-
Pontevedra, 3.03.2009
-
Entrada n. 868 do blog
-
A DERROTA: ALGUNHAS CLAVES,
por Xesús López Fernández
-
Aínda hoxe deciame un amigo que as enquisas previas ás elecciós daban triunfador ó PSOE, que seguiría coa gobernación; eso sí, pexado polo BNG. Quintana clamaba pola presidencia, pero en fin, as elecciós deron como resultado o xa sabido, que certos medios sí ventaban: un triunfo claro do PP.
-
O PSOE, que perdeu cinco puntos en Pontevedra, poderá agora conformare no exilio unha oposición, se quer, pexado novamente polo BNG. Malo sería pra eles.
-
¿Pero qué pasou aquí?. Pois pasou, eu diría, que a xente estaba farta de tanta leria, de tanta trola institucionalizada, de corrupciós pesentidas, do sobregasto, das traiciós parlamentarias no Congreso español, da traición tamén ó idioma galego, da falta dunha verdadeira política medioambiental, asunto no que habería que montar, se preciso fose, unha especie de Tribunal de Nüremberg pra evitarmos a sumisión ó mando dos clústers, dos clústers do urbanismo, dos da pasta, dos da acuicultura, da trama das eólicas, etc., na que todos parecen enzudrados.
-
A sociedade civil demostrou que estaba viva en relación con diversos asuntos e, co seu posicionamento na rúa, Galicia Bilingüe, 102.330 asinaturas en defensa do bilingüismo i en contra da inmersión lingüística promovida por Quintana, marcou os deberes á nova Xunta e un futuro sen Lei de Normalización Lingüística, sen normas do Diktatt, sen Mesa pola Normalización.
-
¿Pero cómo é posible creer qu´o pobo os ía votar de novo unha vez esgazáda-las arelanzas qu´algús puideron ter depositadas nas pasadas elecciós nun Touriño que prometía diversas cousas que deixaría pendentes, esquecído-los deberes de comprire coas súas promesas, preocupado, parece ser, que de gastar máis e máis en luxos non necesarios?
-
Pexado por un Quintana que creía estare a levar a este pobo polo deserto cara ó Portugaliza da súa ensoñación, coa súa reiterada palabra: Galiza, Galiza, Galiza, sen comprende-lo home que cada vez qu´a reiteraba caíanselle da seira, un supoñer, unha presada de votos, por se non abondara xa a súa política urbanística bastarda, como no caso de Pontevedra onde, en función do que agora aconteza no País Vasco, de pactos posibles antre os partidos constitucionalistas, podería producirse un cambio na gobernación local antes das próximas municipales. Por certo que agora que Quintana non marca xa o terreo, Teresa Casal podereía retirarlle o apoio ó BNG. Nadie a obriga e aínda podería, dese xeito, salva-los restos do PSOE a nivel local, que ben se ve cómo ciou en case tóda-las mesas do concello.
-
E que non teña medo o PP en abandona-lo proiecto da nova ponte d´As Correntes. A modernización da cidade, a recuperación do seu pulo vital, non depende tanto d´esa absurda construcción como de reabri-la urbe ó tránsito, polo menos polas arterias hoxe choídas a consecuencia da involución aldeanista dos equipos de Lores.
-
Noticias relacionadas:
-
-
La Voz de Galicia: El PP local vaticina cambios en los proyectos de la Xunta en Pontevedra. Pero a corrupción está demasiado asentada e nada vai cambiar. Presuntamente non hai políticos decentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario