domingo, 27 de julio de 2014

Ser cristiáns, en Oriente Medio

 Templo sirio arrasado.
 As casas dos cristiáns son identificadas coesta letra árabe, "nun", non, aviso pra que se marchen.
Despois pode ser tarde. O xenocidio é imparable mentres os promotores do Novo Orde Mundial miran pra outro lado ou preparan novas acometidas contra a Igrexa Católica.

Pontevedra, 28.07.2014
Entrada n. 1771 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.


Ser cristiáns, en Oriente Medio,
por Xesús López Fernández

            Hoxe non goberna Sadam Hussein en Irak, pero a situación dos cristiáns do país é moito peor que daquela. Se no 2003 existían no país un millón e medio de cristiáns, actualmente están en fase de acelerada desaparición, víctimas do xenocidio contra eles decretado polos yihadistas do Estado Islámico. En Irak ou en Siria estos cristiáns non queren convertírense ó islam, negativa coa que se expoñen a perde-la vida, víctimas dunha cruel violencia que queda fóra de toda razón. É unha auténtica caza do home, de exterminio dunha forma de ser cristián que duraba xa case dous mil anos, testigos de esperanza dend´os albores da Cristiandade. O caso de Malula, unha cidade siríaca que conserva o arameo como lingua, é conocido: a crucifixión de dous mozos que non quixeron pronuncia-la shahada, despois de ameazados. “Entón queren morreren como o seu amo, no que creen.Teñen dúas opciós: ou recitan a shahada o van ser crucificados”, según relato dunha monxa, sor Raghida, que dirixía a escola do Patriarcado Greco-Católico en Damasco e que se trasladou a Francia.   

            Esto está ocurrindo en Siria mentres o mundo do novo Orde Mundial mira pra outra banda. Máis rapaces cristiáns levan perdido a vida dese xeito, mentres tamén as mulleres e os nenos sofren unha extrema violencia, que ten levado a que os bebés sexan arrebatados do seo das xestantes. Son crímenes contra cristiáns consumados por grupos radicales musulmáns dependentes de Al Qaeda. Pero a barbarie non queda aí que, insaciádo-los grupos yihadistas, as cabezas dos rapaces chegan a seren utilizadas pra xogaren ó fútbol. O devandito está tirado do relato de sor Raghida en Radio Vaticano, no que, ademáis de insistir no atroz da persecución sofrida polos cristiáns sometidos á alernativa de “apostasía ou morte”, a monxa fixo un chamamento internacional e invitaba a “repensa-los dereitos humáns e a dignidade do home”.

            No Irak a xente fuxe cara ó Kurdistán ou a Turquía, pero en Mosul, onde houbo 60000 cristiáns, desapareceron xa as últimas familias que profesaban esa relixión. Aínda estos días foron queimados once templos, e profanada a tumba do profeta Jonás, venerada por xudeos e cristiáns. Tamén foi queimada a residencia do bispo. A presión contra os cristiáns de Bagdad, onde eran uns 600000, é tamén grande, se ben aí está a darse un dato prá esperanza: que cando saían da misa do pasado Domingo 20 achegouse ó seu encontro, na súa defensa, un grupo de musulmáns que tiñan vivido con eles en harmonía, portando algún deles pasquíns con esta leenda:”Eu tamén son cristián”. Algo é algo. Pero a situación é tremenda e Ban Ki-moon, o secretario xeral da ONU, afirmaba o pasado 20.07 que a persecución dos cristiáns en Mosul polos yihadistas podía considerarse un crimen contra a Humanidade.

            No serán do 20.07 un misil foi lanzado contra o convento franciscán de Yacoubieh, unha cidade algo distante da fronteira con Turquía, situado no val do rio Oronte, na Siria noroccidental. O edificio é dos irmáns menores da Custodia da Terra Santa e ten sofrido danos, afortundamente sen víctimas, según información dada polo Custodio da Terra Santa, Frai Pierbattista Pizzaballa. Os frades queren permencer en Yacoubieh, onde existe tamén un dos catro centros de acollida creados pola Custodia da Terra Santa que cada día alberga ó redor de 200 persoas e provee as necesidades doutras 4000. Os frades permanecen naquel lugar pra axudaren á poboación, non sóo cristiá, a resistir, a non deixa-las súas casas. O pánico cunde e o que non deixa o terruño é porque é sumamente pobre, que irakís, sirios, palestinos, procuran nestos momentos unha nova vida no extranxeiro. ¿Qué lle pode esperare á Igrexa así atacada? ¿Cómo se renace despois da cruz? A pregunta é procedente. Se o propio San Pedro quixo fuxir de Roma nos tempos da persecución do Imperio!. El xa marchaba cando se encontrou cunha figura que viña en dirección contraria. Era Xesús, que lle comunica que, posto que el abandona, acode a Roma pra que o crucifiquen de novo… Pedro acorda regresar pra, no seu día, recibir morte de cruz, mais coa cabeza pra baixo, por lle parecer máis humillación.       

2 comentarios:

Tellagorri dijo...

Creo, Don Xesús, que los cristianos de esa zona vienen a ser como el postre no pedido de la gran comilona del odio invencible entre judios y musulmanes.
En cualquier caso, esos crsitainos tienen un gran mérito y valor.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Javier:

Creo que es como dices. He visto cómo en Belén trabajan esos cristianos, en régimen cooperativo, elaborando incluso obras de arte, casi siempre en madera de olivo. Su esperanza es la de poder vivir sin emigrar. Sin trabajo,tendrían que hacerlo, sobre todos los hombres. Las mujeres, en muchos casos, si quieren formar una familia, la forman con un musulmán, previa renuncia obligada de su fé cristiana.
Pero en general están totalmente desamparados, aunque los franciscanos se vuelquen en la atención a Tierra Santa.
Un cordial saludo,