martes, 25 de agosto de 2009

A TRADICIÓN DO LIÑO

Feiraco, Amigos do Liño e Traxe Galego seguiron onte o proiecto experimental en terras de Dumbría.
Recuperan a tradición do cultivo do liño en Monte Pío, Santiago.
-
Pontevedra, 25.08.2009
-
Entrada n. 1037 do blog
-
A TRADICIÓN DO LIÑO,
por Xesús López Fernández
-
A fibra do liño debería estar presente nos productos finales da nosa economía verde. O abandono do seu cultivo foi un de tantos disparates no devalo desta terra, aldea a aldea, veiga a veiga, ata a deconstrucción total da paisaxe e tamén do capital humán. Son de agradece-las iniciativas que intenten poñer en valor ese gran capital verde que ten o noso país, que tamén morre, por exemplo no sector do leite. ¿Por qué a profesión de gandeiro é xa case, no mundo rural, a nosa última fronteira?
-
Coido que é hora de que pensemos seriamente en clave de país. Un pouco difícil. E pode que o esforzo de reprantar liño, como o de reforestar con especies autóctonas ou convertiren en searas algús montes comunales vaian na boa dirección, pero son os políticos os que teñen que se achegar a esas potencialidades, ordealas e deixaren de pensar en clave de convertir todo en solar pra infraestructuras prós rañaceos do litoral ou dos portos deportivos, desalmados moitos que eran bases pesqueiros en loor das regatas de iates ou do veraneo das xentes da Meseta.
-
Non digo máis porque o deste post era louba-la recuperación do cultivo do liño ou falar en breve da economía verde, a gran esquecida.
-
Siguen enlaces que falan da cousa:
-

2 comentarios:

o blog de xesús lópez dijo...

Sería unha das claves da sustentabilidade en Galicia...
Pero non hai política que favoreza esa sustentabilidade na nosa terra, alanceáda-las empresas agrogandeiras.
Oncluso o idioma leva anos traicionado.

o blog de xesús lópez dijo...

No comentario anterior debe leerse "Incluso o idioma leva anos traicionado."