Rosa Díez, apoiada na letra "A" de "VILA", unha das cancelas da cidade. Seguramente que nadie lle explicou que aí morre a zona vella e que, daí pr´arriba, polo efecto rebufo, a cidade sigue a morrer.
-
Pontevedra, 18.01.2009
-
Entrada n. 783 do blog
-
ROSA DÍEZ, EN PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
A visita de Rosa Díez a Pontevedra suscitou un seguimento mediático de certa consideración. A súa charla no Casino foi tamén seguida por unha comparecencia por momentos entregada ós argumentos por ela propostos.
-
Foi pena que no debate algunha das perguntas fosen un tanto premiosas, como se os oíntes quixeran colocare, á súa vez, o discurso particular. E así quedaron fóra do debate moitos temas importantes.
-
Dedicarei o próximo artículo á cuestión das elecciós do primeiro de marzo, nas que o partido UPyD da política vasca pode ter unha certa cancha si consigue mollar ó electorado coa súa mensaxe.
-
Que leven no seu programa a proposta da abolición da Lei de Normalización Lingüística, e das normas subsidiarias, é algo que moitos galegos han agradecer. Nese tema pode atopar UPyD unha clave importante prá súa presencia en Galicia. E non estou a falare en contra do noso idioma, que morre día a día como consecuencia da referida lei e das normas do Diktatt que a RAG embuchou e que representan unha fractura real coa lingua salvada pola oralidade e notariada por Rosalía ou Curros, cuio leigado cultural non soubemos tratar científicamente, como deixou dito, no seu día, Vicente Risco (ano 1921).
-
Ten razón Rosa Díez na súa argumentación cando dí qu´os votos non son dos partidos, que son dos electores, e que resulta triste que, pola política de pactos (ou pautos, se queredes), o PP e o PSOE acaben seguindo o dictado dos nazionalitaristas.
-
Sigue o enlace da noticia que hoxe dá La Voz de Galicia: "Me preocupa que el PSOE o el PP hagan lo que quiere el Bloque".
No hay comentarios:
Publicar un comentario