viernes, 6 de noviembre de 2009

A SENTENCIA DO TRIBUNAL SUPREMO


Volvemos co Brado, de Münch. O primeiro plano da pasarela pode correspondere ó anunciado deseño de Mosquera e Bará, que empalmaría co de Ana Pastor, n´Os Praceres. Á fin de contas, os partidos todos parecen enzudrados na cuestión do Plan Especial do Porto de Marín e ría de Pontevedra, sentenciado como ilegal polo Tribunal Supremo do Estado.
-
Pontevedra, 6.11.2009
-
Entrada n. 1064 do blog.
-
SENTENCIA TRIBUNAL SUPREMO
-
A Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres apúntase así un novo triunfo ó ver prospera-lo seu recurso contra a sentencia desestimatoria do TSXG do ano 2005.

-
O Tribunal reparte culpas e os gastos de reposición do litoral do ano 2000 corresponden, á Xunta, un 30 por cen, á Autoridade Portuaria, un 50 por cen, e un 20 por cen á Diputación de Pontevedra.
-
A ver cómo se consigue a execución da sentencia, asunto no que deberían entrar xa, de oficio, a Fiscalía, o Delegado do Goberno, o Subdelegado. Tristemente non se pode contar cos partidos, presuntamente tocados pola corrupción.

-Sentencia Tribunal Supremo

1 comentario:

Manuel R. García dijo...

Noraboa ós veciños dos Praceres pola súa incansabel loita, e que o seu froito coloque aos "presuntos" onde teñen que estar: ao servizo do Povo.
Un povo dese nivel non merece unha clase política tan falsa, cínica e que actúe con tan mala fé contra os seus conveciños, mirando sempre para os seus cus e buscando a alguén que, presuntamente, finance unha campaña.

Non deixo de pensar... deus, que pouca dignidade teñen, con que doente facilidade venden a quen lles confiou a súa responsabilidade pra nos representar, deus.... ¡¡que fixemos!!

Unha aperta.