Concepción Arenal. Estos mosquerós, o loureiro urbanístico de Mosquera, parece teñen os seus días contados. Pero veremos qué fai o PSOE, si é capaz de suprimilos ou dispón unha solución aínda peor. O espacio limitado polos paralelepípedos parece pensado como camiño de carros. (Fotografía de Xesús López)
Estos foron os primeiros mosquerós dispostos polo BNG, que marcaron unha clara involución social no partido, a perda de tres concelleiros nas últimas elecciós municipales. Rúa Cobián Roffiñac ou Corredera de los Mosquerones. (Fotografía de Xesús López). Non está aínda clara a promesa do PSOE da súa supresión.
Pola vía das subvenciós ou polo que fose, o comercio celebrou unha exposición na Ferrería no mes de Agosto do 2007. Aí estaban, quén o diría, os mosquerós: de cartón, pintadiños, talvez pra ver si os visitantes deixaban de maldeci-lo invento de Mosquera. Ó mellor o PSOE, que queremos pensar que sí os vai suprimir, aproveita a idea do comercio subvencionado e se decide por pintalos. Un toque naïff no Gulag pontevedrés: en Cobián Roffiñac, en P. Luís, en Concepción Arenal. (Fotografía de Xesús López)
Pontevedra, 2.01.2008
Seguimos retomando traballos do ano 1999. Neste que agora se insire fálase dunha certa esperanza, promesa parcial do PSOE. O tempo confirmaría que....¡nada!. Un fracaso total na xestión de Pontevedra, cidade que, como temos dito tantas veces, vaise apagando. E agora, cando o PSOE está a levar, parcialmente, o tema de Urbanismo, non está claro o que vai facer pra acabar co desastre planificado dende fai oito anos. E coa súa colaboración, desta volta, na reconversión da cidade e o seu entorno nun novo Gulag. O contido do artículo sigue vixente.
O PSOE MOVE FICHA [29.01.1999]
por Xesús López Fernández
O PSOE non apoia a movida terrorista de baixa intensidade na que se veu traducindo estos últimos anos a apertura de pubs e bares na zona vella de Pontevedra, denunciados polos veciños que se ven privados de descanso, que non poden dormir, se cadra, durante noites enteiras. Polo menos é ése o sentido que hai que lle dar ó escrito que o citado partido remiteu á Asociación de Veciños “Cidade Vella”, que previamente solicitara dos distintos grupos políticos aclarasen a súa postura en relación co tema devandito. Sóo o PSOE contestou. E afirma que, dende o ano 1995, os bares de nova fábrica foron autorizados, si é que o foron, polo PP, PU e BNG. A ver cómo se aclaran éstos, si é que se aclaran e queren traballa-lo voto dos residentes na zona vella.
O PSOE manexa agora, tamén, unha sondaxe que atribúe maioría ó PP. Xa non ten tan claras as cousas o BNG, reiterando a miña petición de que se deixen todos de medias tintas. O voto haino que traballar e merecer. E pra algús partidos xa pasou o tempo de demostraren cousas. Sabemos o que van facer: máis do mesmo, do que xa fixeron. Ou do que non fixeron. E xa non poden demandar credibilidade ós cidadáns, engañados en diversos comicios. E citaría aquí algunhas das cousas que, a modo de pequeno inventario, presentei na asamblea da Asociación de Veciños “Cidade Vella” o pasado 27 de xaneiro. Males que sofrimos por unha banda; actuaciós urxentes, necesarias,pola outra.
Males: Deterioro medioambiental coa risotada final de que non vai haber lei da Ría. Esmorecemento demográfico, a xente vaise na procura doutra calidade de vida. Morre a actividade comercial, non está clara a actuación no Mercado de Abastos, a zona permanece privada de servicios. A noite na zona vella, museo dos ruídos como modelo de cidade. A peatonalización da zona, que a privaría aínda máis de público pola carencia de servicios apuntada. Outra carencia, a dunha policía eficiente. Prevese un incremento da delincuencia. Xestión de residuos sólidus urbáns, un auténtico desastre, con apenas iglús e contedores pra papel usado. Hai rúas que son auténticos retretes
Actuaciós urxentes posibles: No tema do deterioro ambiental, denuncia ante a UE. Existe un sumario que non se acaba de plasmar en actuación xudicial. Peligra a saúde, mesmo a vida dun amplio colectivo de cidadáns. Esforzo na actuación urbanística non contemplado no Peprica. Promoción de prazas de garaxe, cada unha que se cree serviría pra reter a unha familia na zona. En Valença do Miño están a reconvertir vellas tendas en auténticas boutiques. Manteñen servicios periféricos, aquí tamén posibles, pero habería que cambiar de filosofía e non poñer capaduras á hora de potencia-lo Mercado de Abastos. A zona vella como centro comercial. Abrir espacios, cargarse, si é necesario, unha ou dúas mazás, desentubar rúas. Acabar cos ruídos. Xa é hora de que dende o Concello se pense en algo máis que en potenciar Continente e o seu ronsel de ilegalidades. ¿Por qué non se aplica a doutrina Giuliani, alcalde de Nova York, pra reduci-la delincuencia, evitando os delitos menores? E que resolvan o problema das vasuras.
O PSOE moveu ficha, e ben. Pero terá que definirse ante outras cuestiós que non admiten mora, como a “lei da Ría”. Aí deron un mal paso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario