Mostrando entradas con la etiqueta Elnosa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Elnosa. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de enero de 2009

LOURIZÁN NA MEMORIA [26.01.2006]

Dende Lourido, o inferno de Lourizán. Cando era areal largacío era espacio ricaz en ameixas e croques. Tamén foi lugar de entalladas. Todo estragado dende o 1963 e pró que non existe vontade rexeneracionista polo evidente contubernio político-pasteiro.
-
Pontevedra, 26.01.2006
-
Entrada 795 do blog
-
Artículo semanal.
-
Lourizán na memoria,
por Xesús López Fernández
-
Agora que os partidos están en campaña volve entrar nos discursos o tema Ence. O PSOE non compreu as promesas nos seus catro anos de goberno co BNG, e agora súmase ó circo de ofertas da posible solución ambiental o PP. ¿Coa idea de Telmo Martín? Non, gracias. Pero ese partido non quer botar man do seu gran argumento, pasado o susto de Tisú de Lourizán --¿pasado?--.Foi en tempos de Isabel Tocino, no 1996, cando se fixou o deslinde das marismas de Lourizán e zonas de Mollavao como dominio público marítimo terrestre; e da súa condición de inembargable, inalienable, imprescriptible e insusceptible de desafectación asinou tamén decreto a ministra Cristina Narbona antes de ser eliminado o ministerio de Medio Ambiente --engulido con Agricultura e Pesca nun novo organismo--, posible arrancada dunha nova involución na defensa da Ecoloxía que no organigrama de Núñez Feijóo tamén perdería importancia ó fusionala con Fomento, aquí en Galicia.
-
Un lembra o tempo no que Lourizán e Os Praceres eran as praias de Pontevedra, comunicadas por tranvía, o mesmo medio que usaban algús pra se achegare ó lugar a tomar unhas ameixas. Pero todo se iría desnaturalizando co tempo, comezando pola construcción da avenida de Marín, que tamén “é mar” porque está asentada en dominio público marítimo terrestre, que se convertiría nunha gran cetárea antes de procederen ós recheos prá concesión da pasteira. Coa posta en marcha da mesma sen tere en conta a súa nulidade radical, comezaría o alcatreo e a serie longa de enfermedades aínda constatables nos Boletíns Epidemiolóxicos de Enfermedades de Obrigatoria Declaración, polo menos mentres se incluíron nos mesmos, o que serviría pra rubricare o informe do ministerio da Vivenda do 1973 en relación con Ence i Elnosa, ó tempo que negaban a recalficación das marismas de Lourizán como chan industrial: “la construcción ahí de esas dos fábricas fue un error del que solamente problemas para la salud y convivencia humanas se podrán derivar. Habrá que trasladarlas a otro lugar en momento aún no determinado”. Máis sinceros que agora.
-
A contaminación da ría, xunqueiras incluídas, comezada por Tafisa e os vertidos urbáns, acentuaríase de forma grave, como quedaría demostrado polo ESCORP [Estudio de Contaminación da Ría de Pontevedra], feito en dúas fases, que dalgún xeito tentaron tapar. Outras agresiós: o desecado das xunqueiras e os recheos do porto, constantes ó longo de vinte anos con independencia do partido político que controle a Autoridade Portuaria, como tamén coa construcción do ferrocarril que invade 55000 mt2 de terreo demanial, unha fronteira co dominio público marítimo terrestre denunciada polo ministerio de Medio Ambiente, oposto ó de Fomento do propio goberno Aznar. Diremos tamén que as sentencias favorables á Asociación de Veciños d´Os Praceres, en relación cos pasos a nivel da praza d´Os Praceres e coa factoría Tradepana, permanecen sen executar. A edar ilegal tamén incide na morte da ría, e denunciémo-lo proiecto do macronudo de Mollavao. Xunto coa pretendida construcción dunha pasarela ó longo da autovía, poderían mostra-las verdadeiras intenciós dalgunhas forzas políticas en relación co futuro das marismas deLourizán.
-
Lembrémo-las promesas de Touriño de hai catro anos, en Pontevedra: “Ence sí, pero non aí”. A rexeneración ecolóxica da ría non arrancou. Aínda o 4.05.2008 decía Manuel Vázquez: “O goberno galego non lle vai fallar ó pobo de Pontevedra”. I é triste que queiran seguir usando Ence como cimbel electoral, que xa non é posible dende a presentación o 14.01.2004, unha data pra relembrare porque, en exercicio da acción pública, coa presentación de escrito de denuncia ante as Administraciós públicas, Salvemos Pontevedra desencadearía o conocemento da verdadeira trama política e socioeconómica do entorno de Ence-Elnosa en Pontevedra. Algús aínda levamos na memoria o Lourizán que foi traicionado coa ría toda. E a traición sigue.

sábado, 1 de noviembre de 2008

GREENPEACE AVISA DE NOVO

Mariscadoras en Lourizán. Fotografía do periódico PÚBLICO, 29.10.2008.
O que era o Lourizán que conocín de neno, arriba. Abaixo, a ruína da ría dende Lourizán. Dibuxo informático de Xesús López.
Greenpeace. A industria do cloro. Contaminación silenciosa. No cumio da mesma, a parálisis cerebral, antre outras enfermedades.

Pontevedra, 1.11.2008


Entrada n. 682 do blog

GREENPEACE AVISA DE NOVO,
por Xesús López Fernández

Greenpeace avisa de novo en relación coa contaminación por mercurio da ría de Pontevedra. A causante, dende a súa instalación en Lourizán, é a fábrica de cloro ELNOSA, que a día d´hoxe e conforme ten denunciado por vía xudicial SALVEMOS PONTEVEDRA, carece de permiso concesional, como tamén ENCE, HOLCIM, que nunca tivo concesión nen licencia municipal, como tampouco JOSÉ MALVAR, según acaba de confirmar por sentencia firme o TSXG, que pasou instrucciós ó Ministerio de Medio Ambiente prá cancelación da concesión e retorno do espacio á súa condición de dominio público marítimo terrestre.

Qu´as cofradías de mariscadores da ría non estean d´acordo con Greenpeace, non-as capacita pra desmentiren á dita asociación,e presuntamente podemos supoñer que a Administración está facendo a vista gorda dende hai moito tempo porque xa dende o 1978 existe a constancia de que en Francia non admiten mexilón da ría de Pontevedra, nen dos sectores de Meloxo e O Grove, na ría d´Arousa, razón pola que piden, antr´os documentos acreditativos da remesa un certificado do Instituto Español de Oceanografía acreditativo de qu´o mexilón non proceda das ditas zonas: ría de Pontevedra e sectores de Meloxo e O Grove, afectado, pola dinámica das augas no devalo, pola contaminación que emiten Ence i Elnosa. Ten razón Greenpeace en canto dí da contaminación, pola vía trófica, ó longo da cadea alimentaria, que atacan tamén á saúde humáa.

Inclúense diversos enlaces en relación coa noticia.

[PÚBLICO.ES, 29.10.2008. AS FÁBRICAS DE CLORO, OBSOLETAS]

viernes, 22 de agosto de 2008

ACCIDENTE PELIGROSO.

Accidente dunha cisterna con hipoclorito sódico que volcou este serán no acceso á Autopista A-9, procedente de Elnosa. Trátase dun accidente reiterado. Resultou con queimaduras nun pé o conductor da cabeza tractora.

Pontevedra, 22.08.2008
Entrada n. 578 do blog


ACCIDENTE PELIGROSO,
por Xesús López Fernández

A edición dixital de La Voz de Galicia comunica como noticia o accidente ocurrido este serán no acceso á autopista A-9 dende a autovía de Marín. Verteu lexivia, según informan fontes dos bombeiros. O accidente produceuse ás 17,11 horas, no kilómetro 2 da PO-11. Accidentes similares e nese mesmo espacio prodúcense con reiterada frecuencia, un dos peligros ós que nos ten afeitos a factoría Elnosa, situada nas Marismas de Lourizán e cuio cerre está demandando ante os tribunales por Salvemos Pontevedra, ante a inoperancia dun Concello que presumía de ecoloxista.

Falta aínda o salto cualitativo, o escape de cloro masivo, o que poría en peligro a toda a poboación do entorno e pró que non existe un plan de emerxencia certo. Avisaríanos con sirenas, pero nada máis. Aínda non se atreveron cun suposto táctico aínda que o levan anunciado dende hai anos.

Si esto fose realmente un Estado de Dereito, tanto Elnosa como Ence, como tamén Holcim e mai-la depuradora, hai tempo que terían desaparecido de Lourizán. É máis, cun goberno realmente democrático, estariamos xa ilusionados cos traballos de recuperación das Marismas de Lourizán.
Pero resulta que a democracia está ausente no goberno local, na Xunta e no Goberno Central, que sí dinamitan monolitos en memoria de Franco, como o das Cíes, pero esquecen que aquel réxime autoritario, o denega-lo permiso pró PXOM pontevedrés do 1970, decía no 1973 [o Ministerio de la Vivienda]: En canto a esas industrias [referíase a Ence i Elnosa] haberá que considera-lo seu traslado en data por determinar. A súa presencia en Lourizán vai ser causa de problemas prá saúde das persoas, á par que da súa convivencia. Algo así quedou tido e argumentado ante o Concello de Pontevedra, o mesmo que quer construí-la ponte das Correntes ou o scalextric de Mollabao, preparando, como temos xa dito nalgunha ocasión, o trinque urbanístico. [Xa se poden aduviñar presuntos beneficiarios do chan recalificado].O accidente requireu o desprazamento de axentes da Guarda Civil, Policía Local e Policía Nacional, según comentarios do periódico, que siguen:
El camión transportaba entre 10.000 y 12.000 litros de hipoclorito sódico (lejía pura), de los que derramó por la carretera una cuarta parte, según indicaron las mismas fuentes.
Mentira. La cifra declarada no se corresponde con la que con fecha 23.08.2008 citan El Faro de Vigo e mai-la Voz en crónica actualizada: 24500 litros. Vese que nos quixeron colar, en principio, unha cifra menor; minorizar así o peligro no que decote estamos a vivir.
Como consecuencia de este accidente, fue cortado el tráfico y se estableció el nivel rojo, con un cordón policial de protección para que no se acercasen las personas, indicaron fuentes de la Guardia Civil.

Al lugar de los hechos se desplazaron agentes de la Guardia Civil de Tráfico, Policía Local, Policía Nacional y dotaciones de bomberos, que arrojaron agua al hipoclorito que vertía la cisterna por una de las bocas de parte posterior.

Los agentes, provistos con máscaras antigás, establecieron un cordón de protección, mientras un técnico intentó controlar el vertido, taponando la cisterna.

domingo, 1 de junio de 2008

A RECUPERACIÓN DA RÍA DE PONTEVEDRA [2.06.2008]

Fotografía histórica dos últimos 1950. Lourizán, xa cercado polo trazado da autovía. Antigua praia de Pontevedra, aí aprendín a nadar e reparei, aínda neno, na extraordinaria riqueza en ameixas e croques, da que ben podía vivi-la parroquia. Curiosamente, antes de procederen ós recheos, no espacio conformouse un gran viveiro de biodiversidade: cariocas, lenguados, ostras, anguilas, vieiras, camarós, ademáis da que fora a súa vida de sempre.
Os Praceres, vista dende Estribela, case todo o espacio víctima dos recheos amparados por Tomás Iribarren, a Ramallo e o actual presidente da Autoridade Portuaria, Surís, éste do PSOE. Pero as cousas non cambiaron. ¿Quén manda? Evidentemente, os clústers antes que os políticos que esqueceron as condiciós que definen un dominio público marítimo terrestre como inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación, algo defendido por Salvemos Pontevedra e ratificado por Cristina Narbona, agora de baixa no organigrama do PSOE. Peligro, peligro....

Pontevedra, 2.06.2008.

Entrada n. 499 do blog.

Traballo semanal, unha especie de recordatorio á clase política que non está a cumprire cos seus deberes. Parece que agora andan quentes, cada grupo co seu discurso particular porque, presuntamente, van convocar elecciós autonómicas. A súa bandeira do "¡Ence, fóra da ría!" non é nada máis que unha carallada, porque pra recupera-la ría, pra nos devolve-lo capital social arrasado pola súa culpa, terían que demostraren unha vontade férrea e tomarlle o pulso á natureza. Ence-Elnosa son culpables en gran parte do deterioro ambiental producido; pero de moitas das agresiós contabilizadas son os propios políticos os culpables. O artículo, dentro da súa limitación, tenta mostrar algunhas das culpas da caste política á par que a súa impotencia pra liquida-lo problema do enclave colonialista clorocelulósicos e recupera-la vella ribeira.

A recuperación da ría de Pontevedra [2.06.2008],

por Xesús López Fernández

Volve Touriño prometernos que sí existe un compromiso da Xunta prá recuperación da ría de Pontevedra. No seu discurso, feito na nosa capital o pasado 31.5, no acto da entrega de premios ós pontevedreses do 2007, o home reafirmouse na permanente disposición do Executivo que preside pra traballare en conxunto coa nosa vila nos moitos i esperanzadores proiectos de futuro que a cidade ten por dediante. [¿…..?] Parece que un desos proiectos encara a recuperación ambiental da “fermosa ría de Pontevedra”, cada día menos ría según nos consta por procedementos incoados ante a Xusticia precisamente porque as instancias políticas non están polo labor que dí o noso presidente. Está sí nos discursos. No de Touriño, no de Quintana, no de Alberto Núñez Feijóo. Nos discursos. Por eso debemos lembra-lo dito polo presidente na campaña electoral das anteriores autonómicas, a súa reiterada frase de “¡Ence sí, pero non aí!”, e outras sobre a recuperación do gran capital social da ría.

Como vai haber novas elecciós en breve, comezaron os tres partidos con presencia parlamentaria coa súa promesa de sacar Ence i Elnosa da ría, bandeira electoral. Discurso corto, que a rexeneración debe abranguer outras actuaciós. Porque un simple inventario dos disparates aquí cometidos levaríanos a enumerar cuestiós como: a desecación das xunqueiras do fondo da ría, a conversión en chousas das zonas de Mollabao e Lourizán, os recheos de Estribela, “crimes de lesa natureza”, ó servicio de empresas que poderían asentarse lonxe da costa.. A construcción da autovía e a do enclave clorocelulósico en Lourizán foron un claro disparate. E o réxime franquista, ano 1973, non deixou de sinalar ó complexo industrial como causante de problemas de saúde e convivencia humáas, e pensaba, xa daquela, no seu posible traslado. Un novo asentamento no que non se dea a “nulidade radical” actualmente existente [Raminp, Lei de Costas, Constitución], deberá ser responsabilidade das propias empresas, presuntamente sen concesión dende a súa privatización.

Dúas sentencias firmes poderían xa ser aproveitadas pola Xunta no camiño desa anunciada “restauración”: a do ferrocarril pol-Os Praceres, ilegal, e a de Tradepana, ambas consecuencia dos xuicios promovidos polos veciños daquel lugar. A depuradora que tamén lle tocou á parroquia mártir é outra clara ilegalidade. A denuncia está xa ante o TSXG, a tenor das leis e xurisprudencia existentes, de sentencias dictadas polo Tribunal Supremo ou ben polo TSXG [Aranda de Duero, Suances/Cortiguera, en Santander, e Reza, en Ourense]. No caso d´Os Praceres non cabe a “autorización ambiental integrada” da que precisan esas instalaciós. Na d´Os Praceres dáse a citada “nulidade radical”. E, asentada en terreo concesional de Ence non segregado, carecen de concesión edar i emisario. A Xunta precisa dunha maior coherencia e resolución. Se o seu discurso de “rexeneración” vai en serio deberá abandona-lo proiecto da construcción do nudo de Mollabao, con 200mt. de diámetro, outra agresión ó dominio público marítimo terrestre. A chousa de Lourizán, ¿un solar?

Eu penso que a restauración sí é posible, pero que non se vai resolver nada en base a actuaciós mal definidas: máis calado en Estribela con cargas de dinamita; un maior saneamento en base a máis e máis tuberías pra, por medio do emisario, contaminar máis e máis a ría, medio sensible, a cuia morte está contribuíndo, tamén, o urbanismo irracional que decote vai estragando o capital natural das ribeiras. Por certo: aquí non se está a promove-lo conocemento cidadán da Axenda21Local, instrumento democrático que predica, antre outras cousas e como temos dito máis dunha vez, a recuperación do capital natural. Pero o Concello de Pontevedra, co seu PXOM, non parece estar polo labor. Nada resolven as “festas da auga”, un ben común aquí privatizado en gran parte prá súa conversión en vector de morte. ¿Recuperarémo-lo areal de Lourizán? Con máis vontade que discursos, sí.

miércoles, 14 de mayo de 2008

ESTOUPA UN GASEODUCTO. [11.05.2008]

Maxinalo é fácil. Buscade en Google a información da Cruz Roxa. Cen mortos en Nixeria. 16.05.2008.

Pontevedra, 18.05.2008. Addenda. Aínda que o vídeo reproducido a continuación corresponde ó estoupido dun gasoducto nos Estados Unidos, 1994, desgracias asimilables acontecen acotío. Por exemplo, as fotos que agora incluímos corresponden ó reventón e deflagración conseguinte dun oleoducto en Nixeria, ó Norte de Lagos, a capital económica do país, o pasado 16.05.2008. Houbo máis de cen mortos. O país aínda lembra dous accidentes similares, o pasado ano 2007, e outro no 2006, con douscentos mortos carbonizados. Non convén frivolizar con estes temas, nen basa-la seguridade na prepotencia falaz do esquecemento das leis, da presunta delincuencia arribada ó poder, ou da súa capacidade pra lle marca-la folla de ruta ós gobernantes.

(Se o video non está operativo buscade en Xornal.com artículo do mesmo título e autor.)


Pontevedra, 15.05.2008

Entrada n. 486 do blog.

O que reproduce o vídeo refírese ó estoupido e conseguinte deflagración dun "pipeline" da compañía Edison Natural Gas, en Durham-Woods, USA. Tamén ó escenario de ruínas no que se convirteu o lugar. Curiosamente, non houbo nada máis que un morto, dun ataque de corazón, e máis de cen persoas quedaron sen fogar. Suponse que é o autor do video o que chega afirmar, con certo humor: "Tiven sorte d´aquela".

As esceas poden servire a modo de reflexión do que esos accidentes, atentados ou actuaciós terroristas poden traer como consecuencia por onde queira que pasen gaseoductos, circulen cisternas ou haxa depósitos de gas natural, d´algún tipo de pesticida, de cloro, etc.

Maxinemos que acontece algo así, que sería moito peor, en Mugardos; que acontece en Pontevedra.... ¿Cántas víctimas, qué horrores habería que contabilizar? ¿Poden os políticos, coas súas decisiós culpables, garantizarnos que nunca vai pasar nada cando acaban de nos traicionar no asunto da "autorización ambiental integrada" de Ence i Elnosa? ¿Podemos falar de corrupción? Teñamos presente que nun informe dos 80 sobre posible plan de emerxencia prá fábrica de Pontevedra afírmase que, no noso caso, non habería posibilidade de evacuación nen de confinamento, máxime agora, tendo en conta o laberinto urbanístico no que foi reconvertida a cidade. Sería bo que a consellería de Medio Ambiente, no canto de lle dar carpetazo ó asunto da AAI, reconsiderase o dito no tal informe, como tamén os caciques locales, igualmente culpables.

En fin, o ínterese desta entrada está na visión dantesca do acontecido en Durham Woods, no ano 1994. Se logro recoller outros testimonios prometo inserilos no blog.

Acordémonos de Seveso, de Bophal e outros casos dos que non se informa axeitadamente. En Minamatta témo-los pontevedreses un atencedente do que está a acontecer coa nosa ría.

miércoles, 23 de enero de 2008

ENCE, ELNOSA, CONTUBERNIO

O complexo clorocelulósico. Téñase presente que a avenida a Marín tamén está asentada en dominio público marítimo terrestre. E que non está na idea do Bloque a súa futura recuperación. Vista aérea do complexo Ence-Elnosa, a morte da ría, fábricas de enfermedades e deterioro medioambiental.
Fotografía do complexo contaminante, dende Lourido.

Pontevedra, 23.01.2008

ENCE I ELNOSA, CONTUBERNIO
por Xesús López Fernández.

Entrada n. 415 do blog. Antes de leé-lo que vai nesta entrada será mellor repasa-lo dito na entrada n. 413 sobre "Ence e os Políticos", ese xogo dialéctico que, fóra do tempo electoral no que estamos metidos e máis alá da pretensión de convencer ós "imbéciles e duros" pra ver se lles dan o seu voto, non ten xustificación de nengún tipo. Todo se volve pura mentira e máis que informar están a desinformaren.

Na entrada citada faise unha alusión a Salvemos Pontevedra, a ONG que sigue adiante coa súa cruzada xudicial, na defensa do Estado de Dereito. E algo terá que decir, máis ben moito, si hai foro que se preste a elo, a dita asociación, que remiteu dúas notas de prensa estos pasados días, en relación con Ence i Elnosa, presuntamente fóra da Lei.

As dúas empresas, ilegales por razón da súa ubicación terían necesidade de autorización de actividade ambiental integrada, algo en principio imposible por circunstancias de nulidade radical a tenor do disposto no Raminp. E a data límite pra ver de camelar ó Concello e á Xunta era o 30.10.2007. (Realmente, ambas Administraciós déixanse camelar ou se benefician da relación coas ditas empresas)

Elnosa recurreu os informes do Concello, que se arrandeou no tema e que non demostrou vontade de volver sobre o asunto, pero como Salvemos Pontevedra estaba presente no procedemento, foille notificado o acordo finalmente producido, razón pola que esa Asociación mantén o seu recurso na vía xudicial. Non quero ser máis claro mentres non dispoña do comunicado de prensa da agrupación ecoloxista.

Pero en relación con Ence algo sí dí a prensa d´hoxe, unha mala nota no Diario de Pontevedra e outra non tan mala en La Voz, que está na edición escrita, pero non na dixital.

Grosso modo, o comunicado, que incluiremos nunha entrada posterior, refírese ó escrito de data 21.1.2008 de Salvemos Pontevedra, "solicitando a desestimación da Autorización Ambiental Integrada á Empresa Ence", apoiada en tres argumentos: 1. "O artículo 21 da Lei 16/2002 establece que o órgano competente terá de dictar resolución nun prazo máximo de 10 meses. Dado que a solicitude foi presentada no ano 2004 ten transcurrido dabondo o tempo máximo establecido polo que, en aplicación da mesma Lei, a solicitude debe entenderse desestimada.";

2. A asociación considera que non é de aplicación ás instalaciós existentes o Réxime da Disposición Transitoria primeira da Lei 16/2002 (PCIC), que sóo se pode aplicar a aquelas instalaciós que cumpran tódo-los requisitos de carácter ambiental esixidos pola normativa sectorial aplicable". Polo tanto afirman que "terase de dictar resolución desestimatoria".

3. Por último e consecuentemente á argumentación do escrito, solicitan a paralización inmediata da actividade do complexo, ó ter transcurrido a data límite (30.10.2007) pra obte-la actuación ambiental integrada, indispensable pra operar.

Eso é o que hai e diríase que os políticos non saben o que teñen que facer. Que o conselleiro de Industria teña falado dunha prórroga é unha de tantas falacias destas xentes que nos gobernan. A prórroga prevea a propia Lei. Seis meses a partir do 30.10.2007 digamos que pra desmantela-la fábrica. Mante-la fábrica activa é estar contra a Lei.

Por outra banda, dentro das noticias d´hoxe, dise que Ence podería recolocar ó 70% da súa plantilla nunha central de biomasa. Eso e a posibilidade de entrar no negocio da enerxía eólica parece se-lo colofón que están deseñando, ó tempo que que traballan os votos, como deciamos antes dos "imbéciles e escuros". Eles, "os féridos e duros", que diría Pondal.

martes, 22 de enero de 2008

ENCE E OS POLÍTICOS [22.01.2008]

O Brado, de Münch, noutra versión con fondo máis boreal, a ría, máis ou menos, zona C total polo incumprimento dos políticos cos seus deberes. O esteiro de Pontevedra, cada día que pasa, parécese máis ó retrato de Münch.
O Brado, de Edvard Münch, xa reiterado neste blog, desta volta coa compaña doutra das versiós do pintor. Podemos maxinar que a pasarela de Ana Pastor xa está complementada coa que queren facer Lores e Mosquera. O persoaxe do primeiro plano fuxe d´algo horrendo. Os outros poden estar a falaren do pelotazo urbanístico no que queren converti-las marismas de Lourizán.

A pasarela que no seu día posibilitou Ana Pastor continuaríase coa que o Bloque está a propoñer ata As Corbaceiras. En Ecoloxía, "¡O Bloque, o PP, a mesma cousa é!". E o PSOE, sen color.


ENCE E OS POLÍTICOS,
por Xesús López Fernández

Pontevedra, 22.01.2008

Entrada n 413 do blog.

Aínda onte introducimos algún comentario sobre o debate que, sobre Ence, se traen os políticos e a empresa. E a prensa d´hoxe volve sobre o asunto. Babosadas que se lle ocurren ós que carecen de argumentos e de política ecoloxista, porque estamos en campaña. Quérenos adormecer os que militan na "mellor profesión do mundo" e pensan que ese feito os capacita pra no-las colar como queren.

Se hoxe volve o conselleiro de Medio Ambiente decir que existen conversas fluídas, que todo o mundo o sabe "porque é unha verdade a voces", o que todo o mundo sabe é que, dende o 2005 non se adiantou sustancialmente no asunto. E un dubida que existan, incluso, conversas intelixentes ó respecto. ¿Gobernan ou non gobernan?. ¿Teñen ou non teñen en conta as leis e os posicionamentos da Xusticia en relación coa súa posible aplicación?

Antes de seguir introduzo aquí unha pequena nota: a dunha entrevista feita a Gabriel Albiac en La Razón do pasado Domingo 20, en relación cun libro que acaba de editar, "Contra la Política". O home dí que hai que votar, fundamentalmente, pra nos liberar dos peligros da clase gobernante, na que neste momento teñen protagonismo persoas que carecen da debida formación. Albiac chega decir que, nun páis como Francia, tanto Zapatero como Pepiño Blanco non pasarían, seguramente, de bedeles nalgunha dependencia provincial. O home fala de máis cousas, como de que en Francia tiveron unha relativa sorte porque Charles de Gaulle, Georges Pompidou, incluso o sórdido Mitterrand, foron homes cultos. No xogo de palabras que implica a declaración enteira, da comparación que fai do caso francés e o español é polo que ousa decir o que queda transcripto no parágrafo anterior.

Pero eu quería chegar a outra cousa, oída onte pola Cope, cando viaxaba a Vilagarcía: as palabras o "padioleiro" Quintana, vicepresidente de "Galiza", emprazando a Rajoy pra que asuman no seu programa a fin de Ence na ría de Pontevedra. ¿Pero é que o Bloque leva éso no seu programa? ¿É que Quintana e Touriño, os homes que prometeron acabar coa factoría, non gobernan? ¿Pra que coño levaron no seu programa a solución do problema cando realmente son impotentes pra demanda-lo cerre de Ence i Elnosa, pra lle pasaren á Xusticia a pataca quente da nulidade radical das ditas empresas?

Son uns inútiles que sabe Deus o que realmente están a pactaren. Porque hoxe, sí, falan dun coste de 600 millós de euros pró traslado da factoría. E da rexeneración das marismas que tería que asumi-la empresa, ¿non falan?. ¡Aí si que lles doe! Porque o Bloque xa propuxo, en certa ocasión e como teño comentado no meu traballo "¡Claro que había trama!", o traslado de Ence a Barro-Meis. I esos fenómenos apuntaban como solución pró fornecemento de auga o encoro de Pontillón do Castro. Verterían, según o conselleiro de Industria, á ría de Pontevedra, pero con outras medidas. ¡Claro!. E a financiación pró cerre adiantado agromaría da conversión do que hoxe é dominio público marítimo terrestre en solar. ¡Ese é o ecoloxismo d´O Bloque, o ecoloxismo de Quintana!

Tamén na Cope de onte, no tempo da tertulia de César Vidal, o home citou o caso de Atenas, o traballo cotián da Xusticia. En tempos de Aristófanes, ós atenientes fóralles persentado un novo mapa da cidade. Pero a sociedade ateniense non quedou conforme, porque no mapa non se veía a Xusticia, o laborar diario da mesma. Naturalmente, César Vidal se refería á ausencia de valor na Xusticia do noso país, á súa neutralización, a que os políticos non-a contemplan como asignatura maior.

O mesmo acontece en Galicia, que si funcionase, Ence, Elnosa, Holcym, e a propia EDAR d´Os Praceres, non estarían xa aí. Esquece Quintana que algunha das administraciós controladas polo seu grupo son presuntas delincuentes, por acción --EDAR-- ou omisión --Ence, Elnosa, Holcym--, xa por caducidade da concesión, xa porque nunca a tiveron.

Eso sábeo ben Salvemos Pontevedra, que está presente nos procedementos contra Ence i Elnosa, pero resulta extraño que o seu comunicado ós medios do día d´onte, non foi aínda publicado nos medios comús, o que revela que existe un claro enredo antre os partidos e o lobby clorocelulósico, etc. A ver se mañán sabemos algo máis.

viernes, 30 de noviembre de 2007

CARA Ó 13 DE XUÑO [28.06.1999]

Laberinto ou funilario pontevedrés. Nunca se sabe cómo vai termina-lo camiño, o intento de entrar na cidade. Dibuxo de Xesús López Fernández.

Foi Tafisa a que comezou a tinguir de mourado o fondo da ría, nos anos 50. Despois viñeron cousas máis graves. En relación coa aparición de endrín no ano 2004, que matou a ameixa toda, non se quixo investigar, ou eso se supón. Dibuxo informático de Xesús López.

Pontevedra, 30.11.2007

Artículo do 1999 previo ás municipales daquel ano. Poderíase reiterar, porque nada cambiou sustancialmente. A Xusticia sigue cortiña, os políticos sen conciencia ambiental. Anque desta volta e cara ós comicios xerales de marzo 2008, anden de novo a venderen fume e a faceren novas promesas de Ence mentres esquecen o seu grado de delito, as tres Administraciós, en relación coa depuradora d´Os Praceres. Sí, temos tres Administraciós presuntas delincuentes.



CARA Ó 13 DE XUÑO [28.06.1999],
por Xesús López Fernández

Agora sí que estamos na recta final, coa campaña oficialmente comezada. ¿Qué facer co voto?. ¿Pode alguén realmente merecelo?. ¿Existe algún programa ilusionante ou non procede facer co voto outra cousa que o que propoñía un humorista de La Razón –Caín, 27.05.99—, “enterralo ou incineralo”?. Pode non existir outra alternativa que a proposta polo humorista. I é triste, porque no noso caso habería moito que facer, que ofrecer, que rectificar, que investigar e xudicializar chegado o caso, agora que parece que tamén a Xusticia se vai mover e que un novo xuez vai reforza-la investigación sumarial levada a cabo en relación co presunto delito ecolóxico continuado de ENCE. Parece que o Ministerio Fiscal non sempre estivo apoiado.

Oín xa, nun dos primeiros debates, o discurso de tres candidatos sobre o tema das vasuras. Sobra todo o que supoña insistir na idea da incineración, posposta xa en Francia, onde como consecuencia das dioxinas liberadas no proceso de combustión téñense contaminado grandes praderías. A presencia das dioxinas en carne e leite vendidas en grandes superficies francesas ten sido denunciada por grupos ecoloxistas. Cun pouco de “sorte” tamén se poden mercar aquí. ¿Estáse investigando?. ¿Saben ésto os partidos na campaña?. ¿Sábeo a Xusticia?. Non á incineración e non parece afortunada a renovación do contrato de recollida de vasuras, que poderían ser un negocio municipal, como en Nova York, como en tantas cidades americáas. E sóo no estado de New Jersey existen, polo menos, sete fábricas de papel reciclado.

Outro tema quente é o do Mercado Municipal, que xa debería estar reinaugurado. A demora producida está condicionando compras de temporada, afogando o comercio dunha zona, a vella, tal vez definitivamente arruinada. Privada de espacios de aparcamento reventa polas noites como consecuencia da movida. E agora propoñen os grupos políticos soluciós que non foron capaces de vertebrar, de consensuar no tempo que se lles acaba, por simple falta de sentido común ou por acochar, presuntamente, a defensa de certos intereses máis alá do dereito a descansar dos residentes; por non querer facer un urbanismo con calidade de vida nen tan siquer nas novas áreas urbáas. Pontevedra como funil. O funilario. Parece o nome dun xogo. ¡Quén sabe!.

O tema de Elnosa está claro. Non pode estar aí por lei. E xa un pleno municipal pronunciouse, hai anos, polo seu cerre. Este asunto tiña que estar resolto, como o de ENCE ou o de Tafisa. Se verdadeiramente quixeramos recupera-la ría e mai-lo río tería que estar prantexado xa o cambio urbanístico, a reconversión de Lourizán na gran praia de Pontevedra, nun espacio como o da Concha de San Sebastián. Ou o espacio de Tafisa, coa que comezou a morre-la ría nos anos cincuenta, que parece nunca foi multada. Sí, temos que recupera-la ría e mai-lo río. E a nosa atmósfera. Confiemos na Xusticia que, polo menos en Cataluña, acaba de sentenciar a un empresario textil, por contaminación de acuíferos, a máis de catro anos de cárcere. Coido que algo se está a mover e que non queda outro remedio, como vía de esperanza, que xudicializar estas cuestiós: Ence, Tafisa, O Rapadiño. Pode que tamén algunha institución teña que se sentar no banquiño. Votar polos partidos, xa vai dito, pode equivaler a enterrar ou a incinera-lo voto.

lunes, 5 de noviembre de 2007

RETRINCOS POLÍTICOS [5.11.2007]

O meu icono sobre o idioma galego agredido polas normas do Diktatt. Fantasía informática xa reiterada no blog. Da serie "banco de peixes". O fondo areoso e outros fondos. Fantasía de Xesús López.
Reitero a interpretación informática das nove ondas da Lanzada, un dos nomes de lugar que Colón levou a América [Punta Lanzada]. Xesús López. Acantilado, un tanto naïff. Fantasía informática de Xesús López.
1.- Do idioma galego

Andan a voltas coa desfeita da nosa lingua dende púlpitos políticos, tentando impoñe-las normas do Diktatt, da tribu estalinista. Hoxe leo en La Voz de Galicia que existen nada menos que 1900
equipos de normalización lingüística, pero a cousa parece que non vai e que se atopan con non poucas resistencias.

A desgracia é que non se está a practicare unha auténtica pedagoxía do idioma galego, que como moitos outros, como temos dito non poucas veces, corresponde a unha creación social, popular, e que a Real Academia Galega, con algo máis de cen anos, non xogou nengún papel na súa formación; pero si o está a xogare desta volta na súa desfeita, na imprantación da especie de trampitán ou galegués creado nos laboratorios do Bloque.

Se os ingleses non teñen unha Real Academia pero crearon, en troques, o idioma máis conocido no mundo, qué coño de necesidade de Academia temos nós, sobre todo os que vimos escribindo na nosa fala dende hai uns cincoenta anos e que vivímo-lo proceso de acoso e derribo á nosa lingua.

Queren agora estos comisarios políticos da lingua cambiarlle o nome a Galicia i, antre outras cousas, están a dictar "servizo, xuizo, xustiza, grazas", é decir: galegués puro, pra que a xente vaia asumindo o nome de Galiza que din os portugueses pero non, ¡nunca!, os brasileiros, que usan o de Galicia, como debe ser.

E andan tamén a xogaren coas enquisas pra se xustificaren e poder afirmar que o galego está recuperando terreo. Pra chegar a esa afirmacion exclúen do cómputo ás xentes de máis edade, que son as que aquí mantiveron o relevo xeneracional e que, co invento do galegués estalinista, afondaron aínda máis no autoodio. E reducen, se por aí lles dá, o seu cómputo ó galego urbán de opereta que, dende os seus seminarios, están a dictarlle ós nenos: o galego do Diktatt, ou galegués tamén chamado.

2.-A viaxe de Sarkozy ó Chad.

Gracias ó presidente francés, que se está a mostrare como un verdadeiro líder de Europa, están en libertade as catro azafatas españolas que seguían retidas no país africán. A diplomacia española parece aínda verde e así as fotografías da chegada a España de Sarko coas sobrecargos parecen distintas según os diversos medios. Nalgún deles non aparece Zapatero na recepción; noutras, sí, fanno partícipe do éxito da diplomacia francesa, que parece lle botou unha man a ZP. ABC acúsao de non ter feito nengunha xestión persoal, de ter enviado soamente á embaixadora de España no Camerún. Explícase que, cando ó baixare do avión Sarkozy brindándolle a man a ZP, éste correspondera cun abrazo, agradecido.

Os propios franceses están sorprendidos do éxito fulgurante da diplomacia de Sarkozy. E non parece de recibo, en relación co pretendido traslado de máis de cen nenos do Chad a frase de que "en África, todo se compra".
¡Toma! E aquí tamén, pero moitas veces non se sabe. Ou sí se sabe, pero non se comenta.

3.- Manifestación ecoloxista en Corrubedo.

2500 ecoloxistas acodiron alí en manifestación, en protesta por que, coas macrogranxas de rodaballos e outras especies que a Xunta quer propiciar, van liquida-lo litoral galego aínda que teñan algús espacios calificación de Rede Natura. Lembremos que o Plan Sectorial da Xunta é o do goberno Fraga reformado. É decir, as cousas non cambiaron. E as palabras da conselleira de Pesca carecen de valor porque non se está a comprire coa lexislación ambiental.


Ben están as manifestaciós, pero a proba do algodón téna a Xusticia. E pola vía xudicial, en contra de moitos dos disparetes potenciados polos políticos, está a actuar SALVEMOS PONTEVEDRA, a asociación que preside Francisco Díaz Sánchez, que foi a primeira en alertar á sociedade galega sobre o que se quería facer cun plan deseñado ó dictado de certos grupos de presión empresarial a Enrique C. López Veiga e que foi asumido polo patrón Fraga. Todo retomado pola actual Xunta e pola súa conselleira de Pesca, que vive en Vilaboa, nunha casa con sentencia de derribo. ¡E inda por riba anda o Ministerio de Medio Ambiente a presumir de derribos na costa galega, a falare de construcciós de carácter ilegal na franxa dos 100 mt., como é o caso da conselleira, presunta delincuente que tería de ter dimitido hai tempo!

4.- REGANOSA.

Asunto que sigue quente. Hoxe falaron pola SER, no programa La Ventana, Herrero de Miñón e Carrillo, claramente definidos en relación coa ilegalidade da pranta regasificadora, extrañados ademáis de que un goberno que se dí de esquerdas, non se teña pronunciado con claridade.
Mal o desmarque de Méndez Romeu. De pena. A nulidade radical pende neste asunto como noutros: depósitos do Ferrazo, Ence, Elnosa, e tantas outras ilegalidades, como o tema das depuradoras de residuales instaladas en zonas húmedas ou en dominio público marítimo terrestre. Están acabando con Galicia, co seu patrimonio natural e artístico, coa posibilidade de fixa-las pautas dun desenvolvemento sostible. Etc. Se José Luís Mández Romeu afirmou que "el proyecto es como si fuera nuestro", Herrero de Miñón soupo replicar no sentido de que a Xunta era refén do diñeiro alí invertido e dos avales prestados. Continuará...

viernes, 2 de noviembre de 2007

A ACUICULTURA IMPOSIBLE [30.9.2000]

Outro tempo, outras augas na ría de Pontevedra. Dibuxo do autor.

Pontevedra, 2.11.2007

Hoxe centraría este traballo de distinta forma. Parece que no curso do debate apuntado o que non quedou claro foi o tema da contaminación, a teima en seguiren mantendo ocultas as raíces da contaminación real. Por outra banda, as granxas macrogranxas de rodaballos coas que agora queren coloniza-la costa, acabar coa beiramar, non entraron no debate.

Agora sabemos que os políticos están sometidos á dictadura de certos intereses; que o Plan de Acuicultura de López Veiga e o de Carmen Gallego son o mesmo plan; que o decreto de supramunicipalidade pra desarmar a algún político local que queira comprir coa lei é tamén resultado do Diktatt empresarial.

Fago alusión no traballo ó condicionado dun créto documentario polo que se interesou daquela o señor López Capónt. Faciliteille unha copia e, inda que o documento era do 1978, ó home faltoulle tempo pra ver de averiguar si os franceses mantiñan as mesmas cautelas e resultou ser que sí, que seguía sendo peza clave nas ventas de mexilón a acreditación por medio do Instituto Español de Oceanografía de que a mercancía [os mexilós] non eran da ría de Pontevedra nen dos sectores de Melo e O Grove, na ría d´Arousa.

A ACUICULTURA IMPOSIBLE [30.9.2000]
por Xesús López Fernández

Lévase anos a falar da acuicultura como futuro e de que Galicia é xa unha potencia na producción de rodaballos e troitas, a punto de face-lo mesmo coa cría i engorde do polbo. E sobre acuicultura acaba de celebrarse en Pontevedra un curso de conferencias, clausurado coa lectura polo conselleiro de Pesca do tema que cerrou o ciclo: “Del marisqueo a la acuicultura: un reto”, máis centrado nas normas que regulan o marisqueo de a pé que na acuicultura, gran ausente na súa charla, salvo as precisiós que fixo, un tanto vougas, sobre a sementeira de exemplares novos de ameixa e a rexeneración de praias. Pero a charla foi máis social que outra cousa, unha especie de encíclica na que se tocou a cuestión dunha maior profesionalización dos mariscadores, da súa inclusión na Seguridade Social, e da creación dun código de barras pra mellor controla-la circulación e venta/venda dos bivalvos.

Fun á charla motivado polas declaraciós do señor López Capont, ponente do día anterior, que mostrara unha panorámica pesimista do sector do marisqueo, que se afunde, mentres que o señor Landín --nen tan siquer no tempo do debate-- pouco aclarou en orde á acuicultura posible nesta ría de Pontevedra, ainda que as perguntas a el dirixidas estaban fundamentadas pra ver se, dalgún xeito, saía algo dos temas omitidos na súa intervención. ¿Existe algunha granxa de rodaballos na nosa ría?, Non, foi a súa resposta, se ben houbo dúas en Aldán que xa non están. ¿Por qué?. Ese “non” ratificaba a realidade da contaminación das augas, na que o conselleiro non entrou nen por activa nen por pasiva: o tema do mercurio, a existencia de paralíticos cerebrales na zona citada por un dos presentes, os organoclorados.... ¿Cómo se pode xustifica-la bondade dun inferno medioambiental en base a certas auditorías?

Porque aquí –acábao de deci-lo señor Cuíña— ENCE i ELNOSA non cumpren a normativa. ¿Quén se lembra dos ESCORPs, 1 e 2, que rexistraron o vertido á ría de 14 gramos de mercurio por cada tonelada de cloro fabricada e o incremento da cifra?. ¿Por qué temos que dar por boas as informaciós do complexo sobre optimización do impacto cando se produce unha nova de escándalo na prensa do 27 de setembro?: A cuestión das alerxias, ou o feito de que 280.000 galegos padecen asma, do que en Pontevedra sabemos moito como me lembraba o 25.9 unha amiga que viveu en México, D.F. “Nen alí, coa gran contaminación existente, tiven os problemas que teño aquí, dende a miña chegada hai doce ou trece anos”. É cousa sabida. Pero volvendo á noticia resulta que en Galicia soamente existe un 0,403 de especialistas por cada cen mil habitantes. A OMS recomenda un por cada 50.000. En Pontevedra, pois, estamos de sorte porque aquí teñen consultorio aberto –según estimaciós dun conocido doutor— uns quince alergólogos. ¿Qué se nos oculta?

E por aí arranquei no meu argumento antes de concreta-la pergunta ó conselleiro sobre o mercurio ou a posibilidade de estarmos desinformados e que se deducía do documento que naquel momento mostrei –o condicionado dun créto documentario de exportación xa citado noutras ocasiós--, no que os compradores demostraban ter un conocemento da nosa realidade, de que o mexilón da nosa ría e o dos sectores de Meloxo e mái-lo Grove, en Arousa, podían non ser aptos pró consumo humán. Cuestión do mercurio ou ben de organoclorados, os franceses estaban avisados. Os partidos con representación parlamentaria teñen o tal documento no seu poder dende hai anos, pero non se mollan. O Raminp non conta; quince alergólogos son unha proba escandalosa de estarmos nun área de saúde deprimida, o que nos fai supór –ademáis do dito por Cuíña--, que os vertidos siguen e que non é posible desenvolver aquí unha acuicultura certa. ¿Granxas de rodaballos, aquí?. Puido ser, pero xa non. Non, dixo o conselleiro. Ese monosílabo nega a posibilidade dunha riqueza certa. De rodaballos e non de cagulo, do que tamén sabe o conselleiro.

miércoles, 12 de septiembre de 2007

ELNOSA ARRIESGA

Pontevedra, 12.9.07

Estos de Elnosa andan de coña. Os engañados, naturalmente, os empregados. Que a empresa queira seguir fabricando cloro coa tecnoloxía do mercurio que veu envenenar a nosa ría ata límites aínda non sabidos máis alá da investigación do Escorp [13 g. por tn de cloro fabricada, que na segunda fase do estudio chegaría ós máis de 17 g.].

No tema Elnosa, na cuestión da nulidade radical, non quixo entra-lo Concello máis alá do amago que fixeron de que "querían" restablece-la legalidade. Pero fixeron mal os deberes, e a Consellería de Medio Ambiente, de momento, tururú.

Veremos que dá de si a demanda xudicial presentada por Salvemos Pontevedra, que debe estar xa na fase final. Mais deso non fala a prensa, que ningunea por sistema as actuaciós do colectivo ecoloxista ante a Xusticia. Hai que partir da base de que, nalgún dos aspectos da contaminación da ría, as tres Administraciós son presuntas delincuentes.

Sigue unha noticia desta data, de La Voz de Galicia.

Elnosa firma con su plantilla por dos años pese al riesgo de cierre

La autorización ambiental obligatoria sigue parada por el silencio de la compañía

Autor:Jaime Velázquez
12/9/2007

Elnosa se dispone a firmar en las próximas semanas un convenio colectivo con sus trabajadores con un plazo de validez de dos años, según adelantó ayer el comité de empresa. La compañía continúa así con sus planes de futuro en Lourizán pese al posible cierre de la fábrica a partir del 30 de octubre.

La electroquímica deberá contar en esta fecha con un certificado ambiental obligatorio cuya tramitación fue paralizada por la Xunta tras recibir un informe vinculante del Concello que desaconsejaba su permanencia en la ría.

El estudio municipal que bloqueó la obtención del permiso resultó anulado por un tribunal a finales de julio. Sin embargo, según la Consellería de Medio Ambiente -encargada de realizar el trámite- la empresa no ha solicitado en todo este tiempo la reactivación del proceso.

El departamento que dirige el socialista Manuel Vázquez afirmó que aún está esperando a recibir la sentencia judicial para estudiar el fallo y determinar, en consecuencia, si sigue adelante con el expediente de autorización para Elnosa.

Confianza de los empleados

Pese a la falta de movimientos realizados ante la Xunta por parte de la compañía portuguesa, propietaria de la planta, los trabajadores de la fábrica de Lourizán se mostraron confiados en que la empresa mantenga su intención de continuar en Pontevedra. «Tenemos el compromiso personal del presidente del grupo Cuf de pelear por que Elnosa siga en Lourizán, porque está legal, al menos hasta 2011, cuando haya que acometer el cambio tecnológico de la fábrica», aseguró ayer Jaime Iglesias, presidente del comité de empresa. «No sabemos por qué razón aún no se ha comunicado la sentencia a la consellería; quizá estén pendientes del posible recurso del Concello a al fallo judicial; pero nosotros pensamos que Cuf sigue apostando por Lourizán», añadió el representante sindical.

Jaime Iglesias puso la próxima firma del convenio colectivo como una prueba clara de las intenciones de Elnosa de seguir manteniendo la fábrica pontevedresa. «La dirección no firmaría un plan laboral con dos años de vigencia si lo que quisiera es desmantelar la planta». «Además, las instalaciones de Lourizán son estratégicas para ellos», aseguró.

El presidente del comité de empresa se mostró convencido de la continuidad de la planta y restó importancia a la tramitación de la certificación ambiental integrada. «Estoy seguro de que Elnosa no va a cerrar en octubre; por mucho que lo prometiera el alcalde en las elecciones», aseguró de manera tajante.

El Ayuntamiento logró poner candado a la tramitación del permiso con un informe urbanístico que fue elaborado, según reconoció el propio equipo de gobierno, a sabiendas de que era erróneo. El documento fue anulado por un tribunal pontevedrés tras encontrarlo «contrario a derecho».

Una vez que la consellería de Medio Ambiente estudie el fallo judicial, que aún no le ha sido enviado, deberá decidir si solicita un nuevo informe al Concello o si, por el contrario, decide proseguir con el proceso prescindiendo del estudio municipal. No obstante, este no es el único litigio en el caso de la autorización ambiental de Elnosa. Existen, además, otros dos procesos abiertos.

jueves, 6 de septiembre de 2007

A PRESENCIA GLOBAL DO MERCURIO [12.06.06]

O mercurio tamén é causa do cambio climático e da perda de biodiversidade. Fotografía do Cumio celebrado en Bali.


Pontevedra, 7.9.07

Artículo do pasado ano publicado en diversos medios. Como fonte de información pró mesmo téñome valido do Estudio anual do Worldwatch Institute. A presencia global do mercurio é algo hai tempo demostrado. No traballo fálase do peligro que viven os inuit, ós que, curiosmente, téñome referido nun traballo recén, pero por distintas razós, pola do cambio climático, sobre o que existen uns claros esforzos de ningunealo, de tirarlle importancia, de que non vai pasar nada. A mesma insolvencia que se dá no caso da ría de Pontevedra, envenenada polo mercurio vertido por Elnosa, que pode ter niveles próximos ós da bahía de Minamatta, no Xapón. Avisos de malformaciós existen, por suposto. Sigue o traballo:

A presencia global do mercurio [12.06.06],
por Xesús López Fernández

No estudio da situación do mundo 2006 do Worldwatch Institute, ó que xa me teño referido, analízase nun dos seus capítulos, o sexto, a presencia global do mercurio, do que podemos atopar máis datos ó longo da obra. O tema ven ó fío do meu traballo anterior, que concluía coa referencia a Qaanaaq, en Groenlandia, onde os seus habitantes son víctimas da acumulación do metal tóxico pola vía trófica. Pero, ¿cómo acontece, cómo entra o mercurio no suministro mundial de alimentos? Pois, con independencia do proceso industrial que motiva a súa presencia, circula pola atmósfera ou deposítase nos oceanos, ríos e lagos. E o seu composto orgánico, o metilmercurio, viaxa pola cadea alimentaria, pasando dos peixes pequenos e outros organismos ós peixes grandes, a predadores como o atún, o peixe espada, o tabeirón, a xarda, perca, barracuda......., que con frecuencia aparecen nos listados dos gobernos que avisan así e dan pautas sobre o seu consumo.

En Qaanaaq, situado moi ó Norte do Círculo Polar Ártico, apenas hai presencia industrial á que lle bota-la culpa do envenenamento dos seus habitantes, 650. O lugar é accesible únicamente por medio de helicóptero, tras 45 minutos de viaxe dende a base aérea de Thule. Ó longo de catro meses do ano non ven o sol e do Outono ata mediados de Xullo, a mar permanece coberta de xeo. O mercurio é un “agasallo” que reciben do mundo industrializado e a súa exposición ó mesmo procede das baleas, focas e mai-lo peixe do que se manteñen. A súa forma de vida –economía de subsistencia-- é a mesma que practicaron os seus ancestros dende tempo inmemorial. I existe cada vez unha maior conciencia antre os inuits que viven en Groenlandia, Canadá, Alaska e na zona Chukotka, de Rusia. Poden ser uns 155.000 en todo o mundo, pero o Ártico é un termómetro da saúde do planeta e “si o Ártico se envenena, envenenámonos todos”, afirma con razón Sheila Watt-Cloutier, presidenta da Conferencia Circumpular Inuit. Evidentemente, Qaanaaq é revelador de que a contaminación do mercurio é un problema de ámbito global, de todos.

Conforme se fan estudios, a comunidade científica vai adquirindo conciencia da necesidade de abandona-lo uso do metal. E así, si en Francia estiman que son a mitade dos nenos pequenos e nos Estados Unidos os 630000 bebés que poidan nacer cada ano, esas criaturas pasan dos valores máximos de Hg considerados seguros polas normas sanitarias e sofren, polo tanto, o risco dun envenenamento certo. O Worldwatch Institute e no traballo do que vai tirada esta información avisa doutras vías de penetración do metal que as alimentarias, como por exemplo: amalgama dental, cosméticos e os conservantes dalgunhas vacunas e outros medicamentos. E son millós de persoas no planeta as expostas e ás que o mercurio pode provocarlles graves enfermedades, incluso a morte. E ten habido, ó longo do último medio século, envenenamentos masivos: en Minamata e no Irak, como é sabido.

A contaminación por mercurio é tamén problema prá economía dependente da pesca ou do marisqueo. Pero hai que te-lo valor de analizar e a honradez de avisar, que non sempre se dan ainda que este contaminante supoña unha ameaza letal. E citemos unha nova referencia: que o 93% das mulleres do Este de Groenlandia e un 68% das da rexión de Baffin en Nunavut (Canada) teñen un nivel de mercurio en sangue que vai máis alá do recomendado polos gobernos pra protexe-lo feto de danos neurolóxicos. O estudio tamén fai referencia á contaminación por mercurio nunha pranta cloro-álcali checa, Spolana Neratovice, que ten prevista a súa reconversión ó método de membrana pró 2015. Mais de momento téñense determinado, en peixes do río contaminado pola fábrica, 12,3 miligramos por kilo. É decir, 120 veces o límite de 0,1 miligramos admitido. Coido que nós debemos demandar tamén estudios serios e, sobre todo, unha posición cabal das Administraciós que, cando certas empresas carecen de concesión ou de licencia, se non actúan poden estar a cometeren prevaricación. Si existe compromiso medioambiental, que o demostren. Porque non parecen estar polo labor.

miércoles, 22 de agosto de 2007

O TEMA DE ELNOSA

Pontevedra, 22.8.07
O tema de Elnosa pode estar na recta final, se a Xusticia funciona. No traballo que hoxe inserimos, do 15.07.98, introdúcense unha serie de comentarios porque xa daquela víaselle o rabo a certos persoaxes que tentaban facérmonos creer que eran sinceros ecoloxistas. A día d´hoxe, cando noutras partes da nosa terra están a libraren batallas pola defensa da dignidade, do entorno natural, pola aplicación da Lei, como é o caso da pranta de Reganosa, en Mugardos, ou como fixeron os veciños de Reza, en Ourense, en relación coa depuradora que alí lles montaron e que sería declarada ilegal; como está a facer Salvemos Pontevedra en diversas frentes, vólvese falar do RAMINP que algús creían abolido. Da lección da Plataforma Defensora da Praza d´Os Praceres tamén sabemos, das cargas das forzas armadas pola súa loita contra algo que sería declarado ilegal por sentencia do Tribunal Superior de Madrid, ratificada por outra do Tribunal Supremo. As xentes d´Os Praceres supoñen que lles están a tomaren o pelo, porque a sentencia, que tería de ser executada antes do 3.7.2007, está aínda pendente de sortir efecto. Comezan a se poñeren nerviosos, coa agravante do estrés vivivo polo pestazo da Depuradora ilegal [art.44.6 da Lei de Costas]. Non hai forma, din eles, de neutraliza-lo alcatreo. É de agardar que en breve han iniciar acciós contra as Administraciós delincuentes, culpables de reconduci-las augas sucias ata a depuradora pra despois envialas ó fondo da ría, gran sentina. ¡E Lores a decir que xa pasou o tempo de tapa-las miserias, cando el está a facer máis do mesmo!. Pero a merda, a condenada merda, aboia e aparece agora decantada na praia da illa de Tambo. Nada, que ó Lores revéntanlle as trolas.

Desgraciadamente, dende os lobbies ou dende os partidos, siguen no seu día a día deseñando unha especie de apocalipsis, que no caso de Mugardos podería ter máis dimensión que un furacán de forza 5, se acontece o non desexado. Aínda así, hai xentes que queren viviren unha especie de actitude suicida. Alá eles, pero en relación cos que se opoñen á instalación da regasificadora ou dos que non teñan un conocemento cabal do que pode sucedere, estariamos a falar de presunto asesinato, polo menos en grado de tentativa, si así se pode decir. Sigue o traballo do 1998, que aínda hoxe ten lectura válida.

O TEMA DE ELNOSA (15.07.98),
por Xesús López Fernández

Na prensa do 15.07.98 publicouse a nova de que o goberno central non vai facer inversiós en Elnosa cara ó cambio de tecnoloxía e que está a presionar á Xunta (según o BNG, que tampouco se sabe ben de qué vai) pra que non prospere a chamada “lei da ría”, que implicaría a fín da dita industria. É decir, mantense o proceso político de clara involución na defensa do dereito dos cidadáns amparado no RAMINP, que prevé a ausencia de certas industrias (como as que aquí, en Pontevedra, nos toca sofrir) nunha distancia mínima de dous kilómetros de núcleos de poboación.

O BNG perguntou pola posible permanencia da fábrica de cloro en base a un cambio de tecnoloxía. O que o Bloque esquece, se non me equivoco, é que a ameaza do cloro permanecería. ¿Por qué o Bloque non pergunta quén vai limpa-la ría do mercurio acumulado?.

Todo semella que aquí houbo unha confesión honesta no franquismo, ano 1973, cando se negou a posibilidade contemplada no P.X.O.U. de Pontevedra, ano 1970, de calificar como industrial o chan de Lourizán-Placeres, que tería de seguir sendo “chan urbán de baixa densidade de poboación”, porque a ubicación aí das industrias que padecemos fora un claro erro do que só problemas prá saúde e convivencia humás se podían derivar. Como así foi. Decía o Ministerio da Vivenda franquista que habería que traslada-las ditas industrias a outro lugar.

Tristemente, en ecoloxía parece que estamos nunha situación de clara predemocracia. E non está de máis traer aquí outra noticia, do 14.07.98, na que se alerta sobre a posible contaminación irreversible do Artico e Siberia occidental polo depósito de cinco millós de metros cúbicos de residuos radiactivos líquidos vertidos ó longo de anos, polos rusos, no lago Karatchai (Urales), e que se desprazan cara o río Irtich. Pero a noticia vai máis alá e refírese, igualmente, ó problema do lago Baikal (24.000 kilómetros cadrados de superficie), a maior reserva do mundo de auga doce, un vinte por cen, comprometido por unha fábrica de papel e celulosa. O lago está contaminado con dioxinas, sulfuro, fenol e outras sustancias nocivas pró medio ambiente en xeral, e pró ser humán en particular.

En fín, algo que en Pontevedra tamén conocemos. Gorbachov prometera o cerre da factoría en cuestión pró ano 1993. O home non puido facer boas as súas promesas. A democracia segue alá, como acá, con problemas de crecemento. A opción pola involución, da man dos novos políticos e caciques, parece evidente.