lunes, 3 de mayo de 2010

QUEREMOS SABER

Pedro J. tardou quince días en se caer do guindo en relación coa información que La Gaceta e Intereconomía viñan dando sobre o patrimonio de don José Bono, terceira autoridade do país.

Don José Bono está agora sinalado por diversos medios que entran a xulga-lo seu patrimonio como presuntamente excesivo.
-
Pontevedra, 3.05.2010
-
Entrada n. 1226 do blog-

QUEREMOS SABER,
por Xesús López Fernández
-
Nun país derrotado polo seu Goberno, que pode acada-los cinco millós de parados se aínda non ten sobardada esa cifra, a xente quere saber, quere entender qué está pasando. As leis non son aplicadas por unha Xusticia cuia lentitude representa unha especie de non-Xusticia, de derrota do Estado de Dereito. É máis, agora quere o señor Caamaño, ministro de Xusticia, acabar coa posible "acción popular" en relación con presuntos escándalos como poden se-las actuaciós do señor Garzón. Todos queremos saber e que a nosa clase política actúe, sempre, con total transparencia.-

O caso Bono estaba denunciado por medio de diversos informes rexistrales e facturas polo Grupo Intereconomía, discrepante ademais coa información pasada polo señor Bono ó Fiscal do Estado. O Congreso quere solapa-lo asunto, pero xa non pode por máis tempo. O serial de La Gaceta é riguroso, parece que totalmente certeiro; pero Bono estaba apantallado pola clase política e polos medios afíns ó Goberno de ZP. Ah, pero hoxe estoupou a bomba e a noticia sobre o seu patrimonio está en centos de artículos, ata o punto de que un medio zapateiril, PÚBLICO, estima en seis millós de euros o patrimonio do político manchego. Todo pode ser correcto, pero o político deberá aclarar cómo se xestou o tal patrimonio, que a política non debe dar pra tanto. Tamén, en El Mundo, Pedro J. cáese do guindo, quince días despois de estar La Gaceta [que hoxe ofrece novas primicias] a informare.
-
Enlaces:
-
-
-

1 comentario:

Natalia Pastor dijo...

Lo de Bono,querido Xesús, despide un tufo insoportable que hace que la sombra de la sospecha aumente en progresión geométrica a la falta de explicaciones del santurrón manchego.

Con todo, que "Público" se sume a los que sospechamos que detrás de tal enriquecimiento hay aspectos nada claros, nos lleva a pensar que las filtraciones respecto al patrimonio de Bono vienen del propio PSOE que trata de segar la alternativa a Zapatero que reclñaa la vieja guardia felipista.