

-
Pontevedra, 12.02.2010
-
Entrada n. 1161 do blog
-
XUBILEO DOS ENFERMOS,
por Xesús López Fernández
-
Resultou un acto entrañable, perfecto de organización, cunha primeira presentación, feita dend´o compromiso e a entrega cotiá ós enfermos, a cargo da delegada de Pastoral da Saúde, Dolores Platas, que na súa alocución manifestou estar alí pra lle pedir ó Apóstolo moita forza. Foi como unha especie de introito, preámbulo a unha celebración feita dende o amor e a esperanza.
-
Despois do Evanxelio, Pilar Farjas, conselleira de Sanidade, fixo unha alocución con palabras que parecen as xustas cando nacen da fe e do compromiso cristiáns, sendo ela unha muller claramente comprometida a prol dos enfermos, según me aseguraron algús amigos d´A Coruña, amigos dende unha peregrinaxe a Roma, cos que volvín coincidir na nosa catedral.
-
A continuación seguiría a homilía de don Julián, sempre claro, didáctico, próximo. Especialmente emotiva a unción dos enfermos por el anunciada: Moitos deles parapléxicos. A este respecto hai que ter en conta que, soamente do Asilo de Pontevedra, acodiron noventa enfermos, concitados alí con xentes chegadas d´A Coruña, o Ferrol, Mondoñedo, etc.
-
Tiven ocasión de saudar a don Julián, sempre tan cercano, que parece nunca ter presa. Pasaran xa algús meses dend´os nosos anteriores encontros, en Caná de Galilea, en Nazaret, Xericó, tamén en Xerusalén, con motivo dunha peregrinación a Terra Santa, o pasado mes de Xullo, á que lle dediquei diversas crónicas incluídas neste blog.
.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario