martes, 7 de abril de 2009

O TRASLADO DE ENCE

Lourizán, antes e despois da imprantación de Ence.

Pontevedra, 7.04.2009

Entrada n. 898 do blog

O TRASLADO DE ENCE,
por Xesús López Fernández
-
Alberto Núñez Feijóo acaba de lle brindare á oposición, ó BNG e ó PSOE, a ferramenta que os mesmos precisan na sociedade pontevedresa: decir que é o peor momento pra falare do traslado de ENCE, pura ecomafia.
-
Cando xa é sabido que nen o BNG nen o PSOE tiveron en nengún momento vontade de soluciona-lo gran problema da ría de Pontevedra; cando a pesar de carecer de concesión tanto ENCE como ELNOSA non tiveron os dinós pra ire máis alá da bullanga das marchas organizadas pola APDR; cando foron incapaces de acepta-la denuncia presentada por rexistro por Salvemos Pontevedra o 14.01.2004 en exercicio da acción pública prevista e recomendada na Constitución e na Lei de Costas pola que se solicitaba o cerre de Ence, Elnosa, Holcim e José Malvar, por presunta perda da concesión que nalgún caso, como é o d´Holcim, nunca existeu; cando incluso o BNG tentou a través da Autoridade Portuaria promocionare a construcción de vivendas de carácter social nas marismas de Lourizán reconvertidas en solar coa pretensión de financia-lo traslado de ENCE-ELNOSA a Barro-Meis, coa pretensión de fornecelas d´auga dende Pontillón do Castro, pero con vertidos novamente á ría de Pontevedra; cando resulta que a Núñez Feijóo se lle brindaba a oportunidade de entrare neste asunto prá súa solución radical, resulta que nos ven coa parida de que é un mal momento, o peor dos momentos, e qu´o seu grupo xa fixera unha oferta, por medio de Telmo Martín, pra leva-lo complexo a Bora, que tentarían volver prantexar ós axentes sociales.
-
Cando resulta que alguén a el próximo como é o secretario do seu partido, fillo do que foi Delegado de Costas do Estado en Pontevedra, José Antonio Rueda Crespo, non pode desconoce-la sintonía do seu pai con Ence; cando o deterioro do medio natural foi aquí, dende a fundación das empresas, unha cuestión de pura mafia, con desmentido dunha contaminación lacerante, causante de presuntos casos de parálisis cerebral e de formas diversas de cáncer según algús especialistas; cando o PP podería retoma-lo testigo da rexeneración ecoloxista desta ría promovendo a recuperación das marismas de Lourizán e das xunqueiras; promovendo incluso a exclusión do eucalipto dos plans de reforestación, a forma de colonización e desgracia desta terra que máis agradou a certos clústers, con reconversión de terreos agrarios a eucalipteiros; coa desgracia sobrevida dunha gandería decote máis acorralada, cunha Galicia de cada volta menos Galicia; cando Alberto Núñez Feijóo podería dá-lo paso qu´os outros nunca deron máis alá do berro mentireiro electoral, do "¡Ence, sí, pero non aí!", o presidente está caendo na trampa dalgús dos seus próximos qu´o mal aconsellan e que non imos citar máis alá do xa dito.
-
E como xa vai ben de rollo, pra lle lembrar ós posibles lectores desta entrada que houbo un drama chamado Minamata, incluamos novamente un video relacionado coa chamada "enfermedade de Minamata", que aquí tamén se dá. E decir tamén que se Alberto Núñez Feijóo quere axusta-la súa presidencia á defensa do Estado de Dereito pode contar co leal apoio e información da asociación ecoloxista Salvemos Pontevedra.
-
O feito de termos parentes comúns podería facilita-lo posible contacto. Si el quere, naturalmente. Pero que non se deixe engañar, porque Galicia non se recupera coa prantación de máis eucaliptus, cunha maior degradación do noso medio natural, coa negación da información que facilitan ós franceses de que non deben consumir moluscos da ría de Pontevedra aínda que aquí se nos diga que non pasa nada e que non hai toxinas ou sí as hai en función de campañas electorales ou do aparato informativo dos López Veiga ou Carmen Gallego de turno, par de cínicos.
-
Reitero. Á súa disposición. Si el quere. Pero que non consinta burlas, nen as que poidan vir do seu equipo económico. Detrás dalgús consellos poden estar a apantallaren a permanente actuación da ecomafia, algo que quedou evidente na instrucción sumarial contra Ence polo delito ecolóxico continuado nesta ría de Pontevedra e depósito de residuos mercuriales por diversos montes de Galicia ou en minas abandonadas.

2 comentarios:

Sísar dijo...

Excelente seguimento e ogallá toda a sociedade civil fixera o que tí fas. Non obstante eu escoitei esas declaracións o luns as 22:00 en Localia entrevistado por Giráldez e non eran así coma a prensa recolleu.

Dixo que o farán, que era un compromiso do seu programa e que lle dera o visto bó a Telmo antes da presentación da proposta de traslado a que él por certo asistiu. Todo esto o dixo e como sempre a prensa non o recolleu (se tratasen a todos por igual outro galo cantanría). E como mostra de compromiso dixo que o faran a pesares de que este non é o mellor momento económico para que unha empresa privada asuma unha inversión importante, polo que os esforzos serán o drobre que en calquera outro intre.

Á parte da entrevista e do que pudo dicir ou non, eu creo no traslado, máis pola capacidade e empeciñamento de Telmo (que cando se propón algo o consegue) que lle ofrecerá a nova Xunta unha solución. Temos que esperar e se ese día chega Xesús xa podemos estar o pe de ENCE para celebralo.

Un abrazo

xesús lópez fernández dijo...

Lémbrate, César, de que na campaña das municipales Telmo Martín levaba a máis ecoloxista das mensaxes: a recuperación das marismas de Lourizán [eliminación da autovía e da depuradora ilegal].
Certo que, nos papeliños que reparteu na parroquia, a edar seguía alí dibuxada.
Que agora Telmo fale de levala a Bora pra desaguare polo que hoxe é a conducción da traída da fábrica é algo que non resulta de recibo.
Pontevedra xa sofreu d´abondo e o crime de Minamata, e outros crimes, témolos aquí.
Coido, de tódo-los xeitos, que o PP foi o que dou os pasos máis decisivos no plano da legalidade [creación do ministerio de Medio Ambiente que os socialistas eliminaron, someteron a esa especie de ministerio do Tres-En-Un] e o decreto de Isabel Tocino en relación co deslinde da costa e definicíón dun espacio de máis de 600000 metros cuadrados como dominio público marítimo terrestre, nele comprendidos algunhas das concesiós que hoxe deben estar caducadas, como a de Ence por moito que sigan os políticos a falaren do 2018.
Minten, porque no momento da privatización de Ence non houbo transferencia da dita concesión. E a Xusticia, se realmente fose independente, debería actuar, porque os políticos difícilmente o van facer.
Un saúdo cordial.