miércoles, 5 de agosto de 2009

RESURRECCIÓN DE LÁZARO E PROIECTO XERUSALEM

Capela de Marta e María, as irmás de Lázaro, resucitado por Xesús según describe San Xohán, cap. 11
As palabras de Xesús; "Eu son a resurrección e a vida" foron pronunciadas cando volveu á vida a Lázaro, tal como se lee ó pé do fresco na súa igrexa en Betania. (Fotos propias. Clicade pra velas ampliadas)
-
Pontevedra, 5.08.2009
-
Estaba traballando sobre o meu próximo artículo da serie "En Terra Santa", analizando algunhas das fotografías feitas durante a viaxe i estudiando o Evanxelio de San Xohán, capítulo 11:
.
RESURRECCIÓN DE LÁZARO,
-
San Xohán, 11,32. María chegou onde Xesús e, ó velo, postrouse ós seus pés e díxolle: "Señor, se tiveras estado aquí, o meu irmán non tería morto ".
11,33-37. Xesús, ó vela chorare, e tamén ós xudeos que lle facían compaña, conmovido e turbado, perguntou: "¿Ónde o puxeron?" Respondéronlle: "Ven, Señor, e veralo". E Xesús chorou. Os xudeos dixeron: "¡Cómo o amaba!". Pero algús decían: "Éste, que abreu os ollos do cego de nacemento, ¿non podería ter impedido que Lázaro morrera?".
11,38.Xesús, conmovéndose de novo, achegouse ó sepulcro, que era unha cova cunha pedra enriba, e dixo: "Quiten a pedra". Marta, a irmá do difundo, respondeulle: "Señor, xa fede; leva catro días morto".
11,40. Xesús díxolle: "¿Non che teño dito que si crees has vé-la gloria de Deus?".
11,41. Daquela, levantaron a pedra e Xesús, mirando cara ó ceo, dixo: "Padre, douche as gracias por me ter oído. Eu sei que sempre me escoitas, pero dígoo por esta xente que me rodea, pra que conozan que tí me enviaches". Despois de decir ésto berrou con forte voz: "¡Lárazo, sae afóra!".
11,44. O morto saeu cos pés e as mans atados con vendas, e o rostro envolto nun sudario. Xesús díxo: "Desatádeo pra que poida camiñar". que tamén ilustro cun video de peregrinos,

RESURRECCIÓN DE LÁZARO, EN BETANIA, YOUTUBE
-
cando encontrei varias enlaces en Google que van sobre o Proiecto Xerusalem de Jordi Savall, exposto dende hai algún tempo.
-
Entrada n. 1029 do blog

PROIECTO XERUSALEM, por Xesús López Fernández

Peregrinar a Terra Santa debe traer como consecuencia un cambio certo de mentalidade, polo menos unha comprensión crecente dos Evanxelios [nunca digo Evanxeos, porque decimos "evanxelista, evanxélico, evanxelización, evanxelizar", co que se evidencia como máis galega a palabra por min usada]. Ando, sí, co espírito renovado, pero a noticia do Proiecto de Jordi Savall de buscar na música unha forma de entendemento intracultural antre turcos, armenios, católicos, etc., coido merece un protagonismo que este blog pouco relevante non lle vai dar máis alá de acollela e citar diversos enlaces, incluíndo un que, si funciona, ilustraranos sobre a música, a música ó longo de tres mil anos que, dunha ou doutra forma e con instrumentos recuperados, o compositor e violonchelista catalán está presentando ó mundo, tamén en Compostela:

Siguen diversos enlaces :

Trivial Pursuit: Jordi Savall rende homenaxe a Xerusalem cunha proposta musical.

El Correo Gallego: Jordi Savall cree que a música é a úlima esperanza pró diálogo.

Alia Vox. Jordi Savall, música .

Betania: La resurrección de Lázaro.

No hay comentarios: