O que era o Lourizán que conocín de neno, arriba. Abaixo, a ruína da ría dende Lourizán. Dibuxo informático de Xesús López.
Greenpeace. A industria do cloro. Contaminación silenciosa. No cumio da mesma, a parálisis cerebral, antre outras enfermedades.
Pontevedra, 1.11.2008
Entrada n. 682 do blog
GREENPEACE AVISA DE NOVO,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Greenpeace avisa de novo en relación coa contaminación por mercurio da ría de Pontevedra. A causante, dende a súa instalación en Lourizán, é a fábrica de cloro ELNOSA, que a día d´hoxe e conforme ten denunciado por vía xudicial SALVEMOS PONTEVEDRA, carece de permiso concesional, como tamén ENCE, HOLCIM, que nunca tivo concesión nen licencia municipal, como tampouco JOSÉ MALVAR, según acaba de confirmar por sentencia firme o TSXG, que pasou instrucciós ó Ministerio de Medio Ambiente prá cancelación da concesión e retorno do espacio á súa condición de dominio público marítimo terrestre.
Qu´as cofradías de mariscadores da ría non estean d´acordo con Greenpeace, non-as capacita pra desmentiren á dita asociación,e presuntamente podemos supoñer que a Administración está facendo a vista gorda dende hai moito tempo porque xa dende o 1978 existe a constancia de que en Francia non admiten mexilón da ría de Pontevedra, nen dos sectores de Meloxo e O Grove, na ría d´Arousa, razón pola que piden, antr´os documentos acreditativos da remesa un certificado do Instituto Español de Oceanografía acreditativo de qu´o mexilón non proceda das ditas zonas: ría de Pontevedra e sectores de Meloxo e O Grove, afectado, pola dinámica das augas no devalo, pola contaminación que emiten Ence i Elnosa. Ten razón Greenpeace en canto dí da contaminación, pola vía trófica, ó longo da cadea alimentaria, que atacan tamén á saúde humáa.
Inclúense diversos enlaces en relación coa noticia.
[PÚBLICO.ES, 29.10.2008. AS FÁBRICAS DE CLORO, OBSOLETAS]
[EL PAÍS, 1.11.2008.GREENPEACE AVISA DO PELIGRO DO MERCURIO NA RÍA DE PONTEVEDRA]
[FARO DE VIGO, 1.11.2008. AS COFRADÍAS CRITICAN O ESTUDIO DE GREENPEACE SOBRE OS VERTIDOS DE MERCURIO EN LOURIZÁN]
[20 MINUTOS.ES, BARCELONA. 29.10.2008.GREENPEACE AFIRMA QUE AS INDUSTRIAS DE CLORO CONTAMINAN COMO HAI DEZ ANOS.]
[FARO DE VIGO, 1.11.2008. AS COFRADÍAS CRITICAN O ESTUDIO DE GREENPEACE SOBRE OS VERTIDOS DE MERCURIO EN LOURIZÁN]
[20 MINUTOS.ES, BARCELONA. 29.10.2008.GREENPEACE AFIRMA QUE AS INDUSTRIAS DE CLORO CONTAMINAN COMO HAI DEZ ANOS.]
No hay comentarios:
Publicar un comentario