Mostrando entradas con la etiqueta CLORO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CLORO. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de enero de 2014

Paralíticos cerebrales, en Pontevedra

Unha cadela, Arpía, traballa nos centros de Campolongo e Lourizán, nos que se atende a 65 paralíticos cerebrales. Trátase dunha cadela d´auga portuguesa que estimula, anima, ós rapaces e adultos dese colectivo desgraciado presuntamente resultante da agresión ó medio ambiente por medio do mercurio  que Elnosa, a fábrica de cloro, verte á ría. (Foto de La Voz de Galicia)

Pontevedra, 4.01.2014
Entrada n. 1728 do blog

Paralíticos cerebrales, en Pontevedra,
por Xesús López Fernández

O mercurio chegado ó noso organismo pola vía alimentaria acaba ocasionando parálisis cerebral. Resulta sospeitoso, evidentemente, que en Pontevedra exista un colectivo importante de enfermos que padecen ese mal. A cousa está clara dende hai tempo, porque cando comezaron a se daren síntomas alarmantes fíxose un estudio da contaminación das nosas augas: dioxinas, organohaloxenados diversos, mercurio, etc. 

O tal estudio, chamado ESCORP (estudio da contaminación da Ría de Pontevedra), poría en evidencia que por cada tonelada de cloro fabricada, Elnosa estaba a vertere uns 13 gramos pasados de mercurio, cifra que, na segunda fase do dito estudio, veriase incrementada, pasando xa dos 17g. por tn. de cloro fabricada. A partir de certo momento xa non se fan, presuntamente, estudios, ou son solapados, ocultados, informes diversos.

A inxesta de ameixas ou mexilós da ría podería traer como consecuencia que unha nai embarazada lle dese vida a un neno paralítico cerebral. Hoxe, nos referidos centros do colectivo Amencer, cóntanse 65 paralíticos cerebrales. Os políticos saben, presuntamente, o que está a pasare, pero non entran nese tema porque tamén eles son paralíticos de acción e procuran manteren no conxelador sentencias existentes que terían de marcar un novo futuro. 

É máis, incluso queren darlle corda por máis tempo á fábrica de pasta Kraft e á de cloro que se asentan en Lourizán, que xa deberían estar demolidas. Os tres partidos están a participaren da política de portas xiratorias, da corrupción. Pra maior detalle de que non queren actuar, algunhas fábricas de conservas están a venderen como mexilón da ría o que están a importaren de Chile. Aquí está a resoare o aviso dado ós franceses en relación cos mexilós que importaban, que en nengún caso poderían sere da ría de Pontevedra ou dos sectores de Meloxo e O Grove, na ría d´Arousa, algo que debería acreditarse por medio de "certificado do Instituto Español de Oceanografía", como entidade seria.

Xa teremos ocasión de volver sobre este asunto, xa tratado no blog por activa e pasiva. 

Enlace: La Voz de Galicia, 4.01.2014: Unha terapia canina en Amencer.  

sábado, 1 de noviembre de 2008

GREENPEACE AVISA DE NOVO

Mariscadoras en Lourizán. Fotografía do periódico PÚBLICO, 29.10.2008.
O que era o Lourizán que conocín de neno, arriba. Abaixo, a ruína da ría dende Lourizán. Dibuxo informático de Xesús López.
Greenpeace. A industria do cloro. Contaminación silenciosa. No cumio da mesma, a parálisis cerebral, antre outras enfermedades.

Pontevedra, 1.11.2008


Entrada n. 682 do blog

GREENPEACE AVISA DE NOVO,
por Xesús López Fernández

Greenpeace avisa de novo en relación coa contaminación por mercurio da ría de Pontevedra. A causante, dende a súa instalación en Lourizán, é a fábrica de cloro ELNOSA, que a día d´hoxe e conforme ten denunciado por vía xudicial SALVEMOS PONTEVEDRA, carece de permiso concesional, como tamén ENCE, HOLCIM, que nunca tivo concesión nen licencia municipal, como tampouco JOSÉ MALVAR, según acaba de confirmar por sentencia firme o TSXG, que pasou instrucciós ó Ministerio de Medio Ambiente prá cancelación da concesión e retorno do espacio á súa condición de dominio público marítimo terrestre.

Qu´as cofradías de mariscadores da ría non estean d´acordo con Greenpeace, non-as capacita pra desmentiren á dita asociación,e presuntamente podemos supoñer que a Administración está facendo a vista gorda dende hai moito tempo porque xa dende o 1978 existe a constancia de que en Francia non admiten mexilón da ría de Pontevedra, nen dos sectores de Meloxo e O Grove, na ría d´Arousa, razón pola que piden, antr´os documentos acreditativos da remesa un certificado do Instituto Español de Oceanografía acreditativo de qu´o mexilón non proceda das ditas zonas: ría de Pontevedra e sectores de Meloxo e O Grove, afectado, pola dinámica das augas no devalo, pola contaminación que emiten Ence i Elnosa. Ten razón Greenpeace en canto dí da contaminación, pola vía trófica, ó longo da cadea alimentaria, que atacan tamén á saúde humáa.

Inclúense diversos enlaces en relación coa noticia.

[PÚBLICO.ES, 29.10.2008. AS FÁBRICAS DE CLORO, OBSOLETAS]

jueves, 15 de noviembre de 2007

MÁIS SOBRE O CLORO, CLARO [7.4.2000]

Esta sería a última das árbores, como xa teño dito nalgunha ocasión. Pero utilicémola como símbolo de cando ó meu amigo Arturo Estévez Rodríguez, unha mañá e por algún escape de cloro, aparecéronlle as maceiras coas follas todas queimadas. Después de analiza-lo desastre acontecido nun laboratorio, co seu resultado formulou unha denuncia no Xuzgado de Garda. A partir daí arrancaría o sumario no que actuou como acusación o Fiscal Gago Sevilla, que concluiría doce anos máis tarde coa sentencia descafeinada de "delito ecolóxico continuado" contra Ence-Elnosa. Arturo cansara, pero a Asociación pola Defensa da Ría persentárase como acusación. E á hora de dá-lo do de peito, patinou. Sentencia pactada, condenados uns directivos, o resultado foi garantiza-la permanencia da factoría, e declaraciós xangales, de parvaxolos. (Dibuxo informático do autor)

Pontevedra, 16.11.2007

Traballo que se complementa co seu veciño de blog, o pendurado co n. 327. O peligro permanece en Pontevedra a pesar da denominada nulidade radical que calquer xuez con sentido debería ter en conta. Pola corta distancia de núcleos habitados. Outro disparate como de Reganosa, en Mugardos.


MÁIS SOBRE O CLORO, CLARO [7.4.2000]
por Xesús López Fernández

Cando redactaba o meu traballo anterior –O abandono do cloro— non se sabía aínda da retirada da “lei da ría”, algo que, sen embargo, era previsible. Agora ten a Xunta un reto importante: demostrarnos que van facer unha lei nova pra toda-las rías baixas, espacios sensibles non porque o diga Bruxelas, senon porque o decimos nós. Lembremos, se acaso, que hai uns trinta anos afirmaba o doutor Buenaventura Andreu que as Rías Baixas eran espacios de augas case entrópicas e que, en experimentos efectuados no estreito de Rande, con sustancias contaminantes e por unha soa vez, a presencia das mesmas era evidente transcurrido un ano. Tamén se tomaría conciencia de que unha pingota d´auga, no canal central da ría de Pontevedra, demoraría a súa chegada á bocana da ría antre seis e vintecatro meses, en función do réxime de chuvias.

A realidade da contaminación está aí e hai probas de que os consumidores extranxeiros poden estar avisados do risco existente no consumo, por exemplo, do mexilón da nosa ría. Ditas probas foron entregadas hai cousa de dez anos ós partidos políticos con representación no Parlamento Galego. E coido que aínda falta un auténtico debate e que non se foi máis alá dun cambio de imaxe, pero que o risco ambiental, o envenenamento das augas, o deterioro da saúde pública permanece ante unha ignorancia xeneralizada do que realmente está a acontecer. Viste moito no discurso político falar da contaminación potencial do mercurio dunha pía de botón –50.000 metros cúbicos— mentres esquecemos a nosa realidade e que algús nenos conocidos teñen marcáda-las súas vidas, talvez, pola relación causa-efecto “mercurio-parálisis cerebral”, como en Minamatta.

Que algús organoclorados son mutaxénicos, inmunodepresores e canceríxenos é algo sabido. Que existe unha preocupación mundial tamén é certo, e son trece os foros de encontros calendados pra este 2000 nos cinco continentes. Que nun entorno clorocelulósico poida un neno, amamantado pola súa nai, recibir ata 50 veces o nivel cotián de dioxinas admisible xa non é tan sabido. Pero os suecos investigaron ben esta cuestión, ata o punto de poderen afirmar que a contaminación en tal grado sobrepasa os límites establecidos pró leite de vaca que non sería posible comercializar con tal evidencia, algo que, sen embargo, tamén denunciaron agrupaciós ecoloxistas francesas en relación co que se vendía en cinco grandes superficies da área metropolitana de París --¿?--. Leite francés.

Non levan razón os fundamentalistas do “cloro da desinfección”. O seu uso, incluso na auga, pode estar disparando os casos de cáncer no noso entorno e así, dende os anos setenta, sábese que “se daba unha maior incidencia de cáncer de esófago, recto, pulmón, larinxe e mal de Hodgkin antre os consumidores de auga clorada”. Pero tamén se advirte do alto risco que representan as duchas longas ou baños con auga clorada quente, tanto por inhalación como por absorción cutánea; que nestos casos o risco é 100 veces maior que no caso da auga clorada como bebida. En fín, ésta é novamente unha corta aproximación ó tema. Remito ó lector, pra unha maior información, á seguinte páxina web : http://www.envirodoc.com/Pollute/chlorine.htm.

O ABANDONO DO CLORO [31.3.2000]

O que bota o emisario podería corresponder á inauguración da instalación. Hoxe, a situación debe ser indescriptible. Pero non se investiga. Dibuxo informático, Xesús López.

Pontedra, 16.11.2007

Hai tempo que nos están a decir que xa non usan cloro pra branquexa-la pasta de celulosa. Un pode ter, naturalmente, dúbidas ó respecto, sospeitar que incluso se poidan estar a fabricar productos como o endrín, que aparece no ano 2004, coido que no mes de novembro, cando a depuradora atoeu, como tantas veces, e m orreu a ameixa toda de Lourizán. ¿Causante?. Suponse que o endrín, que apareceu en cantidades evidentes.

O ABANDONO DO CLORO [31.3.2000]
por Xesús López Fernández

A química do cloro arranca do sal común, que está na natureza e que flúe constantemente a través do noso ecosistema e dos nosos corpos. Pero o gas cloro é extraordinariamente reactivo á par que unha sustancia venenosa. Rápidamente reacciona con elementos orgánicos pra formar unha nova clase de productos denominados organoclorados, antre os que poderíamos citar unha longa lista. Suponse que están no ambiente máis de 11.000. E o problema medioambiental creado demanda cada vez con máis urxencia unha política de abandono do cloro, culpable da destrucción do ozono estratosférico. E centos de venenos basados no Cl2 están a contamina-lo globo enteiro, solermiñamente, presentes no aire, na auga e, pola cadea alimentaria, no home. Existen evidencias científicas da súa culpa en moitas enfermedades.

Citemos algús dos venenos basados no cloro: dioxinas, DDT, Axente Laranxa, PCBs, e os CFCs causantes do burato do ozono. Estos e outros incluídos en listas de distintos foros e gobernos deberían ser abandonados se desexamos preserva-la capacidade do planeta como sustentador de vida. E a raiz do problema é a producción e uso do cloro, arestora innecesario porque xa hai tecnoloxías prá súa sustitución. O Consello Xermán de Expertos en Medio Ambiente sentenciaba no 1990: “O crecemento dinámico da industria química do cloro ó longo dos anos cincoenta e sesenta representa un decisivo erro no desenvolvemento industrial do século vinte, que non tería ocurrido co noso actual conocemento da mesma en canto ós danos causados ó medio ambiente e riscos prá saúde, agora evidentes.”

Antre os compostos que se forman a partir do cloro, existen os que o home non controla, que se forman espontáneamente en procesos como os do branquexado da pasta de papel –que ata hai pouco recibía o 20% da producción mundial de cloro— ou na desinfección da auga –onde se aplica o 1% do cloro fabricado--. E no noso entorno tense evidenciado a presencia de organoclorados, no aire que respiramos, na auga que bebemos; mais a cuestión agrávase na alimentación, especialmente a base de peixe, porque o home está no cumio da cadea alimentaria. E así téñense atopado 177 organoclorados na grasa, no leite materno, semen, sangue e pulmós da poboación dos EEUU e Canadá. Os nenos son os que reciben máis veneno, xa na placenta ou xa co leite materno, o que pode conlevar problemas e condiciona-lo seu desenvolvemento, marcalos pra toda a vida.

O dito non é nada máis que un breve relato. Recomendo, se acaso, ó que queira máis información que busque en Internet. Introducindo a palabra “cloro” ou “chlorine”, poderá atopar información e datos en cantidade. Nunha das listas de compostos clorados a abandonar aparecen os chamados bifenilos policlorados –que abranguen unha familia de 209 conxéneres--. E lembro un traballo do Profesor Bermejo: “Bifenilos policlorados en la Ría de Pontevedra”, dito sexa con toda a intención. Recollo ó mesmo tempo a noticia de que a multinacional do cloro Solvay acaba de ser denunciada por contaminación do leite con dioxinas. Corto aquí o traballo. Espero tornar sobre o tema, do que queda moito por decir antes do abandono total do cloro.