miércoles, 28 de julio de 2010

O nacionalismo dixital, ó garete

Dibuxo do blog de elentir, que inclúe un post titulado "El nacionalismo digital se va al garete". Insírese un enlace do seu traballo.
-
Pontevedra, 29.07.2010
-
Entrada n. 1260 do blog
-
O NACIONALISMO DIXITAL, Ó GARETE,
por Xesús López Fernández
-
Elentir está sempre ó día en temas do mundo dixital. O post que nos brindaba onte non ten desperdicio: a morte de Vieiros e do agregador Chuza. E a posible doutros medios próximos ó BNG que poden estar nas últimas horas, ou na UCI, según o propio Elentir argumenta.
-
Eu fun colaborador de Vieiros, nos anos 1999 e 2000. Unha colaboración semanal en principio, dúas nos últimos tempos, sempre pedindo respeto prá miña ortografía. Foi realmente unha andaina corta que concluéu cando comprobaron que algús dos meus artículos, escritos criticamente e con total independencia, censuraban a debacle urbanística da zona vella pontevedresa, promovida polo goberno estalinista da capital.
-
Eu quero ver tamén, nesta caída de Vieiros e Chuza, o brazo longo de Uxío Novoneyra, o home que estivo en contra dos postulados destas xentes: da RAG, do ILG, da ASPG e do sector do reintegrado, os grandes nemigos da fala, porque a fala é a patria, pero os colectivos citados, como as xentes do BNG empeñáronse en configura-la lingua da non-patria, que hoxe usan o BNG, decote máis caído, o PSdeG, cun voceiro que fala da "Nazón de Breogán", situándose fóra xa da razón, e o PP, que tampouco quere retoma-la fala popular. Novoneyra tampouco perdoaba ós escritores que, na súa obra, fixeran esquecemento da fala-creación social, que renunciaran a colle-lo relevo da fala conservada nas aldeas. Os mesmos que este ano non montaron o escaparete das Letras Galegas, o 17.05, na Ferrería.
-

2 comentarios:

Elentir dijo...

Moitas gracias pola mención e polo enlace, querido Xesús. Sempre é un placer lerte. ;-)

xesús lópez fernández dijo...

E gracias a tí polo teu incansable labor ó servicio dos demais e da honradez informativa. Gracias.