viernes, 7 de mayo de 2010

DE DEPURADORAS: O CASO PONTEVEDRÉS

Depuradora de Tui. Fotografía de La Voz de Galicia.
-
Pontevedra, 7.05.2010
-
Entrada n. 1229 do blog
-
DE DEPURADORAS: O CASO PONTEVEDRÉS,
por Xesús López Fernández
-
La Voz de Galcia volve informar sobre o tema das depuradoras, sobre o diñeiro bombeado pola UE pró saneamento en Galicia, pró cerre de vertedeiros a prá construcción de depuradoras. Máis de 1500 millós de euros de Unión Europea deberían ter servido pró saneamento integral da tóda-las nosas cidades, o 18% do diñeiro recibido.
-
Agora estáse a poñer en evidencia que os traballos non sempre foron ben feitos, que o diñeiro foi mal gastado. É máis, na noticia que dá o referido medio, como nas que daba onte, aprécianse casos de "tapados" ou situaciós mal definidas, a pesar de que a UE tomou xa a decisión de levare ante o Tribunal de Xusticia da Unión o expediente sancionador de once cidades galegas. ¿Qué pasa con Pontevedra?
-
Pontevedra está, de momento, fóra da lista. ¿Qué importa que dispoña de colectores si estos son ilegales, en contra da Lei de Costas, art. 44.6, que prohibe específicamente a construcción de depuradoras de augas residuales na ribeira do mar ou o tendido de colectores en paralelo á mesma, como non vaian por riba dos vinte metros da franxa de protección do terreo demanial? ¿Qué necesidade tería Salvemos Pontevedra de ter denunciado ante a Xusticia española o feito nesta ría, si a UE tivese un conocemento real do que aquí está a acontecer, de cómo foi engañada sobre a nosa realidade?
-
Por máis que presuma o equipo de goberno de Pontevedra de saneamento integral non deixa de ser unha pura falacia, como outros dos "logros" dos que presumen, como o da famosa parida do "urbanismo integrador" que acabou coa cidade. A cidade pode verse abocada á devolución de moitos cartos presuntamente mal gastados.
-
Enlace:

No hay comentarios: