viernes, 28 de mayo de 2010

XAPONESES EN SANTIAGO

Xaponeses polo Cebreiro, camiño de Santiago.
-
Pontevedra, 28.05.2010
-
Entrada n. 1238 do blog
-
XAPONESES EN SANTIAGO,
por Xesús López Fernández
-
Os pasados 25 e 26 do corrente mes estiven en Santigo pra unha operación de cataratas, da que me vou recuperando.Andiven por algús dos espacios que queren evocar nomes históricos do noso cristianismo e da presencia de peregrinos ilustres, como don Gaiferos de Mormaltan, o último duque de Aquitania, sobre o que Luís Cochón acaba de me remitir un estudio precioso i erudito de Isidiro Millán González-Pardo, primorosamente preludiado por Luís e Iris Cochón. Procurarei facer un comenario á obra conforme mellore a miña capacidade lectora.
-
Ese día, descansando onde San Francisco tiven ocasión de ver pasar por alí varias tandas de excursionistas, case todos xaponeses: oito ou máis grupos corrrespondentes cada un, suponse, a un distinto autobús.O interese deste enlace d´hoxe é o de inserir-la noticia que hoxe publica La Voz, a dunha familia xaponesa, a nai e dous fillos, ó seu paso polo Cebreiro. Curioso o atractivo que Santiago ten prós xaponeses. Asi, Xapón peregrina a Santiago, ¿ou se europeiza, como Europa se formou tamén facendo o Camiño de Santiago?
-
Noticia de La Voz de Galicia: Xaponeses que peregrinan don dez e quince anos.

No hay comentarios: