martes, 6 de agosto de 2013

HIROSHIMA, 68 ANIVERSARIO DO HOLOCAUSTO

 Hoxe, 6 de agosto, cúmprense 68 anos de cando os americáns, sendo presidente Harry Salomón Truman, botaron sobre Hiroshima, cidade de 350000 habitantes, unha bomba atómica de nome simpático, "the little boy", que segaría a vida, naquel primeiro momento, de 70000 xaponeses, cifra que en poucos días se elevaría a 140000..
 Hoxe reuníronse uns 50000 (xaponses e xentes chegadas do ancho mundo). Esta nena concienciada procura rendir memoria ós mortos por medio dunha linterna de papel que acaba de acender.
 Este é un ginkgo biloba, en Hiroshima, que quedou "asustado", por un tempo, cando botaron a bomba atómica. Pero un bo día sorprendería ós seus veciños cunha nova gomariza e aí o está, espléndido. Coido que é, pola razón da súa travesía, unha árbore venerada. 
Detalle foliar do ginkgo biloba, ó que se considera un fósil vivinte, como que se supón que xa existía hai 350 millós de anos. Díse que un exemplar desta árbore pode vivir 4000 anos.

Pontevedra, 6.08.2013
Entrada n. 1694 do blog

HIROSHIMA, 68 ANIVERSARIO DO HOLOCAUSTO,
por Xesús López Fernández

Hiroshima, 6 de agosto. Na cidade xaponesa de Hiroshima reuníronse hoxe martes unhas 50000 persoas pra lembreren ás víctimas do lanzamento da primeira bomba atómica hai 68 anos. Resulta un acto de auténtica vesania que a esa bomba a bautizaran co nome de "the little boy", como se en vez de matar despiadadamente fose  acariñar ós xaponeses.

Ás 08.15 hora local, no momento no que os useños guindaron a primeira bomba atómica utilizada nunha guerra sobre esa cidade do oeste do Xapón, fíxose un minuto de silencio agora, na relembranza do brutal crime.

O alcalde de Hiroshima, Kazumi Matsui, reclamou a eliminación das armas atómicas en todo o mundo. As súas declaraciós danse nun marco no que o novo goberno xaponés do primeiro ministro Shinzo Abe quer volver facer funciona-las centrales atómicas do país, dous anos e medio despois do accidente de Fukushima.

Que o horror non se repita e que, dalgún xeito, poidamos face-la travesía da vida como os ginkgo biloba, especialmente o da foto, testigo de cargo da masacre de Hiroshima.  





2 comentarios:

José Luis Valladares Fernández dijo...

La historia no perdona nunca a los que pierden y se muestra generosa con los que ganan, aunque sea con malas artes.
Si los japoneses (o los alemanes)hubieran lanzado una bomba atómica sobre una ciudad como Hiroshima, al finalizar la contienda les hubieran condenado por genocidio. Pero como fueron los americanos, aquí paz y despues gloria

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Y creo que hay algo más, José Luís:
El bombardeo de Pearl Harbour, algo que paece fue precocinado. El Japón, en guerra con China, carecía de ciertos suministros. EEUU optó por asfixiarlos al tiempo que concentraba su flora en Pearl Harbour. Los japoneses, sin que pretende justificarlos, vieron en dicho bombardeo una posibilidad de triunfo.
Después, EEUU quedaba justificado para echar las dos bombas, "the little boy" y "the fat man" y consumar, así, el genocidio.

Un abrazo