martes, 25 de agosto de 2009

CORBACHO CULPA Á BANCA

Celestino Corbacho, ministro de Traballo.
-
Pontevedra, 25.08.2009
-
Entrada n. 1035 do blog
-
CORBACHO CULPA Á BANCA,
por Xesús López Fernández
-
O ministro de Traballo culpa á cobiza da Banca da crisis do ladrillo. Pode ter razón naqueles casos nos que a Banca, abandonando a súa función comercial e social, de recaudar fondos pra contas diversas, correntes, de aforro, a prazo fixo, pra logo redistribuílos, coas debidas garantías, por medio de crétos, xa de tipo persoal ou hipotecario; digo que pode ter razón cando a Banca exerceu, sen o capital propio necesario, como Banca de negocios, especulando coas terras, coa súa recalificación, coas plusvalías vinculadas a unha economía inflacionista resultado da xestión política i económica do mal goberno que padece o país, anque aí xa estaría, como gran culpable, o Goberno, por non exerceren os seus responsables de controladores dos desvíos e corrupciós habidos.
-
Moito do que queda dito, sobre todo no eido recalificatorio, ten como gran culpable á casta política parasitaria, que tería que ter evitado moitos dos abusos producidos, en particular aqueles que comprometen o noso litoral, o noso medio ambiente, incluso as urbes como modelos de convivencia. ¡Cánto non se leva construído, impensable sen a existencia de sobornos e presuntas "mordidas"!. Poderiamos citar exemplos diversos, pero abonda co dito. Cada quén que mire no seu entorno, que repare na progresión da riqueza de moitos homes públicos, incluso de pequenos homes ligados á cousa local, ó traballo de deconstrucción sistemática de economías estables. Siguen varios enlaces relacionados coa afirmación do ministro, que coas súas palabras intenta "apantallar", en parte, diríase, a existencia dunha corrupción xeneralizada; a existencia, en suma e con palabras de Enrique de Diego que tomo prestadas, da casta parasitaria que afoga e arruína ó país.
-

No hay comentarios: