sábado, 19 de septiembre de 2009

A Nova Escola das Artes

Antiguo cuartel de San Fernando, en Pontevedra, actual facultade de Bellas Artes.
-
Pontevedra, 19.09.2009
-
Entrada n. 1054
-
Levo días esquecido do blog, no que só poderei meter algunha corta entrada. Teño un problema de vista do que non dou saído. Aproveito a que hoxe é noticia en La Voz de Galicia en relación coa futura nova escola das Artes, en parte do que foi solar de Tafisa.
-
A NOVA ESCOLA DAS ARTES,
por Xesús López Fernández
-
Sendo alcalde Cobián tentouse procura-la integración de diversas facultades na cidade, máis alá da subnormalidade de reconvertire en campus a Xunqueira do Lérez ou a vila nun "todo taberna vale". A facultade de Bellas Artes estaba asentada, daquela, no edificio no que estivera antes a imprenta do Fogar Provincial. Qué facer con Bellas Artes, era unha das cuestiós máis urxentes no tema educativo.
-
Un bo día escribín unha carta a Radio Pontevedra, ó programa de La Opinión. Propuxen entón como lugar idóneo pra acolle-la facultade o edificio do antiguo cuartel de San Fernando. Inmediatamente entraron no programa diversas opiniós, unha delas a de Daria García González, que aprobaban a idea. Pero o máis curioso foi que, pouco despois, era o propio Cobián, un alcalde democrático, o que quería opinar sobre o asunto.
-
Estaba viaxando cara Pontevedra pola recta de Caldas. Falou cun mans libres e dixo que lle gustaba a idea, que a levaría a comisión pra trata-lo asunto e pulsar outras opiniós. En definitiva: aí está a facultade, no lugar por min proposto, gracias a un alcalde que quixo apostar polo tema universitario.
-
Pero San Fernando gustáballe a Juan Luís Pedrosa, o valedor de Carrefour, pra albergare o consistorio. E agora gústalle tamén a Lores e ós seus adláteres, que queren arrinca-la facultade nun lugar increíble: contra o fondo da Seca, por tra-la marisma que sofreu a invasión de Tafisa, como parque de madeiras. Parece que xa estaba a cociña-lo caldo recalificador, nada de recupera-lo humedal que xa sabemos por ónde van estos tipos.
-
E agora resulta que é o propio rector da Universidade o que dí que non se pode construir alí, porque non hai cartos nin existe solar.
-
Nota.- Nunha hora contestaba Lores, decindo que é un edificio moi necesario prá cidade. ¿Por qué coño, Lores? ¿Porque soñades con San Fernando como novo consistorio? ¿E as outras cousas necesarias, a vosa ecoloxía, non me fagas rir, ónde vai?

2 comentarios:

RAVACHOL dijo...

Colectivos de Pontevedra rechazan ubicar un juzgado de lo Mercantil en Vigo

Hacemos algo???

o dejamos que sigan "mexando por riba mentras dicimos que chove"; por ejemplo:

Por 123456789 10:22

Vigo Capital, Pontevedra sucursal.

#3 Por Sentidiño 10:14

Pontevedra vive a costa de Vigo, mientras que los vigueses sufrimos con resignación las ironías y el menosprecio de los pontevedreses. De “barrio obrero” de Pontevedra ahora hemos pasado a ser su “barrio marginal”. Tonterías aparte, hay una realidad palmaria que no podemos ignorar. El Gobierno centralista de España se ha vertebrado con las Autonomías. La descentralización hay que llevarla hasta sus últimas consecuencias, y cuando se cree la 5ª provincia gallega, Pontevedra se tirará de los pelos por haber deslocalizado ENCE, que es su única industria. Los funcionarios no crean riqueza.

#2 Por Vigues 09:51

Bien haría Pontevedra en no tensar tanto la cuerda y dejar que las cosas continúen su proceso normal. La administración tiene que acercarse a los administrados. No tendría sentido que los vigueses tuviéramos que desplazarnos hasta Pontevedra para renovar el permiso de conducir, gestionar cualquier tema con la Diputación o tramitar aquí asuntos relacionados con la administración de justicia (Registro Mercantil, Juzgado Mercantil, Audiencia, etc.), y sin embargo eso es lo que los vigueses hemos tenido que hacer durante más de 100 años. Si por los mandatarios capitalinos fuera hasta el nuevo gran hospital habría que construirlo en Pontevedra, y eso sería absurdo.

TODOS LOS COMENTARIOS EN EL DIARIO DE PONTEVEDRA VIA WEB:

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/39377.html#anchor_login

SI REALMENTE SOMOS CAPITAL LOS CIUDADANOS TENEMOS QUE HACER ALGO Y YA!.

xesús lópez fernández dijo...

Quixera vivir nunha cidade viva; pero en Pontevedra, que era un modelo de cidade comercial e administrativa, de retorno ó puro aldeanismo Gulag de pedaladas, xa non hai nada que facer.
Se o Rexistro vai pra Vigo é porque aquí deixamos converti-la cidade en sepultura.
¿Qué fixeron as asociaciós de veciños, que algunhas, como Cidade Vella que agora quer resucitar, actuou como mera soplapollas de Mosquera na deconstrucción da zona vella, na reconversión da praza da Verdura en praza Roxa, na reconfiguración do espacio pró turismo con moscas, o seu modelo de cidade?