Vista parcial do Muro das Lamentaciós, o 13.07.2009
Mezquita de al-Aqsa.
Ó fondo, a mezquita de Omar ou Domo da Rocha.
Mezquita de Omar i edículos do entorno.
A igrexa de Santa Ana.
Convento do Ecce Homo, das irmás da Nosa Señora de Sión.
Facendo o vía crucis. Estación 6.
Facendo o vía crucis. Estación 5, a do Cireneo. Vía crucis e zoco interfírense.
Patriarcado da igrexa oriental copta ortodoxa, na estación 9.
Entrada na Basílica.
Interior da Basílica.
Basílica. Vista interior xeral.
Xesús é cravado na cruz.
A crucifixión, representada na Basílica.
Outra vista interior da Basílica.
O lugar dend´o que, según a tradición, a Virxe contemplou a crucifixión do seu Fillo.
Esta foto corresponde a unha igrexa armenia situada no entorno da Basílica, en honor a Santiago. A mesma igrexa armenia.
Pasamos á igrexa de Santa Ana, templo cruzado construído en honor de Santa Ana, a nai da Virxe. A tradición di que alí viviron San Xoaquín e Santa Ana, os país de María. Na cripta do santuario sitúase o nacemento da Virxe. E dende un lateral da igrexa aprécianse as ruínas da piscina de Betesda, onde Xesús fixo unha demostración do seu poderío curando a un home que levaba 38 anos paralítico: “¡Levántate, toma a túa padiola e vaite..!”. Así curaba Xesús. Nas excavaciós efectuadas recentemente polos Padres Brancos quedou comprobado que a piscina medía 120 metros de longo, por 70 de ancho e oito de fondo. O templo tivo tamén un pasado como escola coránica. E, da man do noso guía, fomos pasando ós lugares onde se supón foi xusgado Xesús ante Pilato, e flaxelado, no entorno da chamada Fortaleza Antonia, totalmente destruída por Tito no ano 70. Na zona Oeste foi localizado un enorme enlousado, o litóstrotos ó que fai referencia o evanxelista Xohán.
Hoxe existen alí unha escola musulmáa e un mosteiro franciscán e o convento das Irmás de Sión, fundación dun xudeo converso, o Padre Afonso Ratisbone, prá colaboración na conversión doutros xudeos. E do seu lado o arco do Ecce Homo. Dende logo, nada ten que ve-lo aspecto que hoxe mostran os santos lugares coa drescripción evanxélica. O vía crucis que fixemos ese día transcurreu ó longo dun espacio urbanizado, a Vía Dolorosa, que arranca dende o patio de la Madrasah no que se sitúa a condenación de Xesús. Ornada a vía por diversas capeliñas, cruzada tamén de zoco árabe (ou alarbio), presenta a sorpresa de que no lugar da estación n. 9, a da terceira caída, na capela de Santa Elena, ten residencia o patriarcado copto ortodoxo, o convento de San Antonio, dende o ano 325 despois de Cristo, que está situado, en parte elevada, detrás do ábside da Basílica do Santo Sepulcro, Calvario e Resurrección. As cinco últimas estaciós están xa integradas no que hoxe é a Basílica: 10. Xesús, despoxado das vestiduras; 11, Cravado na Cruz; 12, Morre na Cruz; 13, É baixado da cruz e posto nos brazos da súa Nai; 14; É sepultado.
A crucifixión de Xesús tivo lugar fóra das murallas, perto da cidade según San Xohán. “Había un horto e un sepulcro novo onde nadie tiña sido sepultado…, no que puxeron a Xesús.” (San Xohán, 19, 41-42). Pero no ano 44 o Gólgota e o sepulcro quedaron dentro das novas murallas, construídas por Herodes Antipas. Localizáda-las vellas murallas, tra-los santos lugares, quedaba confirmada a letra do Evanxelio. E alí, na Basílica, están claramente indicados os lugares das últimas estaciós do vía crucis. A pedra da unción, na que según a tradición foi embalsamado Xesús, é un dos referentes a visitar, ademais do sepulcro. E tamén está sinalado o lugar dende o que María presenciou a crucifixión do seu Fillo. Cerrámo-la primeira parte da xornada cunha eucaristía na capela da Magdalena, dos Padres Franciscáns. (continuará)
-
Pontevedra, 29.08.2009
-
Entrada n. 1044 do blog
-
Artículo semanal
-
En Terra Santa, 7,
por Xesús López Fernández
-
(continuación) Aínda o 12.7, despois da cea, achegámonos á nova Xerusalén, pra ver algo dos asentamentos urbáns máis recéns, que deixo fóra deste relato. O día 13, pola mañá, era o previsto pra unha visita ordeada da Xerusalén que xira en torno ó xuicio, morte e resurrección de Xesús. I entramos pola porta que dá máis ó Sur, próxima ó Muro das Lamentaciós. Despois do reglamentario control pasamos por unha rampa ó largo das mezquitas, pola fronte da de al-Aqsa, caracterizada por sete grandes pórticos, de gran cabida e que na época cruzada foi utilizada como pazo dos reis latinos. Tamén sería sede dos Cabaleiros Templarios. A outra mezquita, a de Omar, aparece espectacular coa súa cúpula dourada. Nela faise a sentinela do penedío resgardado no seu interior, do que emprendeu viaxe cara a eternidade Mahoma, montado nun cabalo branco alado, según afirman os musulmáns. No espacio, coidadísimo, existen outros edículos e construcciós diversas: fontes, arcos e arcadas, con amplias vistas sobre as ruínas dos vellos templos e da Piscina Probática.Pasamos á igrexa de Santa Ana, templo cruzado construído en honor de Santa Ana, a nai da Virxe. A tradición di que alí viviron San Xoaquín e Santa Ana, os país de María. Na cripta do santuario sitúase o nacemento da Virxe. E dende un lateral da igrexa aprécianse as ruínas da piscina de Betesda, onde Xesús fixo unha demostración do seu poderío curando a un home que levaba 38 anos paralítico: “¡Levántate, toma a túa padiola e vaite..!”. Así curaba Xesús. Nas excavaciós efectuadas recentemente polos Padres Brancos quedou comprobado que a piscina medía 120 metros de longo, por 70 de ancho e oito de fondo. O templo tivo tamén un pasado como escola coránica. E, da man do noso guía, fomos pasando ós lugares onde se supón foi xusgado Xesús ante Pilato, e flaxelado, no entorno da chamada Fortaleza Antonia, totalmente destruída por Tito no ano 70. Na zona Oeste foi localizado un enorme enlousado, o litóstrotos ó que fai referencia o evanxelista Xohán.
Hoxe existen alí unha escola musulmáa e un mosteiro franciscán e o convento das Irmás de Sión, fundación dun xudeo converso, o Padre Afonso Ratisbone, prá colaboración na conversión doutros xudeos. E do seu lado o arco do Ecce Homo. Dende logo, nada ten que ve-lo aspecto que hoxe mostran os santos lugares coa drescripción evanxélica. O vía crucis que fixemos ese día transcurreu ó longo dun espacio urbanizado, a Vía Dolorosa, que arranca dende o patio de la Madrasah no que se sitúa a condenación de Xesús. Ornada a vía por diversas capeliñas, cruzada tamén de zoco árabe (ou alarbio), presenta a sorpresa de que no lugar da estación n. 9, a da terceira caída, na capela de Santa Elena, ten residencia o patriarcado copto ortodoxo, o convento de San Antonio, dende o ano 325 despois de Cristo, que está situado, en parte elevada, detrás do ábside da Basílica do Santo Sepulcro, Calvario e Resurrección. As cinco últimas estaciós están xa integradas no que hoxe é a Basílica: 10. Xesús, despoxado das vestiduras; 11, Cravado na Cruz; 12, Morre na Cruz; 13, É baixado da cruz e posto nos brazos da súa Nai; 14; É sepultado.
A crucifixión de Xesús tivo lugar fóra das murallas, perto da cidade según San Xohán. “Había un horto e un sepulcro novo onde nadie tiña sido sepultado…, no que puxeron a Xesús.” (San Xohán, 19, 41-42). Pero no ano 44 o Gólgota e o sepulcro quedaron dentro das novas murallas, construídas por Herodes Antipas. Localizáda-las vellas murallas, tra-los santos lugares, quedaba confirmada a letra do Evanxelio. E alí, na Basílica, están claramente indicados os lugares das últimas estaciós do vía crucis. A pedra da unción, na que según a tradición foi embalsamado Xesús, é un dos referentes a visitar, ademais do sepulcro. E tamén está sinalado o lugar dende o que María presenciou a crucifixión do seu Fillo. Cerrámo-la primeira parte da xornada cunha eucaristía na capela da Magdalena, dos Padres Franciscáns. (continuará)
No hay comentarios:
Publicar un comentario