viernes, 30 de marzo de 2012

Cañete fala de Ence

As marismas de Lourizán, espacio degradado pola presencia da fábrica de celulosas, do Grupo Empresarial Ence, S.A.

Pontevedra, 30.03.2012
Entrada n. 1507 do blog

Cañete fala de Ence,
por Xesús López Fernández

Se a factoría permanece en Lourizán é por nugalla dos diversos partidos políticos, presuntamente tocados de corrupción especialmente neste asunto que fede máis da conta. O proceso seguido contra Ence rematou como rematou por un extraño acordo antr´a empresa e a APDR, con algún suposto e nefasto mediador.

A empresa actual carece de licencia, pero os políticos parecen bobos cando falan de que a concesión vence no 2018, o que sería certo se non-a tivese perdido, asunto no que se basa a denuncia de Salvemos Pontevedra que está na orixe da orde da Audiencia Nacional do pasado ano, ordeando ó MARM incoare o proceso de cancelación da concesión de Ence (non Grupo Empresarial Ence, S.A., empresa distinta).

En principio parece que a Lei de Costas si se vai tocare pra mante-la presencia desa fábrica de morte en Lourizán, cando na factoría confían en obter algún tipo de prebenda pra seguire matando o ecosistema da ría. Cañete sabe do procedemento xudicial en marcha e pendente da resolución final.

O que está claro, ademáis, é que esa factoría non é compatible coa defensa do litoral, nen coa saúde e convivencia humáas, como decía o Ministerio da Vivienda do Goberno franquista no  1973, ó  non aprobare o PXOM pontevedrés do 1970 e nega-la posibilidade de conversión das marismas en terreo industrial.

6 comentarios:

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

La fotografía que ahora nos muestras, amigo Xesús, al igual que las anteriores, hace daño a la vista. Uno, que conoció la ría cuando no existía aún esa fábrica de celulosas que hoy degrada las marismas de Lourizán, puede decirlo. Los políticos, a veces, deberían ser juzgados como auténticos criminales.
Recibe mi más cordial saludo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Chinto:
Es asunto que podría estar resuelto; no lo está porque la actuación polìtica, en relación con Ence, ha sido una actuación culpable, criminal si se quiere.
Un abrazo

Anónimo dijo...

Dime donde hay un "roto" y e dire donde hay un politico.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Lobo:
No creo en ningún político y lo que dice Cañete, si fuese cierto, me alegraría. Pero aquí todos nos han engañado..
Un abrazo

Sabela Arias dijo...

Ola Xesús:
É certo que a foto manca á vista.
Eu non coñezo o tema a fondo, pero nas miñas viaxes a Pontevedra sempre vin moita degradación e malos olores por culpa da fábrica, e ao ollar á ría é abondo para saber que é unha zona moi contaminada.
Fas un gran traballo, o importante que é manter os temas ambientais sempre presentes.
Un saúdo.
Sabela

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Sabela:
Se a nosa caste política tivese conciencia, a empresa hai tempo que non estaría aí.
Pódoche asegurar, e demostrare, que xa no 1978 dábanlle ós franceses información sobre a contaminación da ría que aquí negaban.
Si en Pontevedra existe un colectivo de paralíticos cerebrales (a asociación Amencer) non é por casualidade.
Un saúdo,
Xesús