miércoles, 25 de noviembre de 2009

ELADIO TORRES, EN CANGAS

Eladio Torres, presidente da Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres.
-
Pontevedra, 25.11.2009
-
Entrada n. 1083 do blog
-
ELADIO TORRES, EN CANGAS,
por Xesús López Fernández
-
Algún medio informou de que pró 23.11.2009 estaba prevista unha comparecencia das xentes da Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres en Cangas, invitados a explica-la súa loita de resistencia a diversos colectivos que alí compareceron, ó acto celebrado no salón de plenos do Concello, que presideu Eladio. Aquelas xentes ven na sentencia do Supremo un motivo de esperanza.
-
Dou noticia da charla o Atlántico Diario do 24.11, talvez algún outro medio. Acodiron unhas oitenta persoas: xentes de Teis, Redondela, Baiona e do Foro Social de Cangas. E houbo testimonios de forza, de testigos que viven o drama dos novos recheos na ría de Vigo; especialmente dramático o do patrón maior da Cofradía de Pescadores de Cangas na súa defensa da ría como mar nutricial ó que el non lle vai volve-las costas, porque Cangas é o que é gracias ó mar que el non quere traicionar.
-
Unha muller do público perguntou a Eladio polo protagonismo da Asociación pola Defensa da Ría máis alá das marchas e consignas contra Ence. Mellor que fale Jaime, foi a resposta, pero Jaime replicoulle: Non, mellor fala tí; e falou Eladio: A Asociación pola Defensa da Ría fai o que lle mandan, Eso era o que quería oir, dixo a muller. Eso aclara moitas cousas.
-
Da xuntanza naceu a vontade de seguir convocando foros e ver de badalexare nas conciencias das xentes, porque ou salvámo-lo mar ou os políticos convírteno en solar ou en inmenso porto seco.
-
Pró mes de xaneiro pódese concretar un acto en Pontevedra.

No hay comentarios: