sábado, 22 de mayo de 2010

O falso discurso ecoloxista

Ence-Elnosa, un cáncer na ría de Pontevedra.
-
Pontevedra, 23.05.2010
-
Artículo semanal, 1237 do blog
-
O falso discurso ecoloxista,
por Xesús López Fernández
-

Si algo hai claro en relación co tema de Ence i Elnosa, en relación coa recuperación das marismas de Lourizán, é que nos diversos discursos, da color que sexan, non se está a abordare a solución final do problema e a conseguinte recuperación do capital natural. Son discursos falsos. Unha cousa é pedi-lo traslado das fábricas; outra esixi-la recuperación integral das marismas, da que non fala un sóo partido, máxime tendo en conta que unha e a outra fábrica poderían carecer de concesión, presuntamente, dende hai algús anos. Que agora veña Patxi Vázquez cunha acusación que de confirmarse sería grave, porque a estas alturas xa non se pode creer nun futuro viable, nesta ría, prás citadas factorías; nen pra outras actuaciós sobre as que existen sentencias firmes do TS, nen prá edar d´Os Praceres. Destas cousas deberían ter falado no pleno municipal pontevedrés do venres, 21.05.2010. Pero o protagonismo do mesmo correspondeu á noticia aportada polo secretario dos socialistas galegos e tamén ó apoio solicitado polo equipo de goberno local prá marcha do 5.06.2010 da APDR, contra Ence.

Aínda teño unha lembranza viva do discurso de Touriño no Galicia Palace, da súa campaña prá presidencia de Galicia. Tema central, Ence. Promesas incumpridas. E relembremos unha vez máis algo xa comentado: a gran solución que naquel mandato ofreceu o BNG por boca de Teresa Táboas e o conselleiro de Industria: o traslado de Ence ó polígono de Barro-Meis, que se fornecería d´auga dende Pontillón do Castro e vertería á ría de Pontevedra, sí, pero con outras medidas, faltaría máis…. A financiación do traslado [dunha empresa que presuntamente perdeu a concesión] cubriríase coas plusvalías xeradas por medio da construcción [pola Autoridade Portuaria] de vivendas de tipo social, nas marismas de Lourizán. É decir, pensaban nas marismas non como espacio a recuperar, senón como puro solar. E as actuaciós que tenta levare a cabo o equipo de goberno en relación coa autovía a Marín [o tanque de Mollavao, a pasarela] parecen apuntar nese sentido: Lourizán, solar.

Aquí parece que, por falta de imaxinación e de compromiso medioambiental, non se quere recupera-lo litoral. Núñez Feijóo pode estar, a partir dagora, baixo sospeita, porque el prometeu, tamén en campaña, a recuperación do litoral de Lourizán. I eso significa o que significa, algo que nadie prometeu antes que el. Aínda tendo afirmado que ve difícil unha posible concesión prá pranta de biomasa en Lourizán, agora está en tempo de desconto e debe demostrar que non mentía na pasada campaña electoral. É o único recurso que ten contra a proclama de Patxi Vázquez, que asume Ence como cimbel electoral, como antes fixeron outros, sempre pra nos mentir, pra xogaren coa nosa esperanza. O PP local, en contra da proposta de apoio á marcha sobre Lourizán da APDR [que non demanda a recuperación das marismas, nen entra no tema da edar d´Os Praceres] urxeu unha oposición formal do Concello, ante a Xunta, contra a pranta de biomasa, que parece argumento de máis calado que o finalmente aprobado.

Según os diversos medios, a noticia colleu fóra de xogo a Telmo Martín e a Fdez. Lores. O lider local dos populares, que en campaña prometera a rexeneración de Lourizán [coa fantasía de manter Ence no Concello] e o cambio de lugar da edar d´Os Praceres [ilegal según a Lei de Costas, art. 44.6], mostrouse claramente contrariado. É máis, prometeu incluso, si se confirma ese disparate, abandona-la política. Certo que a consellería negou ter autorizado unha pranta de biomasa en Lourizán. Outra cousa é que a factoría teña cursado unha solicitude ó respecto. Pero resulta increíble que o goberno local non faga progresos en orde á execución das sentencias dictadas polo TS, en relación co ferrocarril; en relación cos recheos do porto. Asignatura pendente. Pero estamos xa cansos dos falsos discursos ecoloxistas

No hay comentarios: