jueves, 15 de noviembre de 2007

MÁIS SOBRE O CLORO, CLARO [7.4.2000]

Esta sería a última das árbores, como xa teño dito nalgunha ocasión. Pero utilicémola como símbolo de cando ó meu amigo Arturo Estévez Rodríguez, unha mañá e por algún escape de cloro, aparecéronlle as maceiras coas follas todas queimadas. Después de analiza-lo desastre acontecido nun laboratorio, co seu resultado formulou unha denuncia no Xuzgado de Garda. A partir daí arrancaría o sumario no que actuou como acusación o Fiscal Gago Sevilla, que concluiría doce anos máis tarde coa sentencia descafeinada de "delito ecolóxico continuado" contra Ence-Elnosa. Arturo cansara, pero a Asociación pola Defensa da Ría persentárase como acusación. E á hora de dá-lo do de peito, patinou. Sentencia pactada, condenados uns directivos, o resultado foi garantiza-la permanencia da factoría, e declaraciós xangales, de parvaxolos. (Dibuxo informático do autor)

Pontevedra, 16.11.2007

Traballo que se complementa co seu veciño de blog, o pendurado co n. 327. O peligro permanece en Pontevedra a pesar da denominada nulidade radical que calquer xuez con sentido debería ter en conta. Pola corta distancia de núcleos habitados. Outro disparate como de Reganosa, en Mugardos.


MÁIS SOBRE O CLORO, CLARO [7.4.2000]
por Xesús López Fernández

Cando redactaba o meu traballo anterior –O abandono do cloro— non se sabía aínda da retirada da “lei da ría”, algo que, sen embargo, era previsible. Agora ten a Xunta un reto importante: demostrarnos que van facer unha lei nova pra toda-las rías baixas, espacios sensibles non porque o diga Bruxelas, senon porque o decimos nós. Lembremos, se acaso, que hai uns trinta anos afirmaba o doutor Buenaventura Andreu que as Rías Baixas eran espacios de augas case entrópicas e que, en experimentos efectuados no estreito de Rande, con sustancias contaminantes e por unha soa vez, a presencia das mesmas era evidente transcurrido un ano. Tamén se tomaría conciencia de que unha pingota d´auga, no canal central da ría de Pontevedra, demoraría a súa chegada á bocana da ría antre seis e vintecatro meses, en función do réxime de chuvias.

A realidade da contaminación está aí e hai probas de que os consumidores extranxeiros poden estar avisados do risco existente no consumo, por exemplo, do mexilón da nosa ría. Ditas probas foron entregadas hai cousa de dez anos ós partidos políticos con representación no Parlamento Galego. E coido que aínda falta un auténtico debate e que non se foi máis alá dun cambio de imaxe, pero que o risco ambiental, o envenenamento das augas, o deterioro da saúde pública permanece ante unha ignorancia xeneralizada do que realmente está a acontecer. Viste moito no discurso político falar da contaminación potencial do mercurio dunha pía de botón –50.000 metros cúbicos— mentres esquecemos a nosa realidade e que algús nenos conocidos teñen marcáda-las súas vidas, talvez, pola relación causa-efecto “mercurio-parálisis cerebral”, como en Minamatta.

Que algús organoclorados son mutaxénicos, inmunodepresores e canceríxenos é algo sabido. Que existe unha preocupación mundial tamén é certo, e son trece os foros de encontros calendados pra este 2000 nos cinco continentes. Que nun entorno clorocelulósico poida un neno, amamantado pola súa nai, recibir ata 50 veces o nivel cotián de dioxinas admisible xa non é tan sabido. Pero os suecos investigaron ben esta cuestión, ata o punto de poderen afirmar que a contaminación en tal grado sobrepasa os límites establecidos pró leite de vaca que non sería posible comercializar con tal evidencia, algo que, sen embargo, tamén denunciaron agrupaciós ecoloxistas francesas en relación co que se vendía en cinco grandes superficies da área metropolitana de París --¿?--. Leite francés.

Non levan razón os fundamentalistas do “cloro da desinfección”. O seu uso, incluso na auga, pode estar disparando os casos de cáncer no noso entorno e así, dende os anos setenta, sábese que “se daba unha maior incidencia de cáncer de esófago, recto, pulmón, larinxe e mal de Hodgkin antre os consumidores de auga clorada”. Pero tamén se advirte do alto risco que representan as duchas longas ou baños con auga clorada quente, tanto por inhalación como por absorción cutánea; que nestos casos o risco é 100 veces maior que no caso da auga clorada como bebida. En fín, ésta é novamente unha corta aproximación ó tema. Remito ó lector, pra unha maior información, á seguinte páxina web : http://www.envirodoc.com/Pollute/chlorine.htm.

No hay comentarios: