Mostrando entradas con la etiqueta Rajoy. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rajoy. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de octubre de 2013

FUKUSHIMA E LOURIZÁN-PRACERES

Fotografía do diario La Razón, que ilustra a noticia da visita de Rajoy a Fukushima, famosa polo gran problema surxido coa súa central nuclear.

Pontevedra, 3.10.2013
Entrada n.1710 do blog


FUKUSHIMA E LOURIZÁN-PRACERES,
por Xesús López Fernández

A noticia da visita oficial de Rajoy a Fukushima está en tódo-los medios. Ben está estableceren  un certo diálogo de solidariedade co país nipón, que novamente sofre os efectos da radioactividade. según ilustra La Razón en Da visita de Rajoy a Fukushima. E ó pe da noticia, diversas opiniós, antre as que figura a miña que entendo que o drama da nosa ría, no que parece que Rajoy non repara, se tivese máis resonancia, tería que se ter traducido nun premio Príncipe de Asturias prós colectivos que, por vía da acción popular, teñen acadado sentencias firmes do TS. Polo menos, seguro, pró colectivo das xentes da parroquia mártir de Lourizán-Praceres, agredidas, como a ría toda, dend´o ano 1963. Por grandeza ou por dignidade, se a Rajoy se lle ocurre aplica-lo seu propio discurso de rexeneración, aquí o estamos esperando. Non deixa de ser unha vergonza que, pontevedrés de adoución, non se ocupe da salvación da ría de Pontevedra e dos seus veciños agredidos. Sigue o enlace deixado por min ó pé da nova de La Razón: 

"Rajoy tiene una asignatura pendiente en Pontevedra, ría contaminada con el consentimiento continuo de los partidos sometidos a los clústers.
¿Por qué Rajoy no visita la parroquia mártir de Lourizán-Placeres y garantiza a esas gentes la ejecución de las sentencias firmes del TS de las que todos los partidos se burlan?
¡Pero si la parroquia mártir de Lourizán-Placeres merecería el premio Príncipe de Asturias si su caso fuese más conocido!
Es aquí donde Rajoy tiene su discurso capado, aunque haga alardes de japonés en Fukushima."



sábado, 17 de agosto de 2013

XIBRALTAR E A RÍA DE PONTEVEDRA

Foto do Peñón, no ano 2010. Pola zona da esquerda da foto, Xibraltar tenta "facer" unha superficie sobre augas españolas, prá creación dun complexo de luxo: turismo, ocio, amarre de barcos, etc.. O Goberno español di que Xibraltar xa está vendendo ese futuro espacio a razón de 4000 euros por metro cuadrado. ¿Pero, coño, Rajoy, que agora fala de medio ambiente, terá un conocemento real de cómo se fixeron e pra quen os recheos do Porto de Marín, sentenciados? Podemos supoñer que algún dos seus amigos debe estar moi imposto, enterado da trama aquí existente prá que agardamos que algún día se abra a vía penal. Os piratas de Xibraltar, como os de Pontevedra, non poden quedar impunes. Aínda que sexan amigos dos amigos de Rajoy.

Pontevedra, 18.08.2013
Entrada n. 1699 do blog
Artículo publicado en Pontevedra Viva, 10.08.2013

XIBRALTAR E A RÍA DE PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández


jueves, 14 de mayo de 2009

HUMOR NEGRO DO DÍA

Zapatero, no debate sobre o estado da Nación botoulle a culpa dos males a Aznar. Por eso houbo que lle votar a el pra que fixese as cousas peor que nadie. Chiste de Mingote, no ABC do 14.05.2009.
Outro dos grandes problemas do país é a Xusticia, que nen con superxueces vai. Como ZP, prometedor compulsivo de novos paraísos, ofreceulle ós nenos, pró próximo curso, ordeadores portátiles, martínmorales bríndalles ós maxistrados unha boa idea: que se vistan de nenos pra ver de mellora-la informatización dos xusgados e qu´os casos non se aparquen sen resolvelos. Chiste do ABC d´hoxe.

Pontevedra, 14.05.2009
-
Entrada n. 947 do blog

HUMOR NEGRO DO DÍA,
por Xesús López Fernández
-
O debate da nación que non foi, a retesía polo tema do idioma galego que morre a consecuencia das normas alóglotas qu´o señor Barreiro e a súa Academia queren impoñeren coactivamente, prestaríanse a diversos comentarios humorísticos.
-
Deixo aquí, a modo de comentario, apresentádo-los chistes dos humoristas do ABC. Introduzo ó mesmo tempo un traballo de Ignacio Camacho, cáustico, corrosivo, sobre o debate. Do tema do idioma galego pasaremos neste post
-
El Funámbulo,
por Ignacio Camacho, ABC, 14.05.2009
-
EN una opinión pública forjada a base de percepciones simples, toda la complejidad de un debate parlamentario se condensa en concepto competitivo, esquemático, de quién gana y quién pierde. Por eso las pléyades de asesores, portavoces y demás séquito de la fontanería política se precipitan tras cada confrontación a proclamar vencedor a su líder en un intento -a menudo eficaz- de anticiparse con su presión al veredicto de una observación independiente. Pero el éxito o el fracaso de un debate no se mide sólo por el resultado inmediato del cruce dialéctico, sino que necesita el análisis de las expectativas previas con que cada cual acude al duelo. En ese sentido relativo todo depende de cómo se entra y cómo se sale.
-
Las dos grandes frases del martes fueron de Rajoy: «El estado de la nación es éste: cuatro millones de parados» y «usted ha dado la puntilla a las clases medias». El líder del PP dominó las réplicas y fue superior en los argumentos y en las razones. Su diagnóstico resultó más exacto y más certero. Y sin embargo, la sensación de fondo es que se le escapó el conjunto del debate. Que dejó sin rematar a su adversario cuando éste le cambió el marco con su discurso trufado de sorpresas embaucadoras. Que Zapatero logró que, en vez del escalofriante desempleo y el desplome social, el eje de la discusión pública acabase determinado por sus banales propuestas, y que evitó el vapuleo que le esperaba con trucos de distracción y hábiles evasivas tácticas.
-
Ello es así porque el presidente entró al Congreso en unas condiciones imposibles. Con cuatro millones de parados ningún gobernante puede salir vivo y ningún líder de la oposición puede permitirle un resquicio de escapatoria. Todo eso sucedió, empero; Rajoy endilgó un primer discurso ortopédico y llegó tarde y descolocado al cuerpo a cuerpo. Incluso la victoria a los puntos era un éxito corto, cicatero, ante un gobernante que tenía que haber abandonado la sesión hecho unos zorros, listo para el descabello y el arrastre. Y se fue eufórico porque sabía que le valía cualquier balance que no fuese una paliza.
-
Objetivamente, Zapatero se quedó solo en su autismo malabarista, repudiado por una oposición que no le hizo en conjunto una sola concesión de benevolencia. Cabreó a las clases medias a las que va a suprimir la desgravación de las hipotecas, ofendió a los desempleados al eludir su drama y decepcionó a los empresarios sin ofrecer reformas socioeconómicas de fondo. Presentó un discurso para mileuristas, un programa de demagogia populista de corto plazo, con su clásico recurso a las dádivas, subvenciones y regalos. Pero cumplió su principal objetivo, que era esquivar una tunda terminal. Y aunque carece de credibilidad y de criterio para gobernar, es un funámbulo del poder dispuesto a cualquier cosa con tal de seguir haciendo equilibrios en el alambre.

miércoles, 13 de mayo de 2009

DEBATE DA NACIÓN

Din algús que ZP saeu vencedor do debate; outros que foi Rajoy. Outros, os que parecen máis certeiros, que non houbo debate.
-
Pontevedra, 13.05.2009
-
Entrada n. 945 do blog
-
DEBATE DA NACIÓN,
por Xesús López Fernández
-
Onte seguín parte do debate, que foi só sobre economía porque non houbo un verdadeiro debate. Sí ofertas compulsivas de agasallos: computadoras portátiles prós nenos, coches prós papás. Pero non sendo o dito por Durán i Lleida, que chegou falar de moción de censura, houbo demasiados silencios, por se ter producido, presuntamente, un intercambio de cromos antre Goberno e oposición.
-
Non se falou de corrupción, do caso Gürtell nen de Bermejo, da cacería gratis total, do papel da Xusticia ou da Policía á que lle rouban unha partida de cocaína, da defensa da Vida, da masacre do 11M que mostra novas feridas.
-
Finalmente, parece que no canto de cambia-lo sistema de goberno e as grandes políticas, estamos cedellando nun sistema de pensamento único qu´o PP aspira a herdar, non a cambiare.
-
Ref. Catro millós de parados sobre a mesa. El Confidencial. (enlace)

miércoles, 11 de junio de 2008

ZP, NA CONTA ATRÁS [11.06.2008]

Manuel Pizarro, o experto economista que entrou no PP pra traballar con pico e pá; que parecía estar aparcado por Rajoy, resulta que está traballando firme, como o demostra o feito de que, aínda tendo asinado 200 perguntas en mancomún con outros diputados populares, desta volta é noticia por ter persentado outras 50, asinadas por el en exclusiva, relacionadas con asuntos da Comunidade de Madrid presidida por Esperanza Aguirre, que conta con el como colaborador. Se no debate con Solbes estivo máis certeiro, agora está claro que o vicepresidente de Economía de ZP estaba a contar mentiras. Tal como se pon o panorama, as trolas van ter pró seu partido un acedo resultado. Pizarro precisa, certamente, dunha maior independencia porque pode opinar, sobre economía, con máis autoridade e rotundidade que Solbes. E que Rajoy, por suposto.

Pontevedra, 11.06.2008

Entrada n . 508 do blog

ZP, na conta atrás,
por Xesús López Fernández

Introduzo estas anotaciós inspirado na crónica que hoxe publica José María Carrascal no ABC.

Dí o cronista que Zapatero tiña solución pra todo, e algús creérono e votárono. Así, o de ETA resolvíase con negociaciós. O do nacionalismo, con novos estatutos. O da inmigración, legalizando ós ilegales. O do choque de civilizaciós coa famosa alianza promovida por ZP, ó tempo que a cruzada de laicidade.

Así daba gusto. España era Jauja, envidia do mundo mundial. Sería cousa de pouco tempo, ou eso pensaban, a chegada de expertos extranxeiros de todas partes pra conoceren as nosas recetas.

Pero veu o tío Paco e non coas rebaixas, senón coa sobida, porque o tío Paco é o petróleo. E os altos intereses e o paro ascendente, e os automóviles inmóviles, e os pesqueiros amarrados, e o ladrillo que non se move, e as tasas de crecemento máis baixas da UE. Todo consecuencia da imprevisión, do diletantismo, a semántica e o autismo do noso presidente, que desta volta aínda non reconoceu que estamos en crisis.

Dentro de pouco teremos ocasión de llo lembra-los españoles todos, salvo os que vivan da política, con palabras fortes por ser causante dos males que nos están a caere enriba. E non toda a razón vai ser dos que agora denuncian, ós que haberá que lles perguntar a quén votaron o 9 de marzo do 2008. Tanto ós transportistas en folga como ós armadores que amarran os seus barcos nos portos, ou ás estaciós de servicio e supermercados, e ós que queiran protestar, que han ser bastantes máis.

ZP terá de se adaptar á realidade, pero xa sabemos que ésta, a realidade, é de dereitas. De todas formas podemos decir que Rajoy tivo sorte ó non gaña-las elecciós, porque o paquete-bomba do conflicto socioeconómico que está en marcha estaba xa armado antes das elecciós, i el non merecía ese premio.

Ó mellor, pra que o PP poida gañar unhas elecciós, terán que se pudrir máis as cousas. E o PP cambiar de líder. ¿Quén se lembra de Manuel Pizarro, o número dous do PP por Madrid? Pois hai que lembrarse, claro que sí, porque si foi cofirmante con outras xentes do partido dunhas 200 perguntas feitas ó Goberno, agora acaba de asinar en solitario outro paquete de 50, referidas todas elas a asuntos da Comunidade de Madrid. Ou sexa que o home está a traballar, aínda que a Rajoy poida non lle gustar. Pizarro, puntual e traballador, non perde unha sesión parlamentaria pra exemplo de todos e procurou estar á marxe do cisma que parece estar vivindo o partido da gaivota, escaso de democracia. Rajoy, no seu día nomeado sucesor polo dedo de Aznar, volveu perde-las elecciós deste ano. E resulta increíble que se teña que convocar un congreso no que vai ter, como contrincante, a sí mesmo, pra dese xeito verse máis lexitimado democráticamente.

domingo, 10 de febrero de 2008

DEBATES DA CAMPAÑA [11.02.2008]

Xentes da plataforma PAZ, ensaiando coas cellas luciferinas, como se fosen unha representación do Demo máis que de ZP. Algús destes artistas foron xentes do "franquismo". Agora, como dixo Rajoy, queren vivir a costa do canon dixital aprobado, en contra do Senado, polo Réxime zapaterista.

Pontevedra, 11.02.2008

Entrada n. 433 do blog. Traballo semanal remitido a varios medios. Poderíame ter extendido máis no estudio do debate, de cómo Iñaki Gabilondo aparecía por momentos demudado, coa adrenalina marcándolle os "tempos". É certo que máis que como periodista actuou como voceiro do PSOE, que de momento, nos mítines, non ofrece máis que insultos e mensaxes alabaradas. Incluso, tristemente, aparece agora apoiado polos que sempre se definiron como anti-Réxime pero que, curiosamente, están fidelizados polo PSOE, como en tempos estiveron fidelizados polo franquismo. Son os que forman a plataforma de axuda a Zapatero, PAZ, que se están fotografiando marcando as cellas cos dedos, imitando as luciferinas de Zapatero. Mellor, tatuadas ou a modo de pegatinas sobrepostas.

Debates da campaña [11.02.2008]

por Xesús López Fernádez

En Política pode ser difícil decantar, expoñer de forma coherente nun programa que vai dos grandes temas, a posible solución a problemas de carácter local que, se perduran, é porque as distintas Administraciós e grupos políticos non estiveron, nen están, pola reposición da legalidade, algo que case sempre teñen que denuncia-los diversos colectivos cidadáns. Enténdese que os problemas de índole local queden esvaídos, citados ó mellor nalgún simple anuncio ou visita de emisarios como asuntos, agora sí, de tratamento preferente. Non sei por qué andan algús a liquidaren a case nula credibilidade ecoloxista da que podían dispór, prometendo máis infraestructuras, máis agresiós ó patrimonio común, ou a aplicación de baremos socioeconómicos que nada teñen que ver coa restauración do capital social perdido a consecuencia do traballo mal feito. Refírome a asuntos como o de certas actuaciós urbanísticas, o arraso da beiramar, o saneamento que non é tal, cando a recuperación medioambiental, a restauración do capital natural e a loita do cambio climático terían de ser temas estrela nestas elecciós, tratados con dignidade.

Que Mariano Rajoy teña prometido a prantación de cincocentos millós de árbores pode ser bo; pero deberá aclararnos qué árbores, se os que poden cumprir unha función restauradora do clima, dos acuíferos e da paisaxe, ó tempo que crear unha riqueza certa, que non o monocultivo arrasador que acabou coa identidade desta terra galega i, en parte, coa riqueza agrogandeira do país. Teríame agradado que no debate, porque foi un debate máis que unha entrevista, que mantivo con Iñaki Gabilondo o pasado Xoves 7, na Cuatro, lle tivesen prantexado cuestiós que estiveron prácticamente ausentes no diálogo, que non certos “grandes temas”: España, gran país que pode ser moito mellor; Política terrorista: que si o PP como goberno cumpreu co PSOE cando éste era oposición; que, co PP, ETA estaba fóra das instituciós; que si a doutrina contra o terrorismo é a do pacto do ano 2000.

Algunhas das perguntas parecían dardos, en temas como o da inmigración, prá que Rajoy propón facela máis selectiva, condicionada a un contrato de integración, clara censura ó efecto chamada da regularización masiva anterior, que representou unha carga pró país doutro millón douscentos mil inmigrantes irrregulares. Tema premiosamente tratado, asegurou Rajoy que o contrato do que falaba existe xa en Europa e que España leva recibido máis xente extranxeira que Alemania, Francia e Reino Unido xuntos, nos últimos tempos. Tema de urxente tratamento pra evitare futuros problemas serios. Tamén negou Rajoy que ZP fixera grandes cousas en Economía, na que Solbes decía agotado. Con humor galaico dixo que a ZP preocupáranlle máis a memoria histórica e Franco. Pero a Economía está globalizada e China ou a India están crecendo a razón do 10%. A Economía é como os vellos relós de corda, que llo tiña comentado a ZP, avisado de que o reló vai parar.

Non faltou no debate o tema dos bispos, o consello dado ós católicos, ou a afirmación de Gasco de que a laicidade conduce á fin da democracia. Foi o momento no que Rajoy dixo “Pregúnteselo a ZP”. Pideu tolerancia, porque el, católico, non se enfadaba polo feito de que a Xunta Islámica pedira o voto pró PSOE e IU. O home, incisivo, mostrouse disposto a debatir. Dúas veces, mellor tres. Iñaki decía máis tenso. E cara á fin da conversa, lembrou que coa Transición establecérase unha pausa, en relación coa guerra civil, pra afronta-lo futuro i esquecer rencores; que, nese sentido, tanto Suarez como Calvo Sotelo, Felipe González ou José María Aznar fixeran honor a ese acordo. Porque en tóda-las familias, por parte de pai ou de nai, hai memoria de dolores. ¿Por qué reabri-las feridas? Mellor que debatan sobre Economía, creación de riqueza e, sí, de inmigración. Sereamente, como agora parece está a facer Sarkozy en relación cos guetos existentes en Francia. E que falen, sen mentir, sobre Ecoloxía.

viernes, 18 de enero de 2008

MANUEL PIZARRO FICHA POLO PP [18.01.2008]

Manuel Pizarro, turolense, aire fresco pró PP. A ver se o PSOE tamén se refresca con algo máis que discursos e descalificaciós.


Pontevedra, 18.01.2008

MANUEL PIZARRO FICHA POLO PP

Entrada n. 409 do blog. A campaña electoral comeza a tomar pulo. Noticias como a de que Gallardón non vai ir como número dous do PP ou a indefinición de Rajoy en resolve-la crisis, están sendo examinadas con lupa por moitos españoles, especialmente pola oposición, que valora o afastamento de Gallardón como negativo, como se o alcalde de Madrid fose un deles. Hai algo aquí que parece non ter moito sentido. Se, por outra banda, o presidente do PP acaba de presentar como segundo da lista por Madrid a Manuel Pizarro, eso parece ter acendido certas alarmas no PSOE que acaba de conecta-lo molinete da merda, o ventallo das inxurias contra o ex-presidente de Endesa, daquela o gran triunfador.

Acusan a Pizarro de tabeirón. Fernández de la Vega táchao de indecente. E o simplón de Solbes ven de retalo a un debate pra que o home matice algunhas das cousas que dixo dende o primeiro momento, coido que todas cargadas de sentido común e nunha lingoaxe que todos entendemos: que si o diñeiro non ten mellor sitio onde estar que no peto dos contribuíntes e moitas outras cousas sobre o endebedamento do país e a recesión económica que todos notamos na economía familiar, e na que non creemos teña nada que ve-la propina á hora de toma-lo café, unha das paridas de Solbes, ou que a caída libre se poida correxir consumindo coello, como chegou decir Zapatero. .

Se Pizarro foi triunfador na Opa contra Endesa promovida polo Goberno, Caixa Catalana e outros intereses, non hai dúbida que xa daquela estivo traballando prá economía española. Que por outra banda teña fichado polo PP pra dende o primeiro momento té-lo carnet na man e suda-la camiseta é algo que o honra e que deixa aparcado inequívocamente o calificativo de inependente como moitos que, dende o sector privado, entran en política.

A min sorprendeume gratamente esta mañá cando oín a súa interveníón en Onda Cero. Palabras precisas, nada da lingoaxe en términos de macro ou microeconomía, da forma ampulosa de cobrir un discurso balainzo, sen contido. Se por outra banda é certo que é un defensor do medio ambiente, será bó que imparta cátedra dende xa antre as xentes do seu partido, que aínda non teñen a asignatura aprendida. E o que vale pró PP vale tamén pró PSOE, herdeiro na nosa terra de moitos dos disparates comezados na era Fraga. Se por herdar herdaron o mausoleo de Monte Gaiás. E O Plan Sectorial das Piscifactorias, que non quixeron derogar, senón facer un novo como modificación do de López Veiga. Vergonza.

Pero volvamos a Pizarro, do que iremos tendo un dibuxo máis completo nos próximos días, á parte de que o home abandona a empresa privada pra loitar por lle devolver ó país algo de sentido común, si se pode decir dese xeito, cando estamos inmersos nun caos do que nada bo vai sair, porque na folla de ruta do PSOE parece que priman cousas, no seu programa, como: Observatorio da Laicidad, Nova Lei do aborto, mesmo a súa apoloxía apoiada por feministas que din ter abortado, por certo que sen perde-lo sorriso, a ledicia de vivir, ou a non promesa de Pacto Antiterrorista.

Pero o nomeamento de Pizarro sacounos, de certo que sí, de quicio, e así Pepe Blanco permiteuse unha serie de calificativos, que haberá que matizar en base a un comentario de Gabriel Albiac en La Razón do 16.01.2008. Pizarro provén de fóra da horda, non é da casta dos políticos, que nun país dominado polas hordas parece un miragre. Pero Albiac matiza que precisamente José Blanco pode ser considerado o modelo canónico dos políticos: nengún estudio acabado, nengún saber conocido, nengunha maestría artesanal, e unha incapacidade pra xuntar palabras acordes a morfoloxía e sintaxis que dá síntoma dunha vida mental fácilmente definible... E inda engade: Prós novos "joseblancos" de tódo-los partidos españoles, a alternativa é nítida: ou a opulencia do coche oficial e o negocio célere, ou a man tendida á caridade nun recanto dos túneles do Metro. A política ten que facer servos ben mantidos dos seus profesionales, como principio de cautela do que manda. En España fai escravos. Opulentos. E obscenos.

O traballo de Albiac dá moito máis de sí. Pero, en fin, o que queda claro é que Manuel Pizarro pode xogar un bo papel. Que o PP aproveite o seu maxisterio pode representa-lo éxito nas elecciós do próximo 9-M. En caso contrario, vaino ter moi difícil.