos coa súa parente a reina de Inglaterra. Picardo debe retira-los bloques e os recheos. E o Goberno español actuar e que se vexa, que neste como noutros asuntos parece leva tempo ausente.   

sábado, 17 de agosto de 2013

XIBRALTAR E A RÍA DE PONTEVEDRA

Foto do Peñón, no ano 2010. Pola zona da esquerda da foto, Xibraltar tenta "facer" unha superficie sobre augas españolas, prá creación dun complexo de luxo: turismo, ocio, amarre de barcos, etc.. O Goberno español di que Xibraltar xa está vendendo ese futuro espacio a razón de 4000 euros por metro cuadrado. ¿Pero, coño, Rajoy, que agora fala de medio ambiente, terá un conocemento real de cómo se fixeron e pra quen os recheos do Porto de Marín, sentenciados? Podemos supoñer que algún dos seus amigos debe estar moi imposto, enterado da trama aquí existente prá que agardamos que algún día se abra a vía penal. Os piratas de Xibraltar, como os de Pontevedra, non poden quedar impunes. Aínda que sexan amigos dos amigos de Rajoy.

Pontevedra, 18.08.2013
Entrada n. 1699 do blog
Artículo publicado en Pontevedra Viva, 10.08.2013

XIBRALTAR E A RÍA DE PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández


domingo, 11 de agosto de 2013

RAJOY FALA DE MEDIO AMBIENTE

 Peñón de Xibraltar. Foto propia, ano 2010.
 A frase lapidaria de Caín neste chiste de La Razón do 10.08 está asumida no texto do artículo presentado nesta entrada. Os militantes accionistas poden mesmo explicar moitos dos disparates que se levan feito en materia medioambiental e o poder inxustificado dos clústers.
Outro agasallo de Caín en La Razón. Unha militante que de cada volta cree menos no seu partido e máis nas súas estructuras. 

Pontevedra, 12.08.2013
Entrada n. 1696 do blog
Artículo semanal pró Diario de Pontevedra

Rajoy fala de medio ambiente,
por Xesús López Fernández

            O asunto de Xibraltar, a decisión unilateral do goberno da colonia británica de facere unha sementeira procaz de grandes bloques de formigón con “agullas” pra  dificultare a pesca na bahía de Alxeciras, obriga ó Goberno español a tomar unha serie de decisiós: control do movemento transfronteirizo, o que trae consigo unha  ralentización do tránsito con demoras insufribles de dúas ou tres horas; tamén o establecemento dun trabuco de 50 euros polo simple feito de pasa-la fronteira en calquera dos dous sentidos. Deste imposto estarían exénto-los traballadores que acotío cruzan a línea fronteiriza por razós de tipo laboral.  Tanto na Línea de la Concepción como en Alxeciras están moi preocupados porque peligra o seu medio de vida. Precisamente esa tasa de 50 euros anúnciana como medio prá creación dun fondo de axuda prós pescadores daquel mar.

             O presidente Rajoy, que analizou o conflicto, non dubidou en xulgare esta bárbara actuación das autoridades de Xibraltar de guindar, de botare ó mar 70 bloques de formigón, como “atentado evidente contra o medio ambiente”, que perxudica notablemente ós mariñeiros da Bahía de Alxeciras, algo que se suma a outras decisiós tamén adoutadas unilateralmente polas autoridades da colonia británica, antre elas a de abandona-lo acordo de pesca do 1999. Agrádame que Rajoy fale, ¡á fin!, de medio ambiente, sensibilidade da que non lle sabiamos cando aquí, en Pontevedra, vivimos unha situación talvez irreversible en materia ecolóxica porque a Administración fixo unha contínua deixadeza dos seus deberes. Sí que é certo que o TS ten dictado unha serie de sentencias que non se dan executado polos atrancos postos polos mandiños locales, que parecen estare a cuestiona-lo que son sentencias firmes: ferrocarril d´Os Praceres, os recheos do Porto de Marín (a demencial creación alí dun polígono industrial), a edar d´Os Praceres, a concesión de Ence, etc.

            Lembrémonos de cándo, hai cousa de varios meses, nos visitou unha comisión de eurodiputados. É curioso que sexan dúas mulleres, Angelika Werthmann, liberal austríaca, e Tatjana Zdanoka, ecoloxista estona, as que teñan recomendado, no documento por elas presentado, que as autoridades rexionales e locales traballen activamente coa comunidade civil pra aseguraren o respeto ó medio ambiente nas rías (¿Pero é que non prevé eso a Axenda21Local, que no caso do PXOM pontevedrés parece non existir?). Incluso o xefe da Comisión, o francés Boullard, ten criticado a “mala actitude” dos eurodiputados pra acadaren consensos. Sen entrare aquí en nomes, lembremos que aquela comisión que nos visitou  nos primeiros meses do ano, non veu á ría de Pontevedra, posiblemente a máis desgraciada pola serie de actuaciós contra natura nela consumadas e presuntamente consentidas, esquecida a gran Lei de Costas do 1988 que contemplaba a costa como espacio finito. Aínda vai ter razón Caín, o humorista de La Razón, que nun chiste do 10.08 formulaba esta afirmación: “Os partidos políticos do futuro non terán militantes, senón accionistas”. Coido que xa.

            No caso pontevedrés, vista a inacción da clase política no tema ambiental, cabe formularse non poucas perguntas. Rajoy faría ben en estudiare polo miúdo un cobizoso plan de rexeneración do litoral todo desta ría, que debera ser tamén a súa. Pero mal van as cousas: Se Xibraltar quer crecere a base de recheos, aquí tense chegado á loucura á hora de acabar con espacios sensibles: xunqueiras, marismas de Lourizán, os recheos portuarios de Marín prá absurda idea de facer aí un polígono industrial á par que se redondeaba a ruína dun espacio ecolóxicamente privilexiado e se convertía en lucro cesante o sustento dunha serie de familias, tendo sido estimado que, nalgún momento, eran cinco mil as que vivían da súa riqueza primaria: ameixas, croques, ostras, sardiñas, robalizas, etc. Aquí Rajoy teríao máis fácil que en Xibraltar, que xa están dictadas algunhas das precisas sentencias. En Xibraltar téno máis difícil, que haberá que incoa-lo oportuno procedemento ante o tribunal da ONU.