viernes, 22 de febrero de 2013

ESPONXA-LO LITORAL

Hotel do Algarrobico, un dos pecados contra natura, no litoral, ó que non se lle quer poñer remedio. A nova Lei de Costas, a punto de ser promulgada, non parece vaia remediar nada, antes ben, telúmbrase como unha ferramenta ó servicios dos clústers, do arraso litoral, do que en Pontevedra sabemos bastante. A corrupción está aquí presente, en tódo-los partidos. O artículo hoxe incluído é do 9.01.2004. Vaia como refresco da memoria. Teñamos tamén presente que no debate do estado da Nación, pra vergonza de todos, non se tocou o tema do medio ambiente. 

Pontevedra, 22.02.2013
Entrada n. 1611 do blog


Esponxa-lo litoral, [9.01.2004]
Por Xesús López Fernández

            Despois dunha serie de novas en relación con actuaciós contra natura, de mesmo outorgaren dend´o poder  patente de corso pra que outros [o poder tamén] arrasen aínda máis o noso litoral e nos deixen sen vistas ó mar, parece que as cousas volven ó rego e que dend´a Xunta están a promove-la reactivación do papel dos auténticos vixiantes da costa [ou da praia, si se quer], e aí está a denuncia contra o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane [ó que lle ordearon a paralización das obras da súa vivenda por estar situada a 99 metros do litoral]; o aviso ó concello de Caldas de que o Umia é como o ancho mar e pra construire nas súas beiras haberá que facelo a máis de cen metros de distancia; a promoción que Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, fai da expropiación e derrubamento do edificio Herpi [que xa hai 30 anos fora un verdadeiro escándalo], pra así participar no plan de “esponxamento” do litoral, do que é curioso que nos falen agora, cando o mar é o gran secuestrado en zonas como a sobida á Granxa [concello de Poio] que antes era un extraordinario mirador. Ou en Lourizán. E tamén en Vigo falan de mellora-lo litoral cara os eventos do ano 2005, co PP unido como unha piña. .

            O alcalde de Oleiros foi de sempre un adiantado, practicando un tipo de urbanismo que fixo do seu concello un referente en todo o país, residencia escollida por moitos coruñeses. ¡E quéreno presentar agora enmerdado por cuestión dun metro! Pero o home, ó que intentaron abater en máis dunha ocasión, sabe contestar. E contestou cunha carta aberta aparecida no mesmo medio [La Voz de Galicia] no que a Xunta fixo pública a súa acusación. E di García Seoane, no exercicio do seu dereito de réplica, que o están difamando. “Difaman, calumnian, criminalizan..., todo vale con tal de eliminar ó adversario”, son as súas palabras. Porque está a construi-la súa casa nunha tenza dun plan parcial aprobado polos técnicos do Ministerio de Medio Ambiente, e as Consellerías de Ordeación do Territorio e a de Medio Ambiente. O escrito contén algunhas afirmaciós moi fortes que os curiosos xa terán leído, pero talvez o punto principal do seu comunicado é cando dá noticia dos movementos existentes no seu entorno e no de ducias de persoas preocupadas polo futuro do país, que están vendo de construiren un novo partido político que permita a Galicia corta-las amarras do aparato caciquil “que coacciona, atemoriza, manipula e emprobece as nosas comunidades”.

            Non sei se o aviso recibido no concello de Caldas terá que ver tamén coa petición que os afectados polo encoro están a promoveren pra que o Tribunal S. de Galicia ordee a execución da sentencia do Supremo que declarou improcedente a ocupación das terras asolagadas. O devandito fai prever un tempo tenso, preñado de denuncias ante a Xusticia, que agora parece que tamén a Xunta [preocupada polo metro de quebranto regularamentario que se poida dar en Oleiros e a ver, se tal acontece, quen é o  realmente responsable] quere intentar. E confiamos que as respectivas consellerías non han baixa-la garda, a pesar do acontecido noutros casos. As novas noticias de Sanxenxo presentan un litoral máis esponxado no horizonte do 2007, según as palabras do seu alcalde [o edificio Herpi vai locir, de momento, sobre peares]. E o equipo do PP, en Vigo, tamén se dispón a adecenta-la fachada atlántica. Veremos, veremos cómo a Xunta pretende xustifica-lo suspenso que lle corresponde pola súa permisión e potenciación do disparate noutros lugares.

            E inda que non vai de litoral sí vai de augas sensibles o que vou citar seguidamente: o problema das bateas da ría de Pontevedra, a única que permanece totalmente cerrada á extracción de mexilós. ¿Haberá tamén que esponxar aquí, bota-las bateas fóra da ría como xa foi suxerido por alguén ó tempo que anunciaban os ensaios de cultivos en alta mar?. ¿Qué está pasando realmente? Porque resulta que os bateeiros pontevedreses que queiran seguir no mercado teñen que sanea-la súa producción transferíndoa a bateas situadas ó norte da ría d´Arousa. Pesca confía en que este mes se recupere a normalidade tras unha intensa marea roxa. ¿Cal é a verdade? Porque tódo-los que temos  memoria de mareas sabemos daquelas  roxas que se producían na fin do verán, un episodio de corta duración. Pero esto dagora cheira a algo máis que a  toxina diarreica.  En fin, parece que interesa máis sanea-lo litoral de “infractores” como o alcalde de Oleiros. Ou pasarlle o preaviso ás xentes de Caldas mentres Telmo Martín se apresta a facer de salvador do urbanismo de Sanxenxo, a esponxa-lo litoral. Pero o turismo de excelencia terá que pasar en breve a súa factura. A conservación do litoral é, de momento, unha asignatura despreciada. Obviamente, non por García Seoane, que pode dar clases de esponxamento  litoral se llas piden,  de cómo  cumprir coa lei de Costas.  

2 comentarios:

Doramas dijo...

A estos les da lo mismo ocho que ochenta, van a su aire hasta que les paremos los pies o los colguemos de los eggs

o blog de xesús lópez dijo...

Fíjate que es un artículo del 2004. En el se habla de Telmo Martín, que fue alcalde de Sanxenxo y hoy diputado del PP en el Parlamento. Uno de los destructores de aquel puerto de pesca es hoy diputado en el Congreso y habrá votado a favor de la nueva Ley de Costas que va a traer consigo un destrozo litoral sin precedentes.
Es triste, además, que Rajoy carezca de sensibilidad ambientalista y que siga impulsando grandes horrores.
En su discurso del debate del estado de la Nación, no ha tocado para nada el Medio Ambiente, al fin y al cabo territorio sagrado con más capacidad para la creación de riqueza que sus economistas Montoro o De Guindos.
Son unos traidores.
Un saludo