sábado, 23 de junio de 2012

Novo disparate ambiental


A ponte vai producir un gran impacto ambiental, mái-los ecoloxistas activos non estiveron presentes no acto inaugural. Sí que vai representare un novo mazazo sobre o que vai quedando da Xunqueira d´Alba. Unha nova traición en definitiva.   

Os afectados polas preferentes de NovacaixagaliciaBanco interrumpiron o discurso de Núñez Feijóo. Os afectados teñen razón. Pero é pena que a que no ano 1973 parecía unha alborada ambientalista por parte do Goberno central, cando aconsellaban a non construcción da ponte da Puntada polo seu previsto brutal impacto, o Goberno local, presuntamente xa manexado polos clústers, non actuou na dirección correcta.

Pontevedra, 23.06.2012
Entrada n. 1533 do blog

Novo disparate ambiental,
por Xesús López Fernández


A construcción da nova ponte d´s Correntes, sobre o río Lérez, nun espacio onde xa non hai correntes porque o río todo foi desnaturalizado, privado de calado, e contaminado como consecuencia dos vertidos urbáns e, sobre todo, polo xogo que no espacio intermareal facían as augas pletóricas de dioxinas e mercurio procedentes do complexo clorocelulósico de Lourizán, como tamén da desaparecida fábrica de Tafisa, hoxe solar que coido vai engulir outra zona de xunqueiras duns once mil metros cuadrados. Nengún político, nadie antre os novos "bárbaros", fala do tema.  

Por si me decido a facere un  artículo pró luns sobre o tema da nova ponte, limito este post ós breves comentarios xa deixados a pe de fotos. Tamén, si acaso, digo que, presuntamente, ademáis de música de jazz terá habido discursos en galegués no acto inaugural, que os vellos galegos podemos definire como a língoa dos novos bárbaros, á usanza da definición que os vellos gregos facían das linguas que non entendían. E que o impacto sobre a xunqueira d´Alba vai ser previsiblemente brutal. Un cambio de chip acaba de activarse sobre un espacio que era parte da ría e que sería agredido, co tempo, coa traza da estrada de Domingo Fontán; que tentaron algús reconvertila en solar; que foi nalgún tempo vertedeiro d´escombros, despois sellado; que incluso tentaron construi-lo novo Pasarón, campo de fúbol, no espacio que aínda se salva a medias e por onde anda a paxarada, as aves herdeiras das que no seu día preludiarían coa súa música a presencia da voz humáa, traicionada co idioma dos novos bárbaros. Por certo, no seu discurso, Feijóo comentou que a Xunta está a invertire máis de cen millós en Pontevedra, en novas infraestructuras. (Algunha delas coido ha se-lo macro-nudo da punta de Mollavao, prá presunta consolidación da avenida de Marín e da configuración como solar das marismas de Lourizán, unha actuación puramente vandálica)

Estos comentarios non acaban aquí, naturalmente.

Enlaces:



2 comentarios:

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

Dimos tanto poder a los políticos -o lo robaron, que para el caso es lo mismo- que no se ven en la obligación de dar explicaciones de lo que hacen. Sus muchos destrozos, a la vista están, amigo Xesús. ¡Qué tristeza, para quien conoció el Lérez, cuando aún era un río!
Un cordial abrazo.

o blog de xesús lópez dijo...

Sí, Chinto, ésa é a cousa.
No planeta todos somos invitado, incluso os vándalos ós que habéría que meter en cintura. Os políticos son case sempre vándalos.
Un cordial abrazo.