sábado, 15 de mayo de 2010

A SITUACIÓN DO PAÍS

Zapatero xa non é Bambi nen Alicia; é Eduardo Manostijeras. (Dibuxo de Montoro, en La Razón)
-
Pontevedra, 16.05.2010
-
Entrada n. 1233 do blog
-
Artículo semanal.
-
A situación do país,
por Xesús López Fernández
-

Lembrémo-lo debate de Manuel Pizarro con Solbes, en febreiro do 2008. O número 2 do PP mostrou daquela un perfil duro ante a situación que vivía o país: se a economía non crecía un 3% non se crearía emprego, no que el centraba o seu discurso; crecemento pró que, ademais, recomendaba recortes de tipo fiscal. Solbes non era partidario de recursos catastrofistas e sí da sobida de impostos, pero Pizarro sinalaba como verdadeira catástrofe un posible novo mandato do PSOE, como así resultou. Pizarro avisaba aínda de máis cousas: de que o PSOE sabía xa da crisis dende o 2006, pero que ou ben careceran de luces pra vé-la que se lles viña enriba ou ben mentiran por razós de carácter electoral. O PP non soubo apostar por Pizarro, desaproveitou os seus talentos e o home xa non está no Parlamento, como tampouco Solbes, a “luminaria” do PSOE. A “pirotecnia” de Zapatero, as súas promesas de “pleno emprego ou de sobardare en renta per cápita a Italia e á Francia do seu amigo Sarkozy” veu dar na situación de verdadeira penuria que nos toca vivir.

Trichet, presidente do Banco Central Europeo, di que estamos na peor crisis económica dende a I Guerra Mundial e que “debemos dar un salto cualitativo na supervisión das políticas económicas de Europa”. Tamén dixo: “Hai que mellora-los mecanismos que evitan e castigan as neglixencias e precisamos aplicar este control dun xeito eficaz, coas sanciós pertinentes contra tóda-las violaciós do Pacto de Estabilidade e Crecemento”. Xa no mes de Xaneiro Angela Merkel urxía a Zapatero un plan de crecemento basado en obxetivos realistas. Pero aínda non hai plan, nada máis que unhas medidas convulsas e regresivas: o decretazo, outra improvisación de ZP que pode preceder a unha maior escalada impositiva e á perda de benestar. O Goberno xa non ten credibilidade, nen está capacitado éticamente pra nos pedir ós cidadáns máis sacrificios despois de ter provocado, coas súas políticas, que máis de 4600000 traballadores e traballadoras estean hoxe no paro.

A situación do país é límite. Sería optimista pensar que a algús gobernantes sóo lle quedan tres ou catro comparecencias ante TV cando T. F. de la Vega ousa decir que non pensan nun adianto electoral, absurdo sen completa-la súa tarea; Leire Pajín, número 3 do PSOE, a muller das tres nóminas, 20000 euros mes, xustifica as medidas de ZP “como petición de sacrificio ó país…”. Pero nengún destes políticos fala do gasto brutal no que teñen caído as Administraciós [estatal, autonómica, local]. Pode incluso que algús creeran que coa moeda única como sinal de identidade, aquí non pasaba nada por máis que se gastase sen control. E agora, co país convertido nun protectorado da UE, según Rajoy, debemos lembra-lo que en Xaneiro foi nova do xornal conservador alemán Frankfurter: “España é o país que máis axudas ten recibido dos distintos fondos europeos nos últimos vinte anos; por eso o presidente de turno da UE busca pra España, que sofre especialmente a crisis, acobillo en Bruselas. Zapatero ten a esperanza […] de acadare máis subvenciós” como muletas prós “serios problemas de España”, ¿pero cómo se gastaron as subvenciós recibidas?

E xa non valen certos discursos. Rajoy pergunta: ¿Quén é Zapatero, o de hoxe, o de hai un mes? ¿Qué medidas vai adoutar, qué plan ten?. Que nó-lo explique. En relación co recorte na nómina dos empregados públicos, o líder da oposición afirma que esta medida “ademáis de inxusta é perxudicial”, porque “se lles rebaixa a soldada ó tempo que sobe o IVA, e van consumir menos”. Rajoy acusa tamén ó Goberno de estare baixo sospeita i en estado de vixiancia, de improvisar e tomar medidas ailladas como ven ser un “decreto lei” de reducción de gasto público que “é improvisado, imposto, inxusto e insuficiente, porque non sirve prá recuperación económica nen vai crear emprego”. Pizarro tiña razón. ¿E agora qué? Recorte do gasto brutal das Administraciós. E aplicación dos mecanismos de control suxeridos por Trichet.

No hay comentarios: