


-
Pontevedra, 19.05.2010
-
Entrada n. 1235 do blog
-
AS CRUCES DAS PEDRAS,
por Xesús López Fernández
-
Seguramente por ter asimilado mal a obra de Castelao, "As cruces de pedra...", esto que estamos a ver na fotografía, son as cruces das pedras, pode que unha sinalización previa pra un novo Plan Renove adxudicado presuntamente a algunha empresa amiga. Debe haber centos de sinales no tramo que vai da praza de Méndez Núñez ó empate coa Cobián Roffiñac.
-
Non debemos desbota-la idea de que sexa a obra discreta dun particular que avisa da corrupción que veu representar case toda a obra nova feita na zona vella: unha pedra que non parece pedra, i esgaza, seguramente máis barata e, polo tanto, un maior diferencial de comisiós. Presuntamente, claro.
-
Se os cidadáns tiveramos máis valor, non hai dúbida de que sería unha boa obra a de graffita-las pedras escachadas ou afundidas, mesmo as que se colocaron sen teren en conta os niveles laterales das rúas, que non é certo que escachen polos camiós de servicio que por elas pasan. Antes non esgazaban, pero o chan era doutra pedra, mesmo de porpiaño ou de adoquíns colocados por portugueses, nalgús casos hai máis de cincuenta anos. I estaban intactos ata que os levantaron estes pra poñe-la pedra falsa e as tapas-trampa, pra gastare mal os cartos chegados d´Europa dos que debemos pedi-la súa devolución. É algo que habería que denunciar incluso ante o Tribunal de Estrasburgo, porque se usaron os diñeiros da UE pra desface-la cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario