martes, 3 de agosto de 2010

POL, TRAMA, TRAICIÓS


Fotografía de Ence, publicada en El Correo Gallego do 2.08.2010. E fotografía pode valer como unha de tantas instantáneas da gran corrupción que se dá en torno ó dominio público marítimo terrestre. Cos asuntos que se van sabendo parece obvia a pergunta de Albert Rivera, no Parlament Catalán: "¿quén é o capo?". Aquí, as agresiós que se levan producido poden ser definidas tamén como "A Gran Corrupción" (clicade aquí) , da que se fala en Cataluña en relación co Palau barcelonés da Música. Percíbese o gran desamparo que os cidadáns sentimos ó ve-las xentiñas que mandan na Política e presuntamente tamén maman dela.
-
Pontevedra, 3.08.2010
Entrada n. 1265 do blog
-
POL, TRAMA, TRAICIÓS,
por Xesús López Fernández
-
O anunciado POL --Plan de Ordeación do Litoral-- non deixa de ser outra cousa que un torpe esforzo da Xunta, e da oposición, pra se carga-la Lei de Costas, lei de rango superior.
-
As Marismas de Lourizán son terreo demanial, definido como dominio público marítimo terrestre sendo ministra de Medio Ambiente Isabel Tocino. Parece que esta cuestión, a de ter sido creado o tal ministerio polo Goberno de Aznar, é algo esquecido pola Xunta do señor Feijóo, como antes pola do señor Fraga, que entregaba esas marismas prá construcción de Georgia Pacific, Tisú de Lourizán, en agradecemento ó donativo de José Luís Méndez do monte Gaiás pró seu mausoleo.
-
Este ministerio opúxose no seu día á construcción do ferrocarril de Marín, algo aquí xa contado varias veces, estando presuntamente centrada a trama urdida pra acabare coa ría en torno ó ministerio de Fomento e a súa conexión cos grupos de presión que operan no porto de Marín. No que alí se leva feito están comprometidos os partidos todos, traidores á ecoloxía, traidores a esta ría.
-
Pero hai algo que aínda lembrou Cristina Narbona ante recordatorio de Salvemos Pontevedra: que o dominio marítimo terrestre --as marismas de Lourizán, o espacio que ocupa a autovía, incluso a Edar d´Os Praceres--, o tal terreo demanial é inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación.
-
A trama denunciada por Eladio Torres parece demostrada ante o abandono dos partidos políticos e da Xunta da demanda de execución das sentencias do TS en relación co ferrocarril, con Tradepana e coa Lei de Usos Portuarios do Porto de Marín, como tamén de Gonvarri. Que non se atrevan con Ence é unha cobardía e resulta estúpido presentar ese espacio como mellorable ambientalmente nun futuro próximo. E tamén parece igualmente inútil que Telmo Marín, que podería te-los triunfos todos na man, se conforme coa posibilidade de construir alí unhas piscinas de auga salada e un centro de interpretación do marisqueo. Con ese horizonte escusa face-la campaña.
-
A única esperanza que pode haber en Pontevedra é a de que algún partido, anque haxa que crealo pra conquista-la alcaldía, se comprometa coa execución das sentencias do TS, coa derrota dos capos e coa defensa do Estado de Dereito.
-
Enlaces:
El Correo Gallego, 2.08.2010: Pontevedra non ve pasos na Xunta que coarten a presencia de Ence. (Como si o Bloque estivese disposto a facere algo, fato de traidores)
-
Faro de Vigo, 2.08.2010: O Pol reformado evita ordea-los terreos de Ence e protexe a Xunqueira. (Se Ence ten, simplemente, que desaparecere, devolverlle o espacio ó mar)
-

2 comentarios:

Natalia Pastor dijo...

Ponzoña hay en todos lados,querido Xesús.
Lo lastimoso, lo grave y terrible, es que la ciudadanía se ha acostumbrado a convivir con ella, a digerirla en dosis industriales sin inmutarse.
Así nos va.

xesús lópez fernández dijo...

En un caso como el de Pontevedra/Marín, donde los partidos todos fingen un discurso anti-Ence y de defensa del Estado de Derecho, todos, todos están pringados.
Nadie pregunta, como Albert Rivera, quién es el capo, cuando es fácil saberlo, porque el gran capo tiene servidores en todos los grupos políticos.
De nada vale que se me diga, como hace poco hizo Antón Louro, Delegado del Gobierno, en relación con la última de las sentencias del TS sobre los Usos del Puerto de Marín, que han sido prohibidos.
¡Executaráse!, me dijo cuando le pregunté por la defensa del Estado de Derecho. "A ver que pasa coas sentencias do TS".
No tienen ni el valor de decir: "hemos localizado al capo, vamos a desinfectar los partidos, a regenerar la política local", que es lo que esperamos los ciudadanos.
Un saludo, Natalia.
Sería bueno que, desde tu blog, con la difusión que tiene, le dedicárais un post al tema de la ría de Pontevedra.
Repito, un saludo, Xesús.