domingo, 22 de julio de 2012

Lourizán, hora crítica

 As marismas de Lourizán cando a irracionalidade gubernamental comezaba a cerca-lo espacio pra montare aí, por un sentido autárquico inaceptable, unha fábrica de pasta Kraft, causa de que a área de saúde de Pontevedra e Marín fose definida como deprimida. Pontevedra, Meca dos alergólogos de case toda España. Co andar do tempo, determinaríanse casos de parálisis cerebral. Ovellas e maceiras teñen sofrido por escapes de cloro. O propio goberno franquista definía o lugar, ano 1973, como espacio a recuperar, por seren as empresas problemas prá saúde e convivencia humáas.
 

 Resistencia e resiliencia dos veciños d´Os Praceres de cándo tenderon pola súa praza unha línea de ferrocarril. Na orixe desa construcción demencial xa estaba un home de confianza de Rajoy, Tomás Iribarren.  A sentencia firme do TS, do ano 2007, e unha nova deste ano demandando a execución daquela, demostra que eran os veciños os que defendían o Estado de dereito e que a policía estaba a actuare, presuntamente, como exército particular da senrazón.
 As vías xa están trazadas porque así o quixo o ministerio de Fomento de Aznar, mentres que o ministerio de Medio Ambiente opoñíase a esa construcción que ocuparía 55000 mt2 de terreo demanial. Esquizofrenia política en estado puro, que sigue, máis esquizofrénica, se cabe e presuntamente, con Arias Cañete.
 Cada día pasa un tren, cando pasa,  ó servicio do clúster de Ceferino Nogueira. No traiecto inaugural ían na máquina Mikado que daquela fixo o recorrido, como xinetes do Apocalypsis, Fraga, Cuíña, Lores e Tonecho. Os dous últimos, alcaldes de Pontevedra e Marín, que tamén pularon pola construcción do ferrocarril.
Unha instantánea do inferno clorocelulósico de Lourizán, causa tamén do cambio forestal de Galicia, ata o punto de ter sido subvencionados os labregos que abandonaron os cultivos por prantación de eucaliptos, tan relacionados co lume forestal nesta nosa terra.

Pontevedra, 23.07.2012
Entrada n. 1550 do blog
Artículo semanal

Lourizán, hora crítica,
por Xesús López Fernández

            Os que conservámo-la memoria dun Lourizán virxinal, praia de Pontevedra á par que gran banco de mariscos; que fomos testigos da súa ocupación e degradación en contra da resistencia, sobre todo, das familias que tiñan a súa actividade económica principal na extracción de ameixas, entendemos que sería posible un traballo de rexeneración daquelas marismas, pero que nunca houbo unha verdadeira vontade política prá súa recuperación; que incluso os partidos andan coa mentira como discurso ambientalista. E se non fose pola constante resiliencia dos veciños, do seu permanente recurso ante a Xusticia pra ire acadando o dictado do T.S. por medio de sentencias firmes, pouco se tería feito:  o ferrocarril da vergonza, os recheos portuarios, a fin das concesiós de José Malvar e Holcim, que apuntan xa cara unha rexeneración das marismas se os políticos non-o impiden.   

            O cese das actividades da fábrica de pasta do Grupo Empresarial Ence, S.A.,  foi ordeado hai xa máis dun ano pola Audiencia Nacional; tamén o de incoa-la cancelación da concesión da antigua Ence, S.A. E a cuestión da EDAR d´Os Praceres, presuntamente ilegal e situada en terreo concesional de Ence non segregado, tamén está no ascensor do Tribunal Supremo. Según o art. 44.6 da Lei de Costas do 1988 as instalaciós pró tratamento d´augas residuales terán de se emprazar fóra da ribeira do mar e dos primeiros 20 mts. da zona de servidume de protección. Tampouco se autoriza a instalación de colectores paralelos á costa dentro da ribeira do mar, como tamén se prohiben nos primeiros 20 mts. fóra da ribeira do mar. É decir, estamos a falare da ribeira real, a línea que sigue en paralelo pola parte baixa da vella estrada a Marín. E según o art. 44.5 “os paseos marítimos hanse localizare fóra da ribeira do mar e deben ser preferentemente peatonales”.

            Esto queda dito a modo de relembro prós que temen que a nova Lei de Costas vaia marcare unha involución e a permanencia da fábrica de pasta, a ruína da ría, cando andan a cedellare coa prolongación da pasarela d´As Corbaceiras ata Os Praceres “pola banda da ría”. Pero resulta que non é así, porque a autovía vai toda ela por terreo demanial e o esforzo político tiña que estare encamiñado á rexeneración  das marismas. Pero co discurso da pasarela, co esquecemento do problema da edar, coa súa actitude pasiva en relación coa execución das sentencias firmes…; é máis, coa construcción da gran rotonda a tres niveles na punta de Mollavao, demostran non estare polo cumprimento da Lei de Costas e sí pola consolidación da autovía e a presunta reconversión das marismas en solar, que xa houbo intentos cando BNG e PSOE controlaron a Xunta. Lembremos que daquela falaron de financia-lo traslado da factoría ó polígono de Barro-Meis coas plusvalías que se xerarían pola reconversión en solar das marismas e a construcción nelas de vivendas de protección social. Etc., que a historia é máis longa.  

            Non é aínda o momento de entrare no texto da nova lei, pero xa se acenderon alarmas en todo o país, acusaciós de diverso pelo. Na fábrica de pasta pensan que o anteproiecto  da Lei de Costas conflúe cos seus intereses. Pode que así sexa e, sería temible, terrible, que lles outorgaran o placet ó Grupo Empresarial Ence, S.A., pra un período concesional de 75 anos. É decir, antre as infraestructuras polas que pulan os políticos e a influencia negativa da pasteira, pouco futuro lle vai quedare a esta ría, espacio sensible según definición do doutor Buenaventura Andreu, como as outras rías baixas. Nada temos que lle agradecer a Ence-Elnosa, por máis que nos queiran vende-la súa bondade, o seu esforzo por acabar co mal cheiro cando xa quedou atrás aquel famoso slogan de “Nos hemos pegado donde más nos huele, Buenos aires para Pontevedra”, que situaba a fin do mal cheiro no día D, o día CE, o 22.02.1992, se mal non recordo. E Pontevedra era, daquela, área de saúde deprimida, con catro veces máis enfermedades do tracto respiratorio que a área de Vigo, que xa é decir.

2 comentarios:

candela dijo...

Lo veo mal Xesús, porque ahora tienen una coartada perfecta con la crisis y el desempleo para no desmontar todo ese tinglado. Lo que no sabía era la prevalencia de enfermedades respiratorias.

Es, realmente vergonzoso ver para qué sirven en España las leyes, incluso las sentencias de los jueces.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
La corrupción todo lo mediatiza.
Como aún así se han producido sentencias posistivas que podrían servir para pensar en una regeneración cierta, qué hacen los cabrones: cambian las leyes.
Rajoy es, además, un hombre unhombre aparentemente tocado, por lo menos, un hombre sin sensibilidad en materia medioambiental.
En la descomposición de esta ría se dará cuenta de qué lado ha estado cuando la mierca llegue a su arenal de Silgaar, a la playa de Sanxenxo.
Pero todos los partidos están tocados, todos.
Fíjate que ahora, además, Ana Pastor, la ministra de Fomento, sigue con las infraestructuras comenzadas por Pepiño, alguna para beneficiar, presuntamente, el desastre de los rellenos portuarios ordenados por la Autoridad Portuaria, de la que ahora es presidnete su marido.
Un saludo cordial.