domingo, 24 de junio de 2012

A nova ponte das Correntes

A mal chamada nova ponte d´As Correntes, un novo atentado ecoloxista á ría. Á inauguración déronlle color os afectados das preferentes, que sabotearon incluso o discurso de Feijóo. O medio ambiente non se salva con discursos como o do presidente, sen contido como o dos outros, os herdeiros de Stalin na gobernación local, que coesta obra impulsan unha maior degradación da xunqueira d´Alba.

Pontevedra, 24.06.2012
Entrada n. 1534
Artículo semanal

A nova ponte das Correntes,
por Xesús López Fernández

            Insisten en lle chamar así á nova ponte sobre o Lérez, cando as correntes que xustificaban o nome eran consecuencia do xogo intermareal, da entrada da auga na xunqueira d´Alba, ata a pleamar, especialmente cando no devalar se formaba unha espectacular fervenza contra as rochas do lugar. Pero no lugar xa non hai correntes como aquelas e o nome paréceme inxustificado. Outra cousa é entrar no debate de se esa ponte era necesaria; si está debidamente valorado o seu impacto ambiental. Tentar agora xustifica-la súa construcción en base á reconversión do tráfego da ponte da Barca en unidireccionalista carece de sentido, porque a Barca forma parte dunha arteria,  co Paseo de Colón, quizaves unha das últimas que lle dan carácter á  cidade ó ter sido liquidadas Michelena, Riestra, Benito Corbal, Arzobispo Malvar, Sagasta…. E a cidade nota esa involución.

            No acto inaugural, con música e presencia de damnificados polas contas preferentes, houbo discursos varios como o de Núñez Feijoo cando di que Pontevedra “segue” a crecer sen perder de vista as súas orixes, que estaban nunha ponte. De certo que sí. Nunha ponte deseñada polo emperador Adriano, o home que, según conta Marguerite Yourcenar, facía uns estudios de impacto ambiental exhaustivos: o ciclo das mareas, as posibles enchentas, etc., todo se estudiaba pra mante-lo valor da natureza, a riqueza da pesca, o marisqueo, é un supoñer. E sobre todo a navegavilidade. Así aconteceu ó longo de séculos porque as cousas estaban ben feitas. E aínda non sendo a ponte do Burgo actual a inicialmente construída por Adriano, o fluxo das mareas, a dinámica das augas, mantívose cun respeto real. O río era un ente vivo, orgullo dos pontevedreses como ben lembra Prudencio Landín Tobío en “De mi viejo carnet”, no capítulo titulado “Nuestro río Lérez”, cando fai referencia ó vello balneario de Monteporreiro, obra de Casimiro Gómez, ou ás xiras de políticos e intelectuales diversos (Echegaray, Canalejas, Unamuno), especialmente as dos anos 1888 e 1907, coa participación de numerosas embarcaciós, algo hoxe irrepetible, xa por falta de calado, xa pola construcción da ponte dos Tirantes, que en marea alta equinoccial atranca incluso o paso das piraugas.

            Xa ninguén pensa, polo que se ve, na recuperación dun río que está a recibire novas agresiós. Que se diga que a ponte nace coa intención de descarga-lo tráfego da ponte da Barca non deixa de ser unha simple frase; tamén puideron ter dito que foi deseñada como auténtica agresión contra a Xunqueira d´Alba. Quixera confundirme. A música inaugural terá chegado á paxarada que voa polo que queda da devandita xunqueira, cunha certa extrañeza. Non esquezamos que antes do home falare xa as aves e algús cetáceos facían música. E as xunqueiras foron sempre relicarios de vida, como entornos sagrados. Os homes tamén fomos invitados a vivir no planeta e a coidar del, pero finalmente comportámonos como auténticos vándalos. Asolamos e destroimos non poucos recursos e a diversas especies i estamos a convertir en vertedeiro de residuos tóxicos este entorno, esta ría. George Steiner afirma que os ecoloxistas chegaron moi tarde, como sen capacidade prá salvación.

           
O chiste de Caín, en La Razón, convén como definición ás actuaciós urbanísticas de Pontevedra, sobre todo no apartado das infraestructuras. Certamente, algús dos nosos políticos parecen conectados co prototipo do home Neanderthal.  

 No acto inaugural non houbo significación ecoloxista, habendo motivo pra protestare por máis dunha desfeita en marcha. Pero sí acodiron un centenar de afectados, ¿estafados?, polas preferentes, con asubios e consignas –“¡manos arriba, esto es un atraco!”--, sobidas de tono no momento da intervención de Núñez Feijóo. Ben fan os perxudicados en protestare. Pero coido que tamén era o momento de lle pedir máis forza á Xusticia, máis independencia, porque se non é así e como hai pouco comentaba o dimitido presidente do TS, se a Xusticia non é independente non existe o Estado de Dereito. E aquí hai moito que sanear e sentencias que executare. Seguramente que os ecoloxistas perderon unha boa ocasión de renova-las denuncias existentes, de lle pedir ós políticos un cambio de actitude.

2 comentarios:

candela dijo...

Nos engañan como a chinos Xesús ¿Cómo es posible que cada uno vaya a lo suyo sin ver el conjunto? Así manejan a la gente estafada, puteada, atormentada...pero que solo ven su problema, no el problema.

En el fondo, los españoles somos insolidarios, solo queremos que arreglen "lo nuestro" y hasta servimos como clake a los que trajeron el problema.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela!:
El Bloque, aquí, nunca ganó unas elecciones. Pero llevan tres mandatos gobernando porque el PSOE les ha dado el oxígeno necesario, o actúa de vulgar mamporrero de los nazionalitaristas. Pero todos, PP incluído, nos acercan al espíritu del hombre de Neanderthal.
En relación con los problemas que aquí han creado, algunos deberían de estar en la cárcel. Hace tiempo.
Un saludo cordial